Cal é a nosa razón
Conforme o Instituto Galego de Estatísticadende 2003 a 2008 incrementouse en 22.809 o número de persoas que en Galicia non falan galego. Estímase unha perda de máis de 45.600 falantes para o 2014.A Real Academia Galega informa de que o 40% das persoas residentes en Galicia ten o galego como lingua habitual e o 35% úsao indistintamente co español.
Pese a isto tan só 1 de cada 18 nenos e nenas das escola infantís –sostidas con fondos públicos– poden recibir a atención educativa en galego, segundo o estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Resumindo:
Estanse a dar os pasos para que a lingua galega se sitúe en perigo de extinción.
Estase a denegar o dereito da infancia en Galicia á educación en galego.
Que facer?
Pode contribuír á solución unha acción decidida como a da iniciativa –non gobernamental– promovida pola asociación sen ánimo de lucro Galiza co Galego: as escolas infantís en galego como Avoaescola.Participe cunha doazón.
Galiza co Galego é unha asociación en prol da educación en galego...
A qué destinaremos ás achegas
Galiza co Galego está a axudar a Avoaescola na comarca de Ferrol (http://gl.wikipedia.org/wiki/Comarca_de_Ferrol) a iniciar o seu andar.Unha vez conseguido este obxectivo, colaborará para pór en marcha novas escolas infantís en calquera punto de Galicia.
Os agasallos
Ningún comentario:
Publicar un comentario