Anxo Louzao: "É totalmente inaceptábel e un insulto á sociedade galega esta nova privatización do ensino"
Este luns, 18 de agosto, a Consellaría
publicou no DOG unha orde pola que se modifican os concertos educativos
con centros privados. A CIG-Ensino denuncia que, mentres Educación
practica un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino
público, suprimindo centros, unidades e profesorado segue a incrementar o
número de unidades concertadas con centros privados, incrementando así
os fondos públicos para financiar empresas privadas.
Esta Orde de modificación é produto tamén da LOMCE,
promulgada co obxectivo de regularizar os concertos aos centros que
segregan o alumnado por sexo (cinco centros ligados ao Opus Dei), algo
que a CIG-Ensino segue considerando inadmisíbel polo que no seu día
presentou recurso que finalmente gañou, ao estimar o Tribunal Supremo
que non se podían subvencionar con cargo a fondos públicos este tipo de
centros. A CIG-Ensino rexeita que unha educación que perpetúa as
desigualdades entre mulleres e homes non poida ser sostida con fondos
públicos e por iso denunciou, desde o primeiro, día, que a LOMCE era,
entre outras cuestións, un subterfuxio para perpetuar un ensino
degradante e sexista e que ademais esta desigualdade fose pagada por
todas e todos co diñeiro extraído dos impostos que pagamos.
A Consellaría vén recorrendo ao mes de agosto, para facer o preceptivo anuncio público no DOG destes concertos ou as súas modificacións, co obxecto de que pasen desapercibidos ao conxunto da sociedade. Mentres no ensino público se incrementan a impartición de afíns e as itinerancias, resultado dos recortes en dotación de profesorado nos centros e da diminución de unidades, a Consellaría incrementa o número de unidades concertadas, ampliando agora os concertos á FP Básica e á Formación en centros de traballo, que é onde xustamente se producen o maior número de incrementos.
A orde publicada hoxe recolle un incremento neto de 58 unidades concertadas máis ca en 2013-2014, pois aínda que se suprimen concertos en 21 unidades (de Infantil, Primaria, ESO e FP) son 79 as unidades que se incrementan en Educación Primaria, ESO, FP, PCPI, e sobre todo (53 unidades) en Formación Profesional Básica e Formación en Centros de traballo.
Anxo Louzao, Secretario nacional da CIG-Ensino manifestou que "é totalmente inaceptábel e un insulto á sociedade galega esta nova privatización do ensino. Desde a CIG-Ensino denunciamos esta intención permanente desta Consellaría en desprestixiar o ensino público e favorecer o privado".

Ningún comentario:
Publicar un comentario