venres, 27 de setembro de 2013

Programa de axudas de emerxencia social para familias 2013

A Fundación Barrié, en colaboración con Cáritas renova por quinto ano o Programa de Axudas de Emerxencia Social  dirixido a familias afectadas pola situación de “nova pobreza” xerada pola actual crise económica.

Obxectivos e recursos

A Fundación Barrié, no marco da súa actuación en servizos sociais destinou dende o ano 2009 1.500.000 euros a este programa, dos cales 300.000 corresponden ao ano 2013, que como os anteriores xestionan as Cáritas Diocesanas de Galicia, baixo a coordinación de Cáritas Española.
En virtude dun convenio de colaboración, asinado entre a Fundación Barrié e Cáritas Española, a Fundación márcase como obxectivo axudar ás familias afectadas pola crise económica. Pola súa banda, Cáritas achega os seus recursos humanos e infraestruturas para a xestión e concesión destas axudas.
Toda a información en Fundación Barrié de La Maza

Ningún comentario:

Publicar un comentario