A Xunta retirou o pasado ano a estes centros a posibilidade de concertar para os primeiros cursos de Primaria ou Secundaria, segundo o caso, ata que o Tribunal Supremo se pronunciara sobre o recurso que pesa sobre o financiamento destes centros.
Con todo, a pesar dunha recente sentenza, baseada na LOE, a Xunta indica na orde que publica o DOG que a nova normativa de aplicación é a LOMCE, que derroga e substitúe á lei anterior.
"A LOMCE, na súa disposición transitoria segunda, regula a aplicación temporal do artigo 84.3 da LOE a centros privados aos que se lles denegou a renovación do concerto ou se lle reduciron unidades polo único motivo de ofrecer unha educación diferenciada por sexos; centros que, no prazo de dous meses desde a entrada en vigor da LOMCE, puideron formular a solicitude de aplicación do anterior precepto da LOE para o resto do vixente período de concertos", indica a orde publicada hoxe no DOG.
A orde publicada por Educación sinala que o artigo da Lomce indica que "non constitúe discriminación a admisión de alumnos ou a organización da de educación diferenciada por sexos, e que en ningún caso a elección da educación diferenciada pode implicar un trato menos favorable en calquera aspecto para as familias, alumnado e centros, nin unha desvantaxe á hora de subscribir concertos".
Información relacionada
- O BNG pide a retirada dos concertos aos centros que separan por sexo
- ENQUISA. ¿Está de acordo coa segregación por sexos no ensino?
- A CIG ve no anuncio un ''insulto'' ''totalmente inaceptable''
- O PSdeG denuncia o ''sectarismo ideolóxico radical'' do Goberno galego
- AGE ve a Xunta ''en rebeldía'' contra a sentenza dos colexios que segregan
- O PP defende que repor o concerto cos colexios que segregan é cumprir a lei
En total, o próximo curso haberá 3.837 unidades concertadas no sistema educativo galego coas que se dará resposta ás necesidades educativas especialmente de localidades con gran densidade de poboación escolar, segundo a Xunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario