venres, 27 de setembro de 2013

Participa da marcha contra a LOMCE en Compostela

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da cal forma parte a nosa organización, convoca unha marcha a Santiago este sábado, 28 de setembro, que terá como reivindicación fundamental a exixencia de que o Goberno central retire a LOMCE.
Para a Marcha, a Plataforma ofrece autobuses desde diferentes comarcas. Os puntos de saída (aos que chegarán os autobuses) son:
  •  A Ponte da Rocha
  • Inmediacións do CEIP Lamas de Abade
  • Polígono do Tambre (rúa Boisaca)
  • Monte do Gozo
Destes lugares sairase a pé ás 10:30 en dirección á Praza de Praterías, na que se fará ao final (cara  ás 12h) un acto reivindicativo.
Animamos ao estudantado e á cidadanía en xeral a participar desta marcha para amosar unha vez máis o rexeitamento do pobo galego á lei da Wertgoña.
*Podes botarlle un ollo ao manifesto da plataforma clicando aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario