A Generalitat de Cataluña sopesa levar ao
Tribunal Constitucional (TC) o decreto do Goberno que obriga á
Generalitat a pagar a escolarización en centros privados aos alumnos de
familias que queren estudar en castelán como lingua vehicular, e este
martes fixo o primeiro paso para facelo.
Na rolda de prensa posterior ao Consell Executiu, o voceiro do
Govern, Francesc Homs, concretou que a Generalitat presentará ante o
Goberno central un requirimento de incompetencia, e se o Estado o
rexeita, logo pedirá un ditame preceptivo ao Consell de Garanties
Estatutàries (CGE), cuxo aval require para levar este decreto ao TC.Este decreto supón "unha invasión, e vai en detrimento das competencias propias da Generalitat en materia de educación e de lingua", concretou a Generalitat nun comunicado.
Para o Govern, o Estado non ten competencias para regular este ámbito e, ademais, o decreto é contrario ao réxime lingüístico educativo que establecen o Estatut de Cataluña e a Lei de Educación catalá (LEC).
Ningún comentario:
Publicar un comentario