mércores, 25 de setembro de 2013

Moitos pais e profesores non están preparados para a evolución 3.0


A aula Cemit de Lalín acolle esta tarde, de 16.00 a 20.00 horas, un curso polo sistema de videoconferencia que tratará sobre as "solucións educativas 3.0". O seminario, dirixido a directores, xerentes, xerentes ou responsables TIC de colexios e aulas de formación, intenta mostrar aos responsables destes centros solucións tecnolóxicas innovadoras que permitan achegarlles ao alumnado os contidos educativos dun xeito máis eficaz, seguro e motivador. Alberto Viz é o coordinador da aula Cemit del Concello de Lalín.
-Cal é o sistema utilizado para este novo curso da aula Cemit de Lalín?
-A videoconferencia permite levar a cabo este tipo de seminarios onde contaremos cunha fiscal, un comandante do departamento de delitos informáticos da Garda Civil e un representante dunha das redes sociais máis estendidas por todo o mundo. Hai que recordar, tamén, que segue aberto o prazo de inscrición do seminario que terá lugar o xoves, 26 de setembro, de 16:00 a 20:00 horas, tamén na aula Cemit, sobre o uso de internet e redes sociais para menores.
-Espera que o curso cumpra co seu obxectivo previsto?
-Búscase concienciar pais e titores non só sobre o uso indebido das redes sociais de internet por parte dos pequenos, se non tamén dos perigos inherentes a todos estes dispositivos tipo videoconsolas e demais que tanto gustan aos nenos de hoxe en día. Ao meu formáronme na aula durante unhas 20 horas e o problema é que os pais, ás veces, non se decatan que calquera dispositivo é un risco para os seus fillos.
-É partidario dun control estrito por parte dos pais para evitar problemas dos seus fillos en internet ou coa utilización das redes sociais?
-Non creo que a cuestión sexa tanto controlar ou restrinxir o tempo aos fillos coma saber en que están e a que idade empezaron, por exemplo, en Facebook, Twitter ou Tuenti, por exemplo. Hai unha frase que me quedou gravada ao respecto que di que actúes nas redes sociais coma se tiveses a túa nai agregada como amiga.
-Non cre que esta revolución tecnolóxica se nos pode ir das mans nun futuro?
-Eu compároo un pouco co que pasou coa droga, que cando a xente se informou diminuíron o número de adictos á heroína. Agora fai falta moita información porque moitos pais e profesores non están preparados para esta evolución tecnolóxica 3.0, e iso si que é un problema.
-Non deberían incrementar a vixilancia, tamén, os propios responsables do negocio das redes sociais mundiais?
-Melloraron moito porque, por exemplo, Tuenti é pioneira niso e está en contacto permanente coa Garda Civil. O que pasa é que é imposible chegar a todas as partes. Temos tamén o problemas dos pederastas en internet ou o ciberacoso que os propios nenos efectúan a través da rede que son moi difíciles de atallar. Ten en conta que as pegadas non se eliminan e, no caso das fotos, quedan sempre aí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario