martes, 3 de setembro de 2013

O SLG advirte do descenso das rendas polos gastos escolares

O Sindicato Labrego Galego (SLG) asegura que as familias do rural con fillos verán reducidas "aínda máis" as súas rendas polo incremento dos gastos persoais. O comunicado do sindicato nacionalista tamén indica que o custo do servizo de comedor "se dispara ata 976 euros, mentres que a escola infantil pode saír por 2.585 euros ao ano, facendo inaccesibles estes servizos numerosas familias que viven no campo,".

Ningún comentario:

Publicar un comentario