Cunha carta dirixida ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Prolingua esixe que se fagan públicos os resultados da avaliación oficial da situación do galego no ensino non universitario e reclama que se tomen medidas perante un “retroceso sen precedentes”.
De “alarmante” cualifican desde Prolingua a
situación do galego no ensino, en especial nas primeiras idades
educativas, que supón, ao seu ver, unha perda da “liberdade
lingüística”. A entidade de defensa do galego vén de remitirlle unha
carta ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
Xesús Vázquez na que lle esixe que fagan públicos os resultados da
avaliación e do seguimento dos tres últimos cursos nos centros
educativos non universitarios que estaban previsto por decreto así como
os efectos dos programas de fomento da lingua en cada centro.
Prolingua solicita tamén a publicación dun mapa de uso das linguas nos centros non universitarios e os seus proxectos lingüísticos ademais a publicación dos criterios sobre os procedementos de avaliación inicial de competencias nas dúas linguas oficiais en Primaria e Secundaria Obrigatoria. A entidade remitiu o escrito tamén ao presidente do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega e dos partidos políticos.
“Está en perigo a liberdade lingüística de boa parte da cidadanía, de milleiros de nenos e nenas galegofalantes, esencial nunha sociedade democrática”, afirman, no que cualifican como situación de “dramática incerteza”.Consideran alarmante a porcentaxe de 10,4% de galego nos centros das sete grandes cidades que ofreceu o propio conselleiro no Parlamento galego o que supón, ao seu ver, “un retroceso sen precedentes no emprego da lingua galega nun período educativo decisivo para a consolidación das competencias de comunicación lingüística por parte de todo o alumnado”. Para Prolingua o incumprimento da lexislación e as distintas normativas en materia lingüística queda á vista cando o 85 % do alumnado galego non pode desenvolver a súa etapa escolar en lingua galega.

Ningún comentario:
Publicar un comentario