- O conselleiro de Educación rexeita que se apoie con diñeiro
público a "un sistema educativo retrógrado e do pasado, que non cree na
igualdade,"
- Unha sentenza recente do Supremo avala o Goberno andaluz na súa vontade de non financiar estes centros
O conselleiro de Educación, Cultura e Deporte, Luciano Alonso, asegurou este xoves que a Xunta de Andalucía
"seguirá pelexando por que non exista ese sistema educativo de
segregación" "por sexos" e que non aceptará "baixo ningún criterio", que
se apoie con fondos públicos aos colexios que separan nenos e nenas nas
clases, informa Europa Press. O conselleiro referiuse desta forma a unha sentenza do Tribunal Supremo que daba a razón á Xunta nesta materia e insistiu en que sempre que a Xunta acudiu ao Alto Tribunal, os xuíces "lle deron a razón". Así, Alonso matizou que tanto a Xunta coma o Supremo rexeitan a educación segregada, apelando á igualdade que se reflicte na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Andalucía. "Polo tanto, ao argumento pedagóxico únese o xurídico", remachou. Así mesmo, reiterou que non aceptarán "baixo ningún criterio" que con fondos públicos se apoie a un sistema educativo retrógrado e do pasado, que non cree na igualdade,".
Por outro lado, Alonso criticou que o ministro de Educación, José Ignacio Wert, "fixo seu unha recomendación da Unesco de nada máis e nada menos que 1960". O conselleiro recordou que esta recomendación tiña como destinatarios "os países do mundo árabe que empezaban a ter certa apertura". "Fíxense do que estamos falando", apostilou.
"Pedagoxicamente paréceme un erro", insistiu o conselleiro, que criticou que esta clase de educación que segrega a volva recuperar a Lei de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) ". Así, insistiu en que a igualdade "é un proceso que se crea dende o berce" e que por este motivo dende a Xunta non entendemos a segregación", concluíu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario