mércores, 25 de setembro de 2013

A Marea Verde convoca unha consulta cidadá pola Educación Pública

A Plataforma Estatal pola Escola pública espera que a acollida sexa "masiva" por parte da cidadanía e que se mostre así o "rexeitamento" da sociedade aos recortes e políticas educativas do Partido Popular.

A Plataforma Estatal pola Escola Pública puxo en marcha este luns a 'Consulta Cidadá Por la Educación'. Esta campaña, que durará ata o próximo 13 de outubro, espera recoller "millóns de firmas" da cidadanía para impedir que se "impoñan" o proxecto de Lei de Mellora da Calidade do Ensino (LOMCE), o decreto de bolsas e os recortes en Educación promovidos polo ministro de Educación, José Ignacio Wert.
A Plataforma, integrada por FETE-UGT, CEAPA, Sindicato de Estudantes, MRP, CGT, EAPA, FAEST e FE-CC.OO, pretende demostrar "o rexeitamento masivo da cidadanía" ás políticas educativas despregadas polo Goberno de España. Así o explicou o voceiro da Federación de Ensino de CCOO, Francisco García, quen declarou que nas dúas primeiras horas por Internet (www.consultaciudadanaporlaeducación.org) xa houbo máis de 2.000 firmas e se espera que "a participación sexa masiva".
Da mesma forma que xa fixera a Marea Branca pola defensa da Sanidade Pública, a Marea Verde pide que o Goberno "retire os recortes educativos e o anteproxecto de lei inxusta que é a LOMCE", ademais, pretenden que "de marcha atrás" no decreto de bolsas. De feito, varias asociacións xa recorreron esta medida ante o Tribunal Supremo e, en palabras do voceiro de UGT, "outras vano facer nos próximos días".
Poden votar todas aquelas persoas maiores de 14 anos ata o próximo 13 de outubro
A Plataforma colocará mesas en barrios e colexios para que todos aquelas persoas maiores de 14 anos poidan votar se apoian ou rexeitan os recortes educativos ou se apoian ou rexeitan as políticas educativas do Partido Popular. Unicamente será necesario un número de identificación e ter ou ser maior desa idade establecida.
A partir dos 14 anos, na Educación Secundaria Obrigatoria, "os rapaces e rapazas que están nos institutos están a ver como lles faltan profesores, que non se cubriron as substitucións, que empezaron o curso e non teñen profesor polo tanto poden opinar de primeira man de cuales son as consecuencias destas políticas educativas", explicou Francisco García.
Todos os representantes das diferentes organizacións e sindicatos tiveron palabras para o ministro de Educación. Segundo o vicepresidente de CEAPA, Jesús Salido, Wert "non" é un interlocutor válido e non ten formas nin modais para ocupar o cargo que ocupa" polo que " non é un bo exemplo para ter a carteira de Educación no Goberno español". Para a Secretaria Xeral do Sindicato de Estudantes, Ana García, o ministro "non" pode dar un paso nun centro público sen que haxa protestas o que reflicte o fondo malestar desta sociedade".
"Wert non pode saír do despacho sen ser increpado", expresou Francisco García
Respecto á non aparición do ministro na inauguración do curso universitario en Aragón, Francisco García declarou que "Wert xa non pode saír do despacho sen ser increpado polos cidadáns deste país". Ademais, confirmou que o tiñan preparada "unha festa de aniversario desas que lle gustan tanto". Esas palabras do representante de CCOO refírense ao cualificativo que o propio ministro lle proferiu ás protestas dos cidadáns nas rúas españolas.
A representante do Sindicato de Estudantes, declarou que "hai que responder ás provocacións deste ministro como cando dixo que en Chile e en México as protestas son moito máis masivas e que as nosas lle dan ganas de rir". Segundo Ana García, " se está demostrando na práctica que non é así" e que, dende o seu sindicato poñerán os medios necesarios para facer unha "folga á chilena se é o que é ministro quere".
A campaña de recollida de firmas irá seguida doutras accións, ademais da Folga Xeral convocada para o próximo mes de outubro e a marcha por Madrid do mes de novembro. Así mesmo, o compromiso da Plataforma é que, unha vez recollidas as papeletas, sexan entregadas ao propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy, no Pazo da Moncloa. A organización explicou que pedirán audiencia a Rajoy e, se este non lles recibise, buscarían outras fórmulas para que cheguen ao Executivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario