O abandono educativo temperán en Galicia  
rexistrou unha baixada porcentual do 1,1 por cento no primeiro semestre 
 deste ano en comparación co mesmo período de 2013.
O  Instituto Galego de Estatística (IGE) achega este balance e 
especifica  que entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2014 a porcentaxe
 media de abandono  foi do 18,8% fronte ao 19,9 computado nos mesmos 
meses do  exercicio pasado.
Esta diminución, sinala a Xunta nun  comunicado, confirma o acerto das 
iniciativas impulsadas a favor  do éxito escolar, así como da 
permanencia do alumnado no sistema  educativo, e tamén a introdución de 
programas innovadores  impulsados polo departamento do ramo.
As cifras oficiais,  apunta a nota, ratifican unha baixada "paulatina" 
da taxa desde 2009,  ano no que se situou nun 25,8%, ata chegar ao 18,8 
de media no  que transcorreu deste 2014. 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario