O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola
que se amplía ata o 30 de setembro de 2014 o prazo de presentación de
solicitudes de axuda para garantir o acceso a Internet de banda larga vía
satélite á poboación das zonas con máis dificultades de cobertura debido ao seu
illamento, dispersión e complicada orografía. O Goberno galego convocou en
marzo de este ano estas subvencións nas que se investirán 359.000 de euros para
facilitar o acceso a Internet vía satélite aos galegos que non poden dispoñer
deste servizo a través doutras tecnoloxías. A nova ampliación publicouse no DOG
do pasado luns, día 18.
Esta ampliación de crédito realízase porque a pesar de que se aprobou un número elevado de solicitudes é previsible que se poidan atender aínda máis. Tendo en conta isto e co obxecto de beneficiar o maior número posible de solicitantes e incrementar e garantir o acceso á Internet de banda larga vía satélite nas áreas rurais, AGADER amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda ata o 30 de setembro.
Con estas axudas a Administración busca avanzar un paso máis na equiparación da calidade de vida entre o rural e as contornas urbanas, axudando á fixación de habitantes e empresas no medio rural, e contribuíndo a mellorar a súa competitividade. As axudas tramitaranse a través das empresas provedoras do servizo de Internet vía satélite acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta.
Este programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á permanencia no servizo durante un ano. O usuario deberá contratar un servizo de banda larga vía satélite de cando menos 2Mbps de velocidade de baixada. A alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes será asumido pola entidade colaboradora e, por tanto, gratuíto para os beneficiarios.
Esta ampliación de crédito realízase porque a pesar de que se aprobou un número elevado de solicitudes é previsible que se poidan atender aínda máis. Tendo en conta isto e co obxecto de beneficiar o maior número posible de solicitantes e incrementar e garantir o acceso á Internet de banda larga vía satélite nas áreas rurais, AGADER amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda ata o 30 de setembro.
Con estas axudas a Administración busca avanzar un paso máis na equiparación da calidade de vida entre o rural e as contornas urbanas, axudando á fixación de habitantes e empresas no medio rural, e contribuíndo a mellorar a súa competitividade. As axudas tramitaranse a través das empresas provedoras do servizo de Internet vía satélite acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta.
Beneficiarios e importe das axudas
Con este investimento facilitarase a conexión a Internet a unhas 2.400 familias e empresas con enderezo en Galicia que non poidan dispor de acceso de banda larga, de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.Este programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á permanencia no servizo durante un ano. O usuario deberá contratar un servizo de banda larga vía satélite de cando menos 2Mbps de velocidade de baixada. A alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes será asumido pola entidade colaboradora e, por tanto, gratuíto para os beneficiarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario