xoves, 5 de xuño de 2014

Na Semana do Medio Ambiente: Bosques e costas, a nosa identidade

O vindeiro 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente. Para ADEGA todos os días están adicados ao noso medio, mais como nesta semana celébrase tamén o Día dos Océanos (8 de xuño) unimos as dúas reivindicacións e preparamos unha serie de actividades que abranquen á terra e ao mar.

Comoqueira que as nacións Unidas propoñen para este ano centrar a atención nas consecuencias na suba do nível do mar teñen determinadas actividades humanas, en ADEGA imos intervir nestas dúas frontes.

Cousa de Raíces: en defensa dos nosos bosques autóctonos

O domingo 8 de xuño presentarase en sociedade a campaña “Cousa de Raíces” para reivindicar a importancia de conservar os nosos bosques autóctonos. Será o domingo na Eira da Xoana (Ramil, Agolada) a casa de ADEGA no Alto Ulla e que vén acollendo dende hai 6 anos unha manchea de actividades ambientais e culturais.

O principal obxectivo da campaña é aumentar a conservación das nosas masas autóctonas e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia, tamén como recursos produtivos e de criazón de emprego.
Pretendemos tamén facer presión mediática e política sobre as administracións para que cumpran coa normativa existente e garantan a conservación efectiva do noso bosque autóctono.

A nivel social, pretendemos impulsar unha concienciación positiva do valor das árbores autóctonas en sentido pleno: económico, cultural, ambiental.. Non esquecemos tampouco as graves ameazas que afectan xa a estes valiosos espazos: lumes, eucaliptización, biomasa, cultivos enerxéticos, talas a matarrasa...

Queremos contar con todos os colectivos, organizacións e persoas que así o desexen, tendo como nexo de unión o lema ”Cousa de raíces”. Baixo este enfoque común, as accións poderán ser divulgativas, formativas, educativas, reivindicativas, produtivas, etc.

Día dos Océanos: mares sen plásticos, mares con vida



Polo que atinxe ao noso mar e aproveitando que nesta semana celébrase tamén o Día dos Océanos, organizamos por terceiro ano consecutivo a Limpeza Simultánea de Praias en toda Galiza. Será os días 6, 7 e 8 de xuño en máis de 27 localizacións de toda a costa e contaremos coa colaboración de confrarías, centros de ensino, clubes deportivos, concellos e asociacións de todo tipo e o apoio da “Fundación Biodiversidad” do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA).

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, pola insustentabilidade dos modelos de consumo, as malas estratexias na xestión dos residuos, a falta de sensibilización da poboación e as erradas políticas públicas. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.  
Nesta Semana do Medio Ambiente facemos unha chamada á poboación para implicarse activamente na defensa da nosa terra e do noso mar, dos nosos bosques autóctonos e do noso litoral. Queremos promover unha mudanza de conciencia cidadá para acadar unha masa crítica que nos permita seguir mantendo a nosa “identidade natural colectiva”, representada polos bosques e os mares galegos.

Ligazóns

Descargas

mércores, 4 de xuño de 2014

A Xunta outorga 11.000 euros para fomento do galego a centros educativos

A Consellería de Cultura, Educación E Ordenación Universitaria concedeu un total de 11.040 euros entre todos os centros escolares das bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Esta concesión por parte da Xunta vén dada para o fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública de Galicia.
ADVERTISEMENT
A cantidade repártese entre diferentes institutos e os colexios da zona. En Lalín, o que máis recibiu foi o instituto Laxeiro con 427 euros, mentres e IES Ramón María Aller Ulloa percibirá 351 e o resto son: CEIP Xoaquín Loriga (390), CEIP Xesús Golmar (363), CEIP Vicente Arias de la Maza (301), CEIP Varela Buxán (281) e CEIP Manuel Rivero (279).
Mentres en Silleda, o instituto Pintor Colmeiro recibirá 489 euros e o colexio de Silleda pola súa parte 266 e 380 para o CEIP de Bandeira; no municipio de Vila de Cruces, o colexio Cerdeiriñas percibirá 384, o CEIP Nosa Señora dá Piedade (417), CEIP de Merza(401) e o instituto Marco do Camballón (785).
Pola súa banda, o colexio de Agolada obtivo unha axuda de 397euros; o CEIP San Xoan Bautista de Cerdedo (250); en Forcarei, o CEIP Soutelo Montes (312), o CEIP Nosa Señora dás Dores (380) e o IES Chano Piñeiro (773); e finalmente na Estrada, o colexio Cabada Vázquez logrou unha subvención de 425 euros, o CEIP de Figueroa (304), CEIP Manuel Villar Paramá (363), CEIP Plurilingüe de Gansa (363), CEIP Pérez Viondi (444), CEIP do Foxo (380); IES Antón Losada (419), IES Manuel García Barros (351) e, por último, o IES nº1 (465). Rodeiro non logrou subvención.

A Xunta podería sancionar ao rapaz da foto co lema “Defender a lingua non é un delito”

Educación aprecia “consideracións políticas” nesta acción na que participaron outros estudantes do IES Breamo de Pontedeume.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria podería sancionar a un alumno do IES Breamo que se fotografou cun cartaz no que se podía ler “Defender a lingua non é un delito” e no que amosaba a súa solidariedade cos procesados por participar nunha protesta contra a manifestación da asociación Galicia Bilingüe, que tivo lugar en febreiro de 2009.
 
Esta fotografía, na que aparecen numerosos alumnos do centro, foi logo colgada no blog persoal do estudante ao que se lle abriu un expediente. E, a única razón que aportan desde a Consellería de Educación é que “se trataba dun acto con consideracións políticas e que foi levado a cabo en horario lectivo e non interior do propio centro educativo”.
 
De feito, a dirección do centro e a Xunta actuaron logo dunha protesta interposta por Galicia Bilingüe que considera que este eslógan correspóndese cunha campaña promovida por Resistencia Galega en apoio aos acusados. A súa presidenta, Gloria Lago, denunciou que “se ensalzou a violencia” nun centro público e vinculaba ao mozo coa asociación independentista AGIR.

Apoios

De feito, este grupo criticaba a medida adoptada. “Queremos manifestar que nengum ato solidário em defesa da nossa língua pode ser considerado punível de qualquer sançom, assim como transmitir que o ódio que emana dos setores ultra-espanholistas nom vai fazer minguar o trabalho levado a cabo em favor do nosso idioma, senom que todo o contrário, seguiremos na aulas de todo o País defendendo um ensino 100% em galego ao igual que o 8 de fevereiro de 2009 se fijo nas ruas!”, sinalou nun comunicado.
 
Tamén a Mesa pola Normalización Lingüística solidarizouse xa co menor. “O exercicio da liberdade de expresión nun centro de ensino non pode ser causa de apertura de expediente a un alumno”, dixo o seu presidente, Carlos Maceiras. 

Convocada Mesa Sectorial para o 5 de xuño

Trataranse o decreto de FP Básica, o currículo de Primaria, o calendario para o próximo curso e as ordes de adxudicación de destinos provisionais

A Consellaría de Educación vén de convocar Mesa Sectorial para este xoves 5 de xuño na que se van tratar o proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación primaria, o borrador decreto polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica, a orde polo que se aproba o calendario escolar, a convocatoria de adxudicación destino provisional vindeiro curso corpo de mestres, convocatoria de adxudicación destino provisional vindeiro curso catedráticos, secundaria, F.P.…. Podes acceder no anterior da nova a documentación.
ORDE DO DÍA
  • Proxecto decreto polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia Ligazón Proposta de cadro horario para Primaria Ligazón
  • Borrador decreto polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica Ligazón. Curriculos FPB Ligazón
  • Orde polo que se aproba o calendario escolar Ligazón
  • Convocatoria de adxudicación destino provisional corpo de mestres Ligazón
  • Convocatoria de adxudicación destino provisional catedráticos, secundaria, F.P.…. Ligazón

Música, performances, poesía... cultura contra a Lomce

Cidades e vilas acollen esta cuarta feira actos de rexeitamento e crítica á Lomce, convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.


A oposición e rexeitamento á Lomce segue a se escenificar máis unha vez nas rúas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (Pgdep) convocou para este 4 de xuño unha manchea de actividades e iniciativas a desenvolver en varias cidades e vilas do país. Música, teatro, poesía... as ‘armas’ para facer fronte a unha lei “españolista, privatizadora e claisista” tomarán as rúas a partir das sete da tarde.
Mais hai un chamamento a que antes, ás 12:00 horas, en todos os centros de ensino do país se dea lectura a un manifesto contra a Lomce.
Xa polo serán, están programadas diversas actividades a partires das sete (ás oito en Ferrol)
Onde e quen
Vigo MARCO (rúa do Príncipe).
Zanfoneiros Sen Fronteira
Quen cho dera
Estudantado e profesorado anti-LOMCE
Laura Quintillán
O tear de Llerena
Marta Quintana
Tino Baz
Suso Cortegoso
Pepe Carreiro
Celso Parada
Santiago Praza do Toural. Participan:
Alonso Caxade (mestre e músico)
Brais Fernandes e Sabela Dávila "Feito a propósito"
Ferrol. Praza do Himno Galego  Participan:
Miguel Neira (música)
Grupo de teatro de Medulio
O mago Fiz
Lectura de poemas a cargo do alumno Daniel Amarelo
Alumnado do Conservatorio Xan Viaño
A Coruña. Performance reivindicativa no Obelisco
Carballo. Concentración na Praza da Concello
Cee . Concentración Praza 8 de Marzo
Lugo. Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta  (Ronda da Muralla)
Ourense. Concentración na Praza de San Martiño
Pontevedra. Concentración na Praza da Peregrina

martes, 3 de xuño de 2014

A crise afoga a escola dixital

Entre 2009 e 2012 destináronse máis de 600 millóns de euros a comprar ordenadores para os alumnos, levar internet ás aulas e formar o profesorado.
Tras dous anos de asfixia financeira, o investimento corre o risco de caer en saco roto. Ante os recortes, as editoriais intentan capitalizar o negocio e asoma o copagamento para as familias.

Urkullu recorrerá á legalidade para "paralizar" a LOMCE e defender o autogoberno

O lehendakari, Iñigo Urkullu, asegurou que o Goberno vasco recorrerá á legalidade para "paralizar" a LOMCE e defender, desta foema, o autogoberno vasco e o seu sistema educativo. Ademais, emprazou a non utilizar a educación e o ensino "como arma partidaria e arrojadiza".
No acto de apertura da Festa da Escola Pública Vasca, que este ano se celebra na localidade biscaíña de Balmaseda, o lehendakari --que estivo acompañado da conselleira de Educación, Política Lingüística e Cultura, Cristina Uriarte--, destacou que "hoxe é día de reivindicacións, pero é, sobre todo, de festa".
Por iso, quixo transmitir unha mensaxe de "tranquilidade e seguridade" porque, profesionalidade, participación, estabilidade e calidade son as claves do éxito do sistema educativo vasco" "durante máis de tres décadas". Por iso, apostou por "mantelas e melloralas mediante a "utilización do rigor, a legalidade e a intelixencia", pero "sen cantos de serea".
Por iso, emprazou a actuar "con responsabilidade e seriedade, sen ameazas con consecuencias imprevisibles ou posicionamentos últimos, nacidos, ademais, da división, pensando no alumnado, na comunidade educativa, nas persoas,".

COLABORACIÓN E ACORDO

Nesta liña, avogou por "a colaboración e o acordo", tal como se fixo "ante embates e tormentas anteriores". "Imos actuar con determinación e responsabilidade. Non é re recibo actuar con frivolidade", sinalou.
Ao seu xuízo, "a educación e o ensino son bens demasiado importantes para utilizalos como arma partidaria e arrojadiza" e, por iso, quíxose manifestar "con meridiana claridade en contra das medidas unilaterais, de todas as medidas e actuacións unilaterais,".
Urkullu realizou un chamamento "á confianza nas nosas propias posibilidades, na traxectoria e experiencia da comunidade educativa vasca" que son "a forza da razón, a forza do pacto e o acordo" que garanten un sistema educativo de calidade en Euskadi.
Antes da súa intervención, na inmediacións da Escola Mendia, onde se celebraba o acto, varios grupos de persoas manifestáronse en contra da LOMCE e de "os recortes" en Educación. Ao finalizar o discurso do lehendakari, un grupo de pais de alumnos de Sopuerta entregaron o presidente do Goberno vasco para reclamar a implantación de primaria neste municipio biscaíño. Iñigo Urkullu, pola súa banda, comprometeuse a estudalo.

A Comisión critica a España pola falta de medios contra o abandono escolar

As carencias do sistema educativo español forman parte do informe e das recomendacións que a Comisión Europea fixo este luns a España. Critica a falta de medidas para reducir o abandono escolar temperán, o alto nivel de desemprego dos titulados universitarios e o escaso uso dos sistemas de formación profesional.
Entre outros aspectos, Bruxelas fixouse nun dos datos máis negativos: o abandono escolar temperán, é dicir, a porcentaxe de alumnos de entre os 18 e 24 anos que deixan os seus estudos antes de graduarse. España continúa liderando esa taxa en Europa, cun 23,5% que dobra a media da Unión (11,9%).
E considera un "motivo de preocupación" a falta de medidas despregadas para reducir esa porcentaxe. Neste sentido, critica expresamente que non se desenvolvesen disposicións para continuar co plan PROA, os programas de apoio aos que o Ministerio de Educación decidiu retirar as axudas en 2013.
O informe afonda nos desaxustes existentes entre o sistema educativo español e as necesidades reais do mercado de traballo que, a xuízo da comisión, "constitúen unha fonte de problemas". Entre outros motivos considera que os sistemas de aprendizaxe e ensino e a rede de formación profesional "seguen estando infrautilizados" e que as competencias dos estudantes de FP superior "son inferiores á media da UE". Respecto ás titulacións universitarias, destaca que a taxa é elevada pero critica o "alto nivel" de desemprego e empregos con baixa cualificación dos universitarios españois.
O informe sinala que a entrada en vigor da LOMCE (a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, máis coñecida como Lei Wert) mellorará a calidade do sistema educativo e permitirá que haxa unha mellor conexión entre a formación e as demandas reais do mercado de traballo. Engade que as novas disposicións previstas na LOMCE, que se están a implantar de forma progresiva, funcionarán "de aplicarse eficazmente". E considera que os cambios previstos nos currículos dos distintos ciclos e as reválidas que prevé a lei para os alumnos a final de primaria, secundaria e bacharelato.
Outro dos riscos que destaca é "a falta de acordo" entre o Estado e as comunidades autónomas sobre o financiamento da implantación da LOMCE, un asunto para o que pediron máis fondos e máis tempo ata as comunidades gobernadas polo PP.
Por outra parte, Bruxelas critica expresamente que a "certa falta" de escolas infantís "axeitadas e alcanzables" pode agrandar as dificultades da muller para acceder ao mercado de traballo.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para o 4 de xuño novos actos contra a LOMCE e os recortes

Serrán nas sete cidades, Carballo e Cee
 
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para o 4 de xuño novos actos contra a LOMCE e os recortes nas sete cidades, Carballo e Cee. Os actos realizaranse á sete da tarde excepto en Ferrol que vai ser ás oito. Consulta no interior os lugares de realización e o programa.
Vigo
MARCO (rúa do Príncipe)
Participan:
  • Zanfoneiros Sen Fronteira
  • Quen cho dera
  • Estudantado e profesorado anti-LOMCE
  • Laura Quintillán
  • O tear de Llerena
  • Marta Quintana 
  • Tino Baz
  • Suso Cortegoso
  • Pepe Carreiro
  • Celso Parada 
Santiago
Praza do Toural
Participan
  • Alonso Caxade (mestre e músico)
  • Brais Fernandes e Sabela Dávila "Feito a propósito"
Ferrol
Praza do Himno Galego
Participan:
  • Miguel Neira (música)
  • Grupo de teatro de Medulio
  • O mago Fiz
  • Lectura de poemas a cargo do alumno Daniel Amarelo
  • Alumnado do Conservatorio Xan Viaño
A Coruña
Performance reivindicativa no Obelisco
Carballo
Concentración na Praza da Concello
Cee
Concentración Praza 8 de Marzo
Lugo
Concentración diante do Edificio Administtativo da Xunta
(Ronda da Muralla)
Ourense
Concentración na Praza de San Martiño
Pontevedra
Concentración na Praza da Peregrina

luns, 2 de xuño de 2014

Estudantes, pais e profesores alertan dun intento de "privatización" tras as declaracións de Wert sobre copagamento

Estudantes, pais de alumnos e profesores ven un intento de "privatizar" a educación non obrigatoria nas declaracións que fixo o ministro de Educación José Ignacio Wert, o pasado mércores na Sesión de Control ao Goberno no Congreso, cando non descartou a aplicación do copagamento neste ensino. Os afectados temen que se se aproba esta medida, condenará a "marxinalidade" aos estudantes con menos posibilidades económicas.
Neste sentido, a Coordinadora de Representantes de Estudantes de Universidades Públicas (CREUP) considera que Wert "engana" á sociedade falando do copagamento no ensino non obrigatorio pois, ao seu xuízo, o que quere é "a privatización da Universidade".
CREUP recorda que o alumnado e as súas familias xa fan fronte ao copagamento universitario e denuncia que a política do Goberno "non" é mellorar a calidade da formación senón cargarse o sistema universal de ensino universitario reducindo drasticamente o número de estudantes".
Pola súa banda, o presidente da Federación de Asociacións de Estudantes Progresistas (FAEST), Fidel González Varas, cualificou de "barbaridade" que se estea a formular o copagamento na educación non obrigatoria aínda que indicou que non os sorprende. Ao seu xuízo, isto é "o que faltaba" por tocar en canto a prezos públicos despois de que se dobrasen as taxas universitarias.
Para FAEST, formular esta medida sería "unha aberración tal e como está a situación económica das familias" en España. Ademais, dende a Federación móstranse preocupados porque non saben "onde vai chegar a educación no país, xa demasiado elitizada por todos os recortes". "Se mesmo restrinxen o acceso a Bachiller, ponnos á cola en igualdade de oportunidades na UE", afirmou.

MOBILIZACIÓNS CONTRA O COPAGAMENTO

Ante esta situación, o Sindicato de Estudantes indicou que convocará mobilizacións "contundentes" contra o copagamento no Bacharelato. "O obxectivo do PP, como demostran as declaracións do ministro de Educación, é que só os fillos dos ricos teñan acceso a unha educación de calidade, igual que acontecía nos anos cincuenta baixo o franquismo", aseguran.
Para o Sindicato de Estudantes, o tasazo universitario, o decreto de bolsas e a LOMCE, demostraron na práctica "que a equidade do PP consiste en expulsar do sistema educativo os estudantes con máis dificultades económicas, impedindo o acceso da universidade aos fillos dos traballadores,".
Non obstante, segundo precisan, "para a privada si hai diñeiro e sacado directamente dos petos" dos españois. Por iso, piden "unha vez máis" a CCOO, UGT, STE's e CEAPA que convoquen xunto a eles unha nova folga xeral de profesores, pais e estudantes, de 72 horas.

UNHA EDUCACIÓN "PARA UNS POUCOS"

Entre os pais, o presidente da Confederación Española de Nais e Pais de Alumnos (CEAPA), Jesús María Sánchez, considera que esta declaración do ministro é un indicio máis do "afán privatizador" do Goberno sobre a educación en España. "Vemos unha vez máis que o principal obxectivo é acabar coa educación pública converténdoa nun dereito para uns poucos", matizou.
Segundo indicou, se se tomase esta medida, supoñería "condenar á marxinalidade absoluta" os rapaces que viven nun ámbito social máis difícil, que teñen menos posibilidades económicas.
Mentres, o presidente da Confederación Católica Nacional de Pais de Familia e Pais de Alumnos (CONCAPA), Luis Carbonel, pediu o "mesmo trato para a escola concertada que para a pública" pois eles sempre reclamaron para a concertada a gratuidade no Bacharelato.
Carbonel considera que, nestes momentos en que as familias están a soportar o 100% da crise bancaria, cos seus membros no paro e escasos recursos, "recortar en educación é un erro". Para CONCAPA, o que hai que facer é "esforzarse en xestionar moito mellor os recursos" pero "non cadrar as contas do Estado con cargo á educación".

A GRATUIDADE DO ENSINO, UN DEREITO

Entre os profesores, o Sindicato Independente de Ensino Público ANPE indicou que de aplicarse a medida, raiaría a ilegalidade" pois aínda que o artigo 27.4 da Constitución só se refire á obrigatoriedade e gratuidade do ensino básico --educación primaria e secundaria--, no primeiro apartado do mesmo artigo declárase a universalidade do dereito á educación, ata agora garantida a través da gratuidade desta nos centros públicos, tanto nos niveis obrigatorios como non obrigatorios.
Por iso, ANPE pide ao Goberno que, "en lugar de suxerir novos recortes, coordine e lidere as políticas territoriais no ámbito educativo" e "derrogue inmediatamente o Real Decreto de axuste do gasto en Educación que castigou duramente ao sistema educativo".
Ademais, teme que, aínda que o estudo se refire ás ensinanzas universitarias e á educación de 0 a 3 anos, poida abrir a porta a estender o copagamento á educación infantil de 3 a 6 anos e ao bacharelato". Segundo apuntou, unha medida así representaría "un retroceso no nivel pleno de escolarización alcanzado en España na democracia" que xa se viu "agravado pola desaparición das bolsas e axudas ás familias con necesidades".
Ademais, o Sindicato propón ao Goberno que, antes de aplicar o copagamento nos niveis non obrigatorios, suprima "de inmediato" tanto a medida incluída na LOMCE pola que se legalizan os concertos aos centros privados de educación diferenciada, coma a cesión de chan público para construír centros de iniciativa privada.

ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición
de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,
educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos
con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.
DOG núm.102

A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición da comunidade educativa o borrador do decreto de Formación Profesional Básica para a implantación da LOMCE

FONTE: XUNTA DE GALICIA
O texto será enviado aos sindicatos do ensino e demais órganos de participación para recoller as propostas construtivas de cara ao seu enriquecemento
 
http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/05/13/06207946598c3d17bc151f82c963e11f.png A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon hoxe a través do seu web a disposición de toda comunidade educativa –órganos de participación e consulta, docentes, nais e pais e sindicatos do ensino– o borrador do novo decreto de FP Básica, adaptado á nova Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). O obxectivo é que os axentes implicados fagan propostas construtivas nas vindeiras semanas para o enriquecemento dos textos antes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

FP Básica, unha mellora cualitativa

No que atinxe á FP Básica, que substituirá aos actuais Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), terá unha duración de 2 cursos académicos, con 2.000 horas de formación, o que supón unha oferta máis completa respecto da existente ata este curso.
Así, ademais dos módulos profesionais específicos de Formación Profesional, haberá módulos comúns para toda a FP Básica, como o de Comunicación e sociedade –que inclúe Lingua galega e castelá, Lingua estranxeira e Ciencias sociais–, de Ciencias aplicadas –que abrangue Matemáticas e Ciencias–; así como formación en centros de traballo (FCT).
Cómpre lembrar que os novos estudantes da FP Básica acadarán ao remate dos seus estudos un título oficial que lles permitirá a súa inserción profesional, o que implica unha importante mellora cualitativa respecto dos PCPI.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporará no borrador os 21 anexos propostos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. En concreto, estes anexos corresponden a 14 títulos xa publicados e a 7 que, segundo informa o departamento ministerial, se incluirán en breve na oferta curricular.
 

A Mesa solidarízase co alumno ao que lle abriron un expediente a instancias de Galicia Bilingüe

O seu presidente, Marcos Maceira, afirma que "o exercicio da liberdade de expresión non pode ser causa de abertura dun expediente".


A Mesa pola Normalización Lingüística emitiu esta sexta feira (30 de maio) un comunicado de imprensa no que amosa a súa solidariedade co alumno do IES Breamo ao que a dirección do centro lle abriu un expediente a instancias de Galicia Bilingüe
Será esta segunda feira (2 de xullo) cando a profesora instrutora do expediente fixe a sanción para o alumno que podería supor un castigo leve como acudir á sala de estudo durante un tempo determinado ou, no caso máis extremo, a expulsión do estudante. Sexa como for, moitas son as voces que reclaman xa á Consellaría de Educación e ao propio centro que paralice e retire o procedemento sancionador por uns feitos que, coidan dende a Mesa pola Normalización Lingüística, deben enmarcarse no "exercicio da liberdade de expresión".
A segunda feira (2 de xuño) a profesora instrutora do expediente determinará a sanción a impor ao alumno
O alumno do IES Breamo, en Pontedeume, fotografouse xunto con outr@s compañeir@s cun cartaz en que podía lerse a lenda "Defender a lingua non é delito". Unha mostra de solidariedade cos encausados no xuízo #8f45anos e que penduraron nas redes sociais. Após recibir un comunicado da asociación Galicia Bilingüe a dirección do centro iniciou os trámites para sancionar a "conduta" do estudante a quen apuntou, segundo puido saber Sermos Galiza, de maneira directa a organización liderada por Gloria Lago.
Desde a Mesa afirman que "curiosamente" só se inician procesos deste tipo  contra "movementos sociais que se opoñen ás políticas do goberno, nomeadamente a defensa do idioma galego" mais non outros de índole diferente.
Para o seu presidente, Marcos Maceira, "as persoas que lexitimamente defendemos o idioma galego non somos delincuentes, polo contrario, demandamos o cumprimento efectivo e real do establecido, entre outra lexislación, na Lei de Normalización Lingüística ou no Plan Xeral de Normalización da lingua galega aprobadas por unanimidade no Parlamento Galego" polo que defenden a retirada do expediente.

"Nas clases de Lingua Galega e Literatura precisamos medios en galego e con óptica galega"

Anxo González Guerra é profesor no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e accionista e subscritor de Sermos Galiza. Con el falamos sobre as TICs e a necesidade de termos meios en galego.

Anxo González Guerra traballou en proxectos de docencia usando as TIC  (Premio á innovación educativa sobre os temas transversais. 2004, Xunta de Galicia). En 2013 foi premio Premio Nacional de Educación á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na docencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
-Levamos xa dous anos feitos no dixital e estamos a piques de os facermos no quiosque, como valora o proxecto xornalístico Sermos Galiza?
- Todos os xoves recibo o Sermos en papel e case todos os días lle boto un ollo ao dixital. Espero que siga así moito tempo e non sexa outro proxecto que acabou esmorecendo
- Vostede foi premio á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na docencia. Que posibilidades ve para o uso da imprensa dixital como ferramenta de aprendizado nas aulas?
- Véxoo imprescindíbel. Nas clases de Lingua Galega e Literatura precisamos medios galegos e con información desde a óptica galega, non simples xornais traducidos que reproducen as mesmas cousas de sempre
- Sermos é o único semanario en lingua galega, como ve a realidade da lingua na imprensa deste país?
- Bastante a ermo, por desgraza. Hai moito galego nas redes sociais, nos blogs pero non na imprensa tradicional.
- Na actualidade hai quen prognostica a desaparición dos textos xornalísticos impresos. Vostede que razóns daría para a permanencia da imprensa escrita en galego?
- Hoxe penso que deben convivir o papel e a Internet. Somos bastantes os que nos movemos pola rede a diario, mais tamén nos gusta sentar a ler o xornal en papel tomando un café ou na casa ao chegar do traballo