martes, 3 de setembro de 2013

400 estudantes da Universidade da Coruña terán que devolver as bolsas

O reitor da UDC di que “están contra as cordas” por culpa das políticas impostas polo Goberno e considera “razoábeis” as protestas do alumnado contra os recortes no sistema de axudas.

Arredor de 400 alumn@s da Universidade da Coruña terán que devolver -se poden- as becas recibidas por non teren superado a metade dos créditos, segundo desvelou o reitor da UDC, Xosé Luís Armesto, nunha entrevista coa axencia Europa Press, na que tamén se amosou partidario da dimisión do ministro do ramo, José Antonio Wert.
Armesto indica que “vai ser un problema para @s que teñan que devolver o diñeiro por culpa das políticas regresivas do Goberno”, contra as que dixo entender as mobilizacións estudantís. Así mesmo, recoñeceu as importantes diferencias coa Xunta de Galiza respecto ao financiamento ou a Lei de Universidades, “que pouco achega”. “Sen financiamento é difícil ter universidades líderes a nivel mundial”, explicou. “Estamos contra as cordas polos recortes, xa case non temos marxe de actuación”, engadiu o reitor coruñés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario