mércores, 4 de novembro de 2015

En estudo novos plans formativos para o Campus de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo de Vilamarín con reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, con que analizou temas formativos, culturais e de investigación nos que colaborarán ámbalas dúas institucións no ano 2016. Baltar e Mato analizaron o convenio anual que veñen subscribindo as dúas entidades para a realización de cursos de extensión universitaria, obradoiros e actividades culturais e de investigación no Campus de Ourense, e acordaron que para o exercicio de 2016 a cantidade que a Deputación de Ourense achegará á Universidade de Vigo por este concepto ascenderá a 145.000 euros.
Manuel Baltar e Salustiano Mato tamén acordaron que as dúas institucións colaborarán no desenvolvemento dun proxecto de investigación para analizar xurídicamente a explotación e aproveitamento das augas termais. Este proxecto deriva dun encargo realizado pola Deputación de Ourense a través do Consello Termal Ourensán, e que ten por obxecto analizar os procedementos xurídicos necesarios e os posibles problemas que se poidan plantexar na explotación e aproveitamento das augas termais para poder achegar solucións útiles e prácticas para as administracións públicas implicadas e para as empresas privadas que operan neste puxante sector económico, especialmente na provincia líder en termalismo e de longa tradición balnearia como é Ourense. Este proxecto articúlase como unha prestación de servizos no marco do Campus da Auga e resultará nun informe que a Universidade de Vigo lle entregará á Deputación de Ourense.
Manuel Baltar considera que a colaboración da Deputación de Ourense coa Universidade de Vigo “é e ten que seguir sendo unha liña estratéxica de cooperación institucional pola importancia formativa, académica e científica que supón ter na nosa provincia un Campus no que, ademais das importantes iniciativas investigadoras que se desenvolven, ten a singularidade de potenciar estudos que afondan en singularidades da provincia de Ourense, como é o caso, por exemplo, do Campus da Auga”.
O presidente e o reitor tamén pasaron revista á colaboración da Deputación de Ourense na promoción do Campus de Ourense, que por número de alumnos e profesorado, investigadores e persoal de administración e servizos ocupa o cuarto lugar entre os sete campus do Sistema Universitario Galego, despois de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e que conta con 4.600 estudantes, dos cales un 45 % procede doutras provincias.
Neste sentido, o presidente da Deputación e o reitor valoraron a posibilidade de ofrecer aos estudantes bolsas de estudos nos graos e posgraos impartidos no Campus de Ourense. En relación cos prosgraos a Deputación xa o está a facer a través das bolsas “Ourense exterior”, e proponse mantelas e, na medida do posible, incrementalas, creando bolsas de estudo ligadas aos mellores expedientes para estudos dos Graos no Campus de Ourense. Outras posibilidades serían bolsas ou axudas no transporte urbano, ou no transporte en tren ou autobús dende outros puntos da xeografía galega ou do Estado ata Ourense, e axudas vinculadas á práctica deportiva, especialmente deportes acuáticos e ao uso de instalación balnearias.
No ámbito das tecnoloxías da información, Baltar e Mato estudaron a creación dunha web específica onde se promocione conxuntamente Provincia e Campus de Ourense, e nas que se inclúa información das axudas antes citadas e dos proxectos e iniciativas que en cooperación levan a cabo Deputación e Universidade.
Asemade, valoraron positivamente o desenvolvemento e resultado do “I Congreso Internacional da Auga”, celebrado en Ourense, e Salustiano Mato agradeceulle a Manuel Baltar o feito de que a Deputación fose co-organizador do evento, polo compromiso institucional amosado dende o primeiro momento por parte do presidente do goberno provincial. Finamente, acordaron propoñer unha colaboración estable entre Deputación, Concello de Ourense e Expourense para a celebración bianual do “Symposium Internacional de Termalismo e Calidade de Vida” para que teña lugar en Ourense, cita académica e científica que celebrou este ano a súa primeira edición en paralelo ao Congreso da Auga.

Xurxo Mariño falará para 6.500 escolares no Día da Ciencia en Galego

A ciencia pódese aprender en galego, vaia que si. Este mércores 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego, evento promovido por Igaciencia, a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e ENCIGA, que agrupa os Ensinantes de Ciencia de Galicia. Son moitas as actividades programadas para esta xornada nas tres universidades e en centros de ensino medio, nomeadamente concursos e exposicións pero sen dúbida cómpre destacar a videoconferencia que este mércores ofrecerá o biólogo e divulgador científico Xurxo Mariño, que a partir das 12.30 falará para máis de 6.500 escolares do 2º ciclo de ESO e Bacharelato de 108 centros de ensino de toda Galicia.
A videoconferencia, organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e a Universidade da Coruña ten como título “A máquina que constrúe a mente e a realidade”. Mariño responderá a preguntas como "Como funciona a mente?", "A onde vai o "eu" cando durmimos?" ou "Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?", afondando "na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade".
Esta videoconferencia procura que o alumnado teña acceso á ciencia sen ningún tipo de prexuízos, nin sobre a ciencia, nin sobre todo en canto ás posibilidades de aprendizaxe da ciencia en calquera idioma, tamén o galego. A CGENDL, así coma as entidades convocantes desta celebración, queren expresar deste xeito "que todos os idiomas, neste caso o galego, se aprenden usándoos en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, a pesar do Decreto para o Plurilingüismo que a Consellería de Educación impuxo para eliminar o seu uso como lingua vehicular de diferentes materias destes ámbitos".

Outras citas no Día da Ciencia en Galego

De igual xeito, este martes inaugurouse na Galería Sargadelos de Compostela a exposición “A Ciencia e a tecnoloxía da luz”, organizada por Igaciencia co apoio das deputacións da Coruña e Lugo. Estará en Santiago ata o 11 de novembro e nas semanas seguintes poderá verse no Museo Provincial de Lugo (do 14 ao 29 de novembro) e no Muncyt da Coruña (do 11 ao 13 de decembro).
En Lugo, este mércores a USC organiza unha ruta xeolóxica: "A historia que contan as pedras que pisas" e, así mesmo, unha conferencia sobre Isidro Parga Pondal. Ademais, con motivo do Día da Ciencia en Galego, o Museo de Historia Natural de Compostela, xunto ao Servizo de Normalización Lingüística da USC, organizarán o sábado 7 de novembro actividades para nenos e adultos ao redor da figura de Isidro Parga Pondal.

“Que libro gostariamos ler?, preguntámonos. Un de Carlos Calvo. E así naceu 'Diários'”

A editorial Através publica 'Diários', obra con textos e debuxos do xornalista e preso independentista Carlos Calvo Varela. Falamos con Valentim Fagim, director de Através e coordenador dun libro que a mediados de novembro chegará ás librarías.

Carlos Calvo (Loureda-Ordes, 1988) foi detido o 15 de setembro de 2012 en Vigo acusado de “terrorismo” e desde entón está preso. Pasou xa por sete cadeas españolas, un periplo que non foi quen de impedir que seguirse a escreber e a debuxar. A mediados de novembro chegará ás librarías do país 'Diários', un libro editado por Através editora e que reúne deseños e escritos deste preso independentista, algúns xa publicados nos medios nos que Carlos Calvo colabora, e outros inéditos, que ven luz por vez primeira. Conversamos con Valentim R. Fagim, director de Através e coordenador do libro.
- Publicar un libro escrito por unha persoa na prisión debe dar para escribir outro libro, non é? Como naceu isto e como foi o proceso?
- A idea naceu cando na editorial nos preguntamos que libro gostariamos de ver escrito. E respondemos: un de Carlos Calvo. Falamos coa súa compañeira, Rosabel. E pouco a pouco foi collendo forma. El non ten computador na prisión, así que os textos ás veces viñan por cartas a través dela e outros sospeitamos (ir) que o propio Carlos llos ditaba por teléfone a ella. A compañeira tomaba nota e despois transcribíaos para nós. Todo o proceso puido durar máis ou menos un ano e a 'produción' dos textos creo que ía da man do seue stado de ánimo, algo lóxio nunha prisión. Cando estaba ben de ánimo, escribía máis e cando estaba baixo, menos. Mais iso é o que eu penso. No libro non só hai textos, tamén hai 20 deseños do propio Carlos.
- Que podemos atopar en 'Diários' desde un punto de vista estritamente literario ou ensaístico? Pregunta porque pode darse que se vexa como un libro dun preso independentismo e que iso o engula todo, sen permitir valorar esta obra en si propia-
- Carlos Calvo é unha especie de Leonardo da Vinci. Dígoo no sentido non de comprara (ir) senón de dúas persoas que sabían moito de moitas cousas diferentes. Carlos é quen de falar de moitas cousas diferentes e con capacidade de conectar e transmitir en todas ellas, e iso non é nada doado. En 'Diários' hai textos inéditos e outros xa publicados. Neles fala de política, de xénero, de antropoloxía, de lingua... e fala en todas ben. Non todo o mundo pode facer iso, desde logo. O prólogo do libro é de Sechu Sende, que se ofreceu para iso. Son amigos e coñece moi ben o mundo do Carlos.
Agardamos que para mediados de novembro o libro poida estar nas librarías. E a nosa intención é que sexa unha das tres presentacións que Através vai facer no 'Culturgal'. Estamos aínda traballando en quen pode estar nese acto, no seu desenvolvemento...
- Embora a súa cura existencia , Através xa ten un catálogo diverso, hetreroxéneo e que destaca pola calidade: Teresa Moure, Sechu Sende, H. Miguélez-Carballeira, Lopes Facal, Dionisio Pereira...
- Non somos unha editora profesional, creamos afectos, lazos.É outro xeito de traballar. Editamos máis ou menos un terzo do que nos chega porque non damos para máis. O certo é que pensamos que estes cinco anos de existencia non ía saír a cousa tan ben. Houbo cousas que non contabamos e que nos axudaron. Por exemplo, a aposta de Teresa Moure nesta normativa, co que se abreu as portas a publicala. E tamén recollemos os froitos dos 'non' que as grandes editoriais galegas dan a certos libros: así publicamos a Sechu Sende mou o de H. Miguélez-Carballeira. Fronte a negativa desas editoriais, nós encantados de ofrecer a nosa para publicalos! E iso nótase nos lazos e afectos creados, que falabamos antes. Un exemplo? Miguélez Carballeira pagou do seu propio peto a tradución dos eu libro en inglés ao galego-portugués para que así poideramos publicalo.

martes, 3 de novembro de 2015

A ANPA de Cercio ofrece unha charla no auditorio

 A traballadora social e mediadora familiar Chelo Vázquez disertará sobre como educar nenos felices.



A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do colexio Varela Buxán, de Cercio (Lalín) organiza este venres, día 6, ás 21.00 horas, unha charla que leva por título Educar nenos e meniñas felices, que impartirá a traballadora social e especialista en mediación familiar Chelo Vázquez Vázquez. A conferencia terá lugar no Salón Teatro de Lalín e abordará cuestións como que pautas deben seguir os pais, coidadores e comunidade educativa para axudar a entender as emocións que manifestan os nenos, ademais de como debe actuarse para fortalecer as súas capacidades e de que maneira pódense manexar de forma positiva os conflitos para con iso contribuír a formar futuras persoas educadas na tolerancia e na non agresividade.
A charla, como se indicou, está promovida polo colectivo de pais de Cercio para os proxenitores que forman parte da ANPA; pero tamén se perfila como unha xornada de portas abertas para todos os pais que desexan asistir e mellorar así as súas capacidades educativas.
No colexio Varela Buxán están matriculados 67 alumnos, 7 máis que no curso pasado. Destes, 34 fórmanse en Educación Infantil e os 33 restantes en Primaria. Ademais, este colexio consolidou o seu nivel de matrícula nos últimos tempos grazas a que nel se forma unha trintena de rapaces que reside no centro urbano lalinense.

Docentes e sindicatos rexeitan distinguir soldos entre profesores 'bos' e 'malos'

Aseguran que non se pode facer esta distinción, xa que todos os mestres aprobaron unhas oposicións e polo tanto demostraron ser capaces.

 Sindicatos de docentes rexeitaron este luns as reflexións feitas polo filósofo José Antonio Marina, que está a preparar o borrador do Libro Branco do docente, sobre que unha parte da retribución destes relaciónese coa avaliación do centro ou que existan bos e malos profesores e non cobren o mesmo.

A proposta de Mariña, sobre a que este luns o ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, comentou que está disposto a estudala, foi moi criticada por representantes do Ensino de CC OO, CSIF e Anpe, segundo recolleu Efe. Así tamén o fixo Fete-UGT nun comunicado.

"De partida non hai profesores bos e malos, todos son profesionais suficientemente capacitados para impartir a docencia, posto que superaron procesos selectivos e estiveron controlados pola administración como cos servizos de inspección", destacou o presidente do Ensino da CSIF, Adrián Vivas.

Como en todas as profesións, "uns poden ser mellores que outros" -continúa Vivas- pero iso corríxese coa carreira profesional e si se pode diferenciar con "pluses" ás persoas que se implican ou se forman máis.

Pero retribuír ao docente segundo a avaliación dun centro no seu globalidad ou porque saquen mellores notas os seus alumnos é "demagóxico", segundo Vivas, que, ademais, cre que iso levaría a un ranking de colexios e a unha clasificación destes e dos estudantes.

Mariña afirma no seu libro Despertar al diplodocus, una conspiración educativa para transformar la escuela.. y todo lo demás, que "os bos profesores non poden cobrar o mesmo que os malos".

Tamén sinala que "unha parte da retribución podería estar relacionada coa avaliación do centro enteiro, de maneira que se fomente a implicación de todos os profesores nun proxecto educativo".

Adrián Vivas recoñeceu que agora mesmo "existe unha desmotivación grande" entre o profesorado nos niveis anteriores á Universidade pero porque "un empeza e acaba a súa carreira co mesmo soldo", excepto por cuestións de antigüidade.

Similar opinión ten o secretario xeral do Ensino de CC OO, Francisco García, quen mostrou a súa "preocupación" por formulacións como o de Mariña.

Preguntouse quen vai determinar cal é o profesor malo e cal o bo e como se vai a avaliar o centro, se polas "reválidas" previstas na Lomce ou outras similares e, se é así, García rexeitou "de plano" que se relacione todo iso co soldo do profesorado.

Considerou que estas propostas prexudican aos centros e docentes máis desfavorecidos ou con máis problemas cando, probablemente, merecerían incluso mellorar as súas retribucións.

Polo seu lado, o presidente de Anpe, Nicolás Fernández Guisado, reclamou "prudencia extrema" e sinalou que os dereitos salariais xa consolidados polos docentes deben ser o punto de partida de calquera negociación dun estatuto da función pública docente.

"Xogar coas retribucións... agora, non!", exclamou Fernández, pois defendeu que os profesores funcionarios acceden ao posto cun título e superando unha oposición, é dicir, "demostraron unha capacidade".

"Se o estatuto vai servir para enfrontar a uns profesores con outros, non. Porque iso dos bos profesores e os malos profesores, quen o acredita, preguntouse tamén o presidente de Anpe, quen se mostrou disposto a negociar todos os criterios obxectivos para valorar o traballo do profesorado, como a acreditación de méritos.

Así mesmo, a federación do Ensino de UGT opúxose nun comunicado a vincular as retribucións dos docentes á avaliación do centro se esta baséase no rendemento dos alumnos, xa que no mesmo "interveñen moitas variables, ademais do profesorado".

E pediu a Educación que dea a coñecer as súas propostas sobre o Estatuto Docente "na axenda da negociación educativa e afastándose dos titulares por capítulos".

Eduardo Maragoto, presidente da AGAL: «A língua é o melhor investimento para viabilizar a cultura galega»

Primeira entrevista após as eleições
«Na Galiza nom há nengum outro movimento social para o qual se modificassem tanto as expetativas de crescimento e êxito como o reintegracionista».

No passado sábado, dia 24 e outubro, a assembleia geral da Associaçom Galega da Língua (AGAL) elegeu Eduardo Maragoto novo presidente. Eduardo Sanches Maragoto (Barqueiro, Ortegal; 1976) é sócio da AGAL desde 2002, ainda que a sua vinculaçom à associaçom tem perto de duas décadas e mesmo seu pai foi já membro da associaçom.
Contodo, até há poucos anos a sua militáncia estivo mormente centrada noutros ámbitos do movimento reintegracionista, como o Movimento Defesa da Língua, a Assembleia Reintegracionista Bonaval, o periódico Novas da Galiza ou a Gentalha do Pichel. Ainda, é co-autor do Manual Galego de Língua e Estilo e dos documentários Entre Línguas e Em Companhia da Morte e atualmente ministra aulas de Português na Escola Oficial de Idiomas de Compostela.
Umha semana depois das eleiçons, entrevistamos no PGL Eduardo Maragoto para conhecermos de primeira mao tanto a sua valorizaçom do passado imediato da associaçom quanto dos projetos de futuro.
A assembleia em que foste eleito é a mais numerosa em que participaste? Sentiste o peso da responsabilidade?
Foi a mais numerosa para mim, sim, que sou sócio desde 2002 e já antes tinha estado vinculado, mas isso nom me fijo sentir o peso da responsabilidade. Foi o contrário. Teria sentido mais se as propostas que anunciamos e submetemos a debate nos dias prévios na Internet nom tivessem despertado o interesse dos sócios e sócias. Depois, quando soubemos o resultado, tam favorável, tivemos a sensaçom mui agradável de sentir-nos acompanhados no caminho que agora parece que encetamos, mas que realmente é o resultado de muitos anos de trabalho de outros conselhos.
Perante os sócios e sócias reivindicaste-te como reintegracionista «de gema», vinculado já de jovem e filho, aliás, de um sócio da AGAL. Com a perspetiva do tempo que se passou: mudou muito a AGAL? Mantém-se ainda fiel aos seus objetivos?
Nom mudárom os objetivos, mas mudárom muito as possibilidades de os alcançar. Penso que nom existe nenhum outro movimento social na Galiza para o qual se modificassem tanto as expetativas de crescimento e êxito. E aconteceu a umha velocidade vertiginosa. No outro dia, um dos meus grandes amigos nesta causa, o João Aveledo, lembrava-me como nos anos 90 o nosso objetivo era fazer cartazes em que aparecesse um nh ou um lh para que estes dígrafos fossem, simplesmente, vistos. Nos dias de hoje falamos de estender à sociedade um consenso de todas as forças parlamentares e o ensino do português cresce mais num ano que os sócios da AGAL, que também crescêrom, em 10. Isto logicamente mudou a maneira de trabalhar, mas nom o objetivo que toda a família reintegracionista, mui diversa e ao mesmo tempo mui unida dentro dessa diversidade, tem: viabilizar o futuro do galego através da convergência com o português no mundo. Se essa possibilidade nom existisse, talvez fosse diferente, mas o facto de irmos montados num cavalo ganhador dá-nos muita força e fai com que superemos qualquer adaptaçom a novos cenários ou qualquer discrepáncia com facilidade e até entusiasmo.
Até há relativamente pouco tempo, a tua militáncia reintegracionista foi noutros frentes, muito variados, aliás. O que te levou a, cada vez mais, te envolveres nas dinámicas da AGAL e ires reduzindo o teu trabalho nesses outros coletivos e projetos?
Bom, a verdade é que a militáncia política já a deixara há bastante tempo; limitou-se praticamente à época estudantil. O foco do meu trabalho foi quase sempre a língua. O Novas da Galiza primeiro e a Gentalha do Pichel fôrom as minhas prioridades desde o primeiro lustro deste século, mas sempre fazendo trabalhos muito relacionados com a língua. Porquê? Pois a resposta está em parte contida nas anteriores. Nenhumha causa merece mais atençom do que as outras, mas, como em todo na vida, para sermos realmente úteis devemos escolher e descartar, e para mim, se o objetivo é viabilizar a cultura galega, penso que o melhor investimento é a língua, sobretodo se entendida como algo proveitoso para quem a usa, como de facto a entende o reintegracionismo. A sociedade galega tem perdido bastante tempo neste sentido, mas agora as cousas estám a mudar e é preciso empurrarmos com muita força para nom perder esta oportunidade. A AGAL, junto com muitos outros coletivos, é um espaço excelente para o fazer, por ser de carácter nacional e porque há muita motivaçom e alegria e este é o primeiro indício de que estamos a fazer as cousas bem.
Nos últimos três anos foste o coordenador da área audiovisual da AGAL. A AGAL caraterizou-se no novo século pola aposta na Internet, mas tem havido um défice quanto à produçom de vídeos. Achas que se conseguiu corrigir um pouco esta carência? Como concebes o trabalho de futuro neste aspeto?
Creio que o reintegracionismo e a AGAL nom descuidárom os produtos audiovisuais na Internet. Há muitos pequenos vídeos realizados por reintegracionistas para divulgar a nossa mensagem. Porém, devemos reconhecer que nom é fácil estar à altura dos tempos neste campo. A qualidade técnica dos filmes que todas as pessoas veem nos dias de hoje melhora muito de dia para dia e os produtos deste tipo exigem muito tempo de dedicaçom para concorrer num mundo que se irá comunicar cada vez mais deste modo. Mesmo assim, o reintegracionismo soubo escolher bem as ideias para tirar o máximo produto a qualquer filme, usando-os na altura mais adequada para que tivessem muita incidência. A AGAL apareceu em dous momentos precisos com produtos que surpreendêrom (O Mundial fala galego e Decreto Filgueira) e outros coletivos tenhem feito muito trabalho no sentido de vincular à Lusofonia o galego oral. Eis a maneira de estar neste mundo, com boas ideias e qualidade… por enquanto, a quantidade nom deve obcecar-nos.
A parte do vosso programa que criou mais controvérsia foi a proposta da confluência normativa no seio do reintegracionismo. Se afinal se chegar a um acordo a respeito, vai mudar a nossa maneira de escrever o galego?
Nom, simplesmente vai mudar a nossa maneira de explicar à sociedade as pequenas discrepáncias morfológicas que temos, mas as pessoas nom serám obrigadas a aceitar novas formas diferentes nem adotar outros hábitos gráficos. Para que o entenda quem nom sabe nada deste processo, até a assembleia em que foi eleita a nossa candidatura, no reintegracionismo conviviam duas normas que a sociedade mal distinguia, havendo entre as duas mui poucas discrepáncias. Entre os utentes de umha norma ou a outra praticamente nom havia, tampouco, projetos culturais e de país diferentes, e muito menos para o momento atual; simplesmente diferentes formas de escrever certas terminaçons, com maior ou menor proximidade do português de Portugal e do Brasil. Agora a assembleia decidiu que nom vale a pena apresentar isso como sendo duas normas diferentes, que cabe todo no mesmo ‘livrinho’, que reconhecerá, como muitas outras normas linguísticas do mundo, diferentes variantes opcionais. Isto permite-nos integrar o crescente ensino do português dentro da nossa estratégia, pois a nossa norma nom excluirá nengumha forma gráfica do mesmo, e, ao mesmo tempo, usar um galego-português mais chegado à língua popular quando o desejarmos, pois as formas mais coloquiais galegas também estarám admitidas. Serám as pessoas as que, no futuro, se vaiam inclinando por umhas ou outras se realmente o veem necessário. Temos a certeza que nom nos arrependeremos deste passo, que foi umha grande mostra de madureza do reintegracionismo.
A outra grande pata do programa tem a ver com o aproveitamento da Lei Paz-Andrade. Quais vam ser as principais açons que promova a AGAL neste sentido?
O ensino será sem dúvida a principal, embora a menos visível. O reintegracionismo tem que empurrar o português, ao lado de outros organismos, para chegar ao máximo número de centros de ensino nestes primeiros anos de LPA. O contacto direto com os centros é fundamental aqui. Mas também devemos aproveitar a lei para intensificar os contactos humanos e sociais com a Lusofonia, a começar por promover as trocas audiovisuais, algo que nem sempre é fácil sem certo amparo institucional. Temos muitas ideias para isso e haverá áreas para ordenar as medidas concretas que levarmos a cabo. Por outro lado, também haverá umha linha estratégica para divulgar a dimensom mais lusófona das falas galegas, algo desconhecido para muitas pessoas que continuam a ver incompatíves a sua identidade galega com o reintegracionismo. Temos de quebrar isso.
Para finalizar, como definirias, em poucas palavras, as pessoas que integram o novo Conselho?
Somos dous reintegracionistas históricos, dous/duas escritores, dous tesoureiros, dous trabalhadores da saúde, quatro docentes, umha velejadora e mais 6 tripulantes com vontade de singrar por mares nunca dantes navegados. De quase todo temos a pares, como vês. Mesmo ourensanos, que vam quatro.

A unidade do reintegracionismo

«Uma diferença da grossura dum cabelo e eis aí dividido o céu e a terra…»
(Anónimo) 


Todos temos, nalgum momento, reparado nessa linha do horizonte; num dia muito tranquilo, olhando a pé de praia, ali onde o mar se funde com as nuvens baixas… Para alguns, essa linha significa o começo da divisão entre esse mar e as nuvens à sua frente; para outros, simplesmente é o símbolo da sua unidade: inicio da fusão.
Alguns olham e deixam-se embalar. Alguns ainda tentam averiguar qual é essa essência única, que une ou separa —à vontade própria— céu e oceano. Há quem chama essa origem do Incognoscível, outras pessoas preferem mencioná-lo como Deus; alguém nomeia-o de Vacuidade, outras, outros, preferem chamá-lo Campo Unificado. Ainda há quem precise dizer-lhe O Inexistente… Na mesma, sem saber, eles estão a referir-se à mesma natureza virginal: aquela força que tem a capacidade de unificar ou dividir, dentro si própria (dentro da mesma essência).
No entanto, o ser humano não gosta da Unicidade —isso é mesmo bom—. O problema é quando confundimos unicidade com unidade. Este ser dotado de grande inteligência acha que para quebrar essa unicidade —que ele confunde com unidade— tem de elevar a diferenciação ate um conceito divergente.
Essa divergência tem um lado positivo ao criar polaridade e sublinhar os diferentes aspetos de uma mesma questão. Mas também tem um lado negativo ao gerar um contínuo multiplicar de tendências, que constroem uma inércia perpétua de separação, dentro da unidade. E apesar das múltiplas cisões, impossível resulta despegar as diversas visões da primogénita raiz, donde todas surgiram.
O reintegracionismo, durante anos quis transitar dentro dessa polaridade; desse lógico percorrer, necessário para aprendizagem dentro da experiência humana. Reivindicando, no entanto, ambos os caminhos o mesmo berço: idêntica fonte. Porém, nas dinâmicas de guerra impostas nas nossas sociedades —talvez, como afirmava Mircea Eliade, desde a sublimação paleolítica da figura do “caçador”—, a concorrência pela supremacia torna-se uma lógica muito ligada ao principio da sobrevivência, portanto, ao medo. O medo a ficar marginalizado por quem detém o poder temporário. O medo à imposição pela força. O medo a desaparecer.
Por outro lado, a tendência natural humana à identificação e ao apego, complica ainda mais a capacidade de consenso. Ao identificarmos a nossa psique com nosso pensamento —o «penso, logo existo», de Descartes— ficamos emocionalmente atrelados às nossas construções mentais, que sempre são subjetivas. Desapegar-se dessa dinâmica também facilita um trânsito, a prol de um novo modo de olhar muito mais flexível, mais amplo, mais abrangente e mais em concordância com a continuada mudança —que se verifica por toda a rede natural da vida.
Dentro da velha compreensão de apego ao pensamento, ao se verificar uma mudança grupal sentimos um ataque à nossa integridade —se estivermos fora da posição maioritária—, criando uma certa tensão psicológica que vai em aumento — segundo a perceção da ameaça for sentida com maior intensidade.
Curiosamente, o verdadeiro motivo da mudança muitas vezes é proporcionar o material psicológico necessário para a aceitação da nova realidade. Fora da dinâmica de guerra, essa aceitação verifica-se com naturalidade e confiança, permitindo uma confluência das diversas visões e perceções… Ajudando à assimilação por parte de todo grupo, somando a diversas perceções ao todo; evitando cisões e confrontos. Ao retirarmos os condicionantes de medo, podemos observar com claridade o movimento contínuo —interior e exterior— que impele essa mudança.
A unidade, pois cimenta-se na confluência de diversos caminhos e diversas caminhadas, num clima de paz e compreensão mútua; mas aberto à necessidade de mudança.
O pequeno e muito ativo movimento de vanguarda que se tornou o reintegracionismo, tem pela frente importantes desafios de futuro que só serão possíveis realizar com coesão, flexibilidade, integração e unidade —dentro do respeito a diversidade—. Com confiança e sem medo.
No nível geoestratégico, muita pouca gente se tem apercebido da importância futura que o galego português, como língua, vai ter a nível global.
Utopicamente falando, vemos uma alternativa certa a construir no nível planetário. O Império Ocidental, em franca decadência não tem nada que oferecer à nova humanidade —além do grande avanço cientifico-tecnológico de que foi grande impulsor.— A Rússia e a China continuam atreladas também às velhas dinâmicas de guerra e concorrência hegemónica. Ocidente representa o velho esquema de domínio mercantilista dentro das dinâmicas de guerra. China e Rússia, o velho organograma de controlo estatal, receoso da autonomia individual e coletiva. Ambos só podem oferecer confronto e sofrimento; dominação mais subtil ou mais bruta, repressão do saber alternativo e da universalidade do pensamento —que é enfrentada como ameaça—. Uma nova humanidade precisa dum novo centro, nascido dum novo paradigma de paz, que só será possível modificando a visão de luta dentro da polaridade.
Uma nova visão de confraternização e unidade dos contrários, pela analogia, será precisa. Chegado o momento do ser humano ficar saciada da guerra, dor e sofrimento —sempre em contínuo aumento dentro desta tendência.
A humanidade terá que compreender que as correntes que atrelam ao oprimido também atam o opressor. O oprimido sofre imensamente lutando pela libertação momentânea —até se tornar opressor e sofrer o processo contrário; única opção dentro das dinâmicas de guerra, polarizadas—. O opressor desenvolve paranoia e tensão patogénica por medo a perder a sua posse; sofrendo imensamente numa experiência de aparência material abundante. Mas em ambas as dinâmicas se verifica escassez ou material ou de bem-estar psíquico.
Um novo paradigma precisa de um novo centro de irradiação, que não poderá ser nem o Império Ocidental, nem a Rússia ou a China. Acreditamos, pois que a deslocação hegemónica, no tempo, se verificará do Atlântico Norte ao Atlântico Sul… E não podemos esquecer que no hemisfério Sul a língua mais extensa é o galego-português. Galiza, pois, terá um certo papel de relevância nessa transação cultural devido à sua ligação com o mundo lusófono e à América do Sul. No tempo, as mudanças contínuas trarão a mudança linguística no território galego também. O reintegracionismo não pode evitar a perda alarmante de falantes, mas quando se detêm os planos, podem-se voltar a construir as cidades. Devemos também lembrar que o poder da unidade transcende ao da soma das suas partes.
A força do reintegracionismo está precisamente nessa unidade. Para mantê-la, precisamos mudar para um novo paradigma de paz e comunhão… Com aceitação e respeito à diversidade, que é riqueza; mas também com compreensão da fonte comum e da necessidade vital da constante mudança… Trabalhar esse caminho é nosso grande reto.

O status do galego no Concello de Ferrol seguirá a ser o mesmo

UpyD critica a Ciudadanos por pedir que o galego deixe de ser a única lingua oficial do Concello de Ferrol.

“Entendemos que la lógica ha vencido a los ataques a la libertad de las personas a emplear una lengua cooficial como el gallego”, apunta a formación de Rosa Díez.

O estatus do galego no Concello de Ferrol seguirá sendo o mesmo. O pleno deste municipio votou case unanimemente –23 votos en contra e 1 a favor-- para que se manteña o actual estatus lingüístico na cidade. A única representante de Ciudadanos neste concelloi, Ana Rodríguez Masafret, quedou sóa ao defender unha polémica moción na que pedía que se derroguen varios artigos da ordenanza de normalización lingüística, entre eles, un dos primeiros, o que proclama que o galego “como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de Ferrol”.
 
Precisamente, este rexeitamento unánime do resto de formacións políticas de Ferrol, incluída o PPdeG, fixo que UpyD aproveitara para meter o dedo na polémica iniciada pola formación de Albert Rivera. 
 
“Queremos celebrar la resolución negativa de la moción presentada por Ciudadanos Ferrol para la eliminación del idioma gallego del Concello. Entendemos que la lógica ha vencido a las medidas de ataque a la libertad de las personas, como es el derecho a usar una lengua cooficial como la gallega...Ciudadanos debería tomar nota y no hacer una política basada en la imposición o la prohibición”, apunta a formación de Rosa Díez nun comunicado.
 
Esta formación suliña que “siempre defendió” a coexistencia das linguas cooficiais dentro e fóra das institucións, “sin imposiciones nin prohibiciones que atenten contra este derecho de las personas contemplado en la Constitución Española”.
 
“Etendemos que la lógica ha vencido a los ataques a la libertad de las personas a emplear una lengua cooficial como el gallego”, recolle este comunicado que, sen embargo, pídelle ao Concello de Ferrol que modifique as súas ordenanzas municipais e sinale a cooficialidade do galego e o castelán, permitindo que os cidadáns poidan ser atendidos en ambas as linguas. Ademais, piden á Xunta de Galicia que revise as ordenanzas municipais doutras localidades e vele polos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas.
 
Curiosamente, a formación que agora critica a Ciudadanos por presentar esta moción foi a mesma que abandeirou as protestas en Galicia en contra do decreto do galego do bipartito. Ademais, a súa líder, Rosa Díez, será sempre recordada no país por unha mítica frase dirixida ao ex presidente do Goberno español: “Zapatero es un gallego en el sentido más peyorativo de la palabra”, dixo.

 

A Plataforma Estatal pola Escola Pública organiza un debate sobre política educativa cos partidos que se presentan ás próximas eleccións xerais

A Plataforma Estatal pola Escola Pública organiza un debate sobre política educativa cos partidos que se presentan ás próximas eleccións xerais. Terá lugar o martes 1 de decembro, ás 18 horas, no Salón de actos do Ateneo de Madrid.
É un acto organizado conxuntamente pola sección de Educación do Ateneo de Madrid e a Plataforma Estatal pola Escola Pública.

Malmierca (CESGA) lembra en LibreCon que a fenda dixital do rural pode combaterse coa nube

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) amosou no congreso LibreCon 2015 que se está a desenvolver en Santiago (un evento onde expoñer múltiples logros empresariais e investigadores en materia de software libre) os froitos acadados polo proxecto RuralSchoolCloud, un programa coordinado polo CESGA que contou coa participación da Universidade de Santiago e que serviu de ampliación á iniciativa comezada en 2010 polo dito centro coa súa premiada iniciativa de investigación Rural Schools & Cloud Computing. A investigadora María José Malmierca foi a encargada de dar a coñecer os devanditos logros.
Ao longo dun tempo de intervención especialmente reducido (comezou o relatorio cun aquel de atraso) pero cumpridamente aproveitado, a relatora fixo un percorrido polas orixes, o desenvolvemento e o estado actual do proxecto. Comezou lembrando aos presentes unha das grandes características da nosa terra dende un punto de vista demográfico: temos unha poboación moi espallada e, malia a importancia crecente das cidades e vilas grandes, é certo que o rural aínda pesa moito e que neste ámbito viven moitas nenos e nenos que precisan ter as mesmas oportunidades formativas e tecnolóxicas cós demais. Esta foi a base orixinaria da iniciativa: loitar contra as eivas comunicativas, tecnolóxicas ou de ensino que puideran frear o desenvolvemento da ensinanza nestas áreas e engadir aínda máis distancia na chamada fenda dixital urbano-rural. As “armas” empregadas nestas loita foron, entre outras, a computación na nube e as tecnoloxías avanzadas de comunicación (por exemplo a videoconferencia), todo concibido dunha maneira aberta e sen cancelas (open source), prontas para ser adoptadas e aproveitadas noutras contornas semellantes.
Segundo fixo saber Malmierca, “hai moitas zonas en Europa con características parecidas ás nosas, con pouca poboación e poucos alumnos, con menor calidade nos accesos ás comunicacións con respecto aos espazos urbanos e cun profesorado en moitas ocasións escasamente estábel”. Para emendar e contrarrestrar todo isto xurdiron, dixo, a Rede de Escolas na Nube e (máis tarde e a nivel europeo) o proxecto RuralSchoolCloud. “A nosa intención”, engadiu, “era conseguir que as escolas unitarias da nosa terra puideran facer moitas máis cousas cás que poden facer cos recursos cos que adoito contaban”. E engadiu: “No CESGA quixemos que a tecnoloxía que xa estaba creada, a relativa á computación na nube, servira para axudar ás nosas escolas do rural, integradas no que se coñece como CRAs”. Segundo informou, coa nube ponse en xogo para estas escolas unha posibilidade firme de colaboraren e xuntaren. Con todo, sinalou, no comezo descubríronse unha serie de problemas e complexidades, por exemplo as relativas á formación do profesorado (formación de todo tipo, dixo, que ía dende o nivel avanzado até unha introdución nula no ámbito das TIC). “A isto cómpre engadir a presenza de virus informáticos e hardware e software escasamente axeitado para o que queríamos habilitar”, dixo, engadindo que dende o comezo quedou claro que había que achegar ferramentas abertas. “A Rede de Escolas na Nube, que segue en activo en dúas ducias de centros do noso rural agrupados en 4 CRAs, é o resultado de todo isto”, explicou.
A continuación, Malmierca abordou a vertente europea da iniciativa. Esta versión máis ampla da mesma foi o resultado de sumar as experiencias do CESGA, a USC e a empresa Balidea (que colaborou de maneira altruísta, activamente, nas Escolas na Nube) con outras experiencias análogas desenvolvidas noutras contornas xeográficas. Este é o xermolo de RuralSchoolCloud, que está en activo dende hai dous anos e que xunta os esforzos dun total de sete países europeos, algúns deles cunhas características moi semellantes ao noso. Malmierca tamén salientou que ao abeiro deste proxecto tirouse proveito de recursos abertos de gran potencial, como por exemplo OpenMeetings (ferramenta para facer posíbel videoconferencias), Apache ou OpenNebula (xestión na nube).
A relatora rematou a súa intervención lembrando aos presentes a publicación dun manual, da man do CESGA, que resume e compendia a iniciativa RuralSchoolCloud. Trátase do libro Aprender e ensinar na nube. Computación na nube para colaborar na escola rural. A obra, lanzada en cinco linguas (galego, castelán, inglés, grego e italiano) e en cuxo deseño traballamos arreo dende o Grupo Código Cero Comunicación, foi editada por Malmierca a xeito de resume e guía visíbel e consuntábel para profesionais das TIC e das educación.

A Xunta segue sen achegar solucións ás ensinanzas artísticas superiores

O Consello da Xunta aprobou este xoves os proxecto de decretos polos que se establecen os plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, de Deseño, de Arte Dramática e de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Segundo o Goberno galego, os decretos "reforzan" a súa "aposta" polas ensinanzas artísticas superiores, e a súa "máis alta consideración, igualdade de oportunidades e seguridade para os seus titulados no que se refire á equivalencia dos seus estudos cos universitarios". Porén, dende a comunidade educativa destas ensinanzas a primeira impresión sobre o aprobado é que non vén achegar "nada novo" e que non incorpora ningunha das súas principais reivindicacións.
"Non están presentes ningunha das nosas reclamacións en termos de acreditacións ou de calidade. E mantense o actual caos normativo"
A principal demanda da Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade é que se poña en marcha o establecido do artigo 58.7, da LOMCE, que determina que as administracións educativas poderán adscribir centros de ensinanzas artísticas superiores mediante convenio ás universidades. Os decretos negan esta posibilidade, mantendo o PP a posición que veu sostendo nos últimos anos, que o levou en  varias ocasións a bloquear esta opción, tanto no Parlamento galego coma no Congreso.
Porén, os textos aprobados nin sequera achegan outros mecanismos posibles para a mellora do funcionamento destes estudos. "Todo queda sometido a regulacións posteriores ou a desideratums do tipo 'fomentarase...'ou 'poderase...'", sinala Fernando Carrera, ex-director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. "Non están presentes ningunha das nosas reclamacións en termos de acreditacións ou de calidade. E mantense o actual caos normativo", engade. "É máis do mesmo, non hai nada novo", conclúe.
"Como mínimo pedimos unha regulación e unhas normas que nos permitan facer ben o noso traballo. Este decreto consolida a opción non universitaria, pero aínda por riba non nos dá regras de xogo", explica. "Na universidade todos os ámbitos están organizados; pero pola contra nas ensinanzas artísticas superiores moitas cuestións fundamentais dependen de regulacións parciais. Por exemplo o proxecto de fin de ciclo e as prácticas en empresas, imprescindibles para acadar o título superior, resólvense cun par de circulares, e aquí quedan de novo sen regular", di. “Dádenos unha norma sobre a cal fundamentar o noso traballo académico e levar a cabo a nosa actividade con calidade, é o pedimos”, engade.
"Pedimos unha regulación e unhas normas que nos permitan facer ben o noso traballo. Este decreto consolida a opción non universitaria, pero aínda por riba non nos dá regras de xogo"
Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade relanzará nas vindeiras semanas a súa actividade pública para tentar modificar unha situación na que, denuncian, segue a producirse unha "discriminación moi negativa para as tituladas e titulados superiores en tanto a suposta equivalencia acaba por non aplicarse en numerosos casos", sexa no acceso a bolsas para posgraduados, na continuidade de estudos, ou na incorporación ao mercado laboral, "pois sempre se prima a titulación universitaria". A finais de novembro realizarase un acto en Compostela, na que participarán representantes de todos as forzas políticas agás o PP.
A finais de novembro realizarase un acto en Compostela, na que participarán representantes de todos as forzas políticas agás o PP
A integración na universidade das ensinanzas artísticas superiores xerou un consenso entre todos os partidos, excepto os populares. Isto pode determinar un cambio tralas eleccións xerais do 20 de decembro. "Nos últimos meses reducimos a actividade pública, pero traballamos bastante no ámbito político", explica Carrera, que destaca que "mantivemos encontros con todas as forzas, tanto en Galicia coma no resto de España, para explicarlles as nosas demandas e para que leven as nosas reivindicacións nas nosas demandas".

Os colectivos 'deixados atrás' na crise económica, en seis gráficos

"España superou a crise sen que ninguén quedara ao borde do camiño". O pasado luns o presidente do Goberno fixo esta rotunda afirmación na comparecencia de prensa concedida tralo Consello de Ministros que aprobou a convocatoria das eleccións xerais do 20 de decembro. Rajoy repetiu ao longo da semana as súas triunfalistas valoracións económicas, aproveitando os bos datos amosados pola EPA do terceiro trimestre. Porén, mesmo nesta entrega da Enquisa de Poboación Activa os datos achegados para moitos colectivos moi golpeados pola crise e os recortes seguen sen xustificar o optimismo do candidato do PP.
Por exemplo, para a mocidade; de feito dende o 2009 a poboación activa de entre 16 e 29 anos en Galicia reduciuse en 11 puntos máis que a poboación xuvenil total. Pero tamén podemos falar dos parados de longa duración; pois a persoas que levan máis dun ano buscando emprego seguen sendo a maioría dos parados e paradas. Ou dos desempregados e desempregadas de máis de 45 anos, que ao longo da crise cuadriplicaron o seu número. Ou, en xeral, da precariedade dos contratos e o estancamento ou redución dos salarios, aínda por debaixo dos datos de 2010.
Estas e outras situacións deixaron unha realidade moi difícil para milleiros de persoas en Galicia, deixadas ao borde do camiño da recuperación económica, empregando a metáfora usada por Rajoy. 73 mil familias nas que todos os seus membros activos están no paro, 30 mil fogares nos que non hai ingresos ningún, ou 11 mil nenos e nenas que viven en fogares sen ningunha persoa ocupada.

A emigración fai que o censo de electores caia en Galicia mentres sobe no exterior

A crise e a emigración tamén teñen o seu efecto no censo electoral. Así, o número de persoas censadas para votar en Galicia nas vindeiras eleccións xerais do 20 de decembro diminúe un chisco, ao tempo que aumentan -bastante máis- o número de cidadáns residentes fóra do Estado, segundo os datos feitos públicos este luns polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Galicia perde máis de 40.000 electores no país mentres o censo no exterior gaña case 60.000 persoas
Xa que logo, para os comicios do próximo mes de decembro figuran inscritos un total de 2.265.812 electores galegos residentes nas catro provincias do país, mentres que son 440.018 os galegos residentes no estranxeiro tamén con dereito a voto. Son 41.110 electores menos na comunidade autónoma dos que había nas últimas eleccións xerais de novembro de 2011, onde tiñan dereito a voto 2.306.922, ao tempo que o censo dos residentes ausentes aumenta en case 60.000 persoas (58.141) con respecto a hai catro anos, cando eran 381.877 os cidadáns de fóra do Estado con dereito a sufraxio.
En total, son 2.705.830 os galegos que están chamados a ogar o 20 de decembro, 17.031 máis que nas eleccións xerais de 2011, cando polas catro circunscricións galegos podían acudir ás urnas 2.688.799 persoas.
O número de electores no estranxeiro aumentou máis dun 13% con respecto ás xerais de hai catro anos
De acordo con estas cifras, e en comparación coas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o censo de persoas residentes en Galicia caeu un 1,7% mentres que o número de galegos residentes no estranxeiro aumentou nun 13,4%. As consecuencias da recesión económica e a crecente emigración de xente noa ao estranxeira provoca que a cada convocatoria electoral sexan menos os galegos con dereito a voto que habitan no país.
Os electores residentes fóra do Estado teñen ata o 21 de novembro para solicitar o voto
Nun comunicado, o INE lembra que o censo pode ser consultado desde este luns ata o 9 de novembro e advirte de que "os electores residentes no estranxeiro que desexen votar deberán solicitar o seu voto ata o 21 de novembro". É o voto rogado implantado polo último goberno de Zapatero logo dun acordo co PP e co apoio de BNG, CiU e PNV en 2011. Malia aquel acordo, os socialistas presionan agora aos populares para dar marcha atrás na medida e ambos os dous partidos amosaron xa a súa disposición a suprimila.
A reforma da lei electoral de hai catro anos tivo dúas consecuencias: a emigración deixaba de participar nas eleccións municipais, as consideradas máis próximas á cidadanía e, sobre todo, implantábase o voto rogado, isto é, para participar nos comicios dende o exterior habería que solicitalo antes, ao xeito do voto por correo ordinario. O resultado foi o previsto e o contrario ao que agardaban PP e PSOE: as persoas inscritas no CERA (Censo de Españois Residentes Ausentes) deixaron de recibir as papeletas de votación automaticamente na súa casa, pedírano ou non e sen comprobación previa de se seguían vivas. E a participación caeu en picado.
Así, xa nas xerais de 2011, a circunscrición galega con máis participación do exterior, Lugo, apenas pasou do 5%; na Coruña subiu levemente do 4% e en Ourense e Pontevedra ficou en algo máis do 3%. Nas eleccións autonómicas de 2012 a tendencia mantívose e a abstención do CERA roldou o 96%. Nas autonómicas de 2009, non obstante, participara o 30,3% da emigración fronte ao 3,2% das de 2012. Nas europeas deste 2014 a participación non chegou nin ao 2%.

Educación anuncia a convocatoria de máis de mil prazas docentes en 2016

O conselleiro, Román Rodríguez, avanzou en comisión parlamentar a oferta de emprego público que lanzarán en 2016. CIG-Ensino tilda o anuncio de "insuficiente". 

A cifra fica pendente de concretar mais Román Rodríguez, conselleiro de Educación, avanzou que serán máis de mil entre Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional. No concreto, en especialidades como lingua, xeografía, bioloxía, inglés, francés, música, educación física, pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe.
Segundo Román Rodríguez a decisión visa dar "estabilidade laboral" ao "corpo docente" porén, desde a CIG-Ensino coidan "insuficiente" a oferta de emprego fronte á dos "anos anteriores" que foi "cativa" ou "inexistente".
Desde a central sindical nacionalista lembran que "nos últimos anos xubiláronse máis de 4.000 docentes, suprimíronse máis de 3.000 prazas de profesores/as e que, en concreto, nos últimos cinco  só se convocaron 993 prazas en todos os corpos".
CIG-Ensino: "Nos últimos anos xubiláronse máis de 4.000 docentes, suprimíronse máis de 3.000 prazas"
Neste senso, en 2011 foron convocadas 250 prazas para mestres e 18 para profesorado de secundaria. En 2012 non se convocou ningunha, ofertándose un ano despois 200 en Infantil e Primaria. No 2014 só saíron 93 para Secundaria e este ano 432 prazas de mestre.
Aliás, CIG-Ensino critica que "o conselleiro anuncie as especialidades nas que se van convocar oposicións sen negociación previa na Mesa Sectorial". Román Rodríguez sinalou en comisión parlamentar que se negociarán cos sindicatos a cifra final mais deu conta das áreas que atinxirá a oferta pública.