Máis de 700 actividades, repartidas por toda Galicia e dirixidas a rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, integran este ano o programa Bocaberta, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzou en Santiago de Compostela. A natureza das actividades de Bocaberta 2010-2011 responde aos intereses dos nenos e dos mozos e cobre un amplo abano de tipoloxías. As dirixidas aos adolescentes están relacionadas coa música pop, coa literatura fantástica, coas tecnoloxías da información e da comunicación ou coa banda deseñada. Para os máis pequenos, o programa Bocaberta ten música, teatro, monicreques e maxia.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1575
http://www.xunta.es/linguagalega/bocaberta
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
martes, 19 de outubro de 2010
venres, 15 de outubro de 2010
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA FANPA
3º PREMIO EN POSITIVO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE PONTEVEDRA -FANPA- PARA A ANPA AGROMAR (GRACIAS A COLABORACIÓN E Ó TRABALLO DE TODOS).
Pódese ver o traballo presentado na seguinte ligazón:
http://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/3_PREMIO_POSITIVO.pdf
Pódese ver o traballo presentado na seguinte ligazón:
http://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/3_PREMIO_POSITIVO.pdf
xoves, 7 de outubro de 2010
O Observatorio da Cultura Galega presenta un informe que indica que se frea a perda de galegofalantes
Na última década, o galego está a conter a súa perda de falantes e estase incrementando o número de persoas bilingües. O crecemento do número de falantes monolingües en castelán estase a frear.
No transcurso dos XII Encontros para a Normalización Lingüística tamén se adiantaron datos provisionais sobre actitudes. O informe, que será publicado nos vindeiros meses, recolle aspectos moi variados sobre a actitude dos galegos cara á lingua e percorre aspectos como a normativa, ensino, administración e vida política, toponimia ou bilingüismo. A primeiras conclusións indican que os galegos entenden que a Xunta, a familia e a escola son os piares da protección do idioma.
Máis información en:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17514
http://consellodacultura.org/observatorio/files/2010/09/datos_basicos_sobre_o_galego.pdf
http://consellodacultura.org/?p=2657
http://consellodacultura.org/observatorio/files/2010/09/actitudes_linguisticas.pdf
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/politica-linguistica-da-xunta-2003-2008-conseguiu-frear-gran-caida-galegofalantes/idEdicion-2010-09-23/idNoticia-592735/

Eu camiño pola lingua
A Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, a Concellaría de Voluntariado e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, promove a realización do camiño de Santiago pola lingua, que se realizará os días 10, 17, 24 e 31 de outubro. Trátase de facer o Camiño de Santiago pola Vía da Prata por etapas, durante catro domingos de outubro, co fin de reivindicar o galego nas aulas, na administración, nas empresas, nos xulgados, nos medios de comunicación; cos pais, cos fillos, cos amigos, cos compañeiros de traballo; para vivir, para sentir, para soñar…
As persoas interesadas en facer o camiño pola lingua poden anotarse para facer unha ou varias etapas nos números de teléfono 988 218 123 ou 639 519 242, ou no enderezo electrónico amencer@amencer.org
Máis información en:
http://www.amencer.org/index.php?option=com_content&view=article&id=272:cspolalingua&catid=12:informacion-xuvenil
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=707&desc=camino_pola_lingua

xoves, 23 de setembro de 2010
Segundo o STEG, a pesar de que o 40% dos pais e nais das cidades galegas indicaron que os seus fillos son galegofalantes, só o 12% recibirán o primeiro ensino na nosa lingua
A principios de curso, o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) realizou unha consulta ao centros de educación infantil e primaria co obxectivo de saber os resultados da pregunta sobre a lingua materna das fillas e fillos en infantil. “Preguntamos nos centros das sete grandes cidades de Galiza xa que estas contornas son as que sofren a maior perda de falantes na nosa lingua”, puntualizan nunha nota.
Os resultados, aínda sen contrastar pola Consellería de Educación, amosan que os nenos galegofalantes das cidades teñen menos posibilidades de ser escolarizados na súa lingua materna ca os castelanfalantes.
Máis información en:
http://www.stegsindicato.org/stegopina/10_11/enquisa_lingua_materna_infantil.htm
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/aproveitan-prexuizos/idEdicion-2010-09-16/idNoticia-590558/
http://www.xornal.com/artigo/2010/09/16/politica/so-centros-infantil-das-cidades-educa-cativos-galego/2010091600211400959.html

O TSXG denega tomar medidas cautelares contra o Decreto
Nun auto do 13 de setembro de 2010, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita suspender cautelarmente a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia. O TSXG tomou esta decisión no marco do recurso presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística contra o citado texto.
A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria fixo público un comunicado no que indica que “volve a quedar demostrada que a normativa impulsada pola actual administración, responde ás peticións da sociedade e mantén en vigor o Decreto”. Pola súa banda, Carlos Callón, presidente da Mesa, retrucou que unha resolución pola que se denegan unhas medidas cautelares “non fornece o decretazo de ningún verniz de legalidade”.
Máis información en:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/tsxg-denega-tomar-medidas-cautelares-decreto/idEdicion-2010-09-16/idNoticia-590559/
http://www.galiciae.com/nova/62470.html
http://www.xornal.com/artigo/2010/09/16/politica/tsxg-rexeita-frear-aplicacion-do-decreto-pedia-mesa/2010091600211600162.html
http://www.anosaterra.org/nova/49733/o-tsxg-rexeita-a-suspension-do-decreto-.html
http://www.edu.xunta.es/web/node/1428
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1717

mércores, 8 de setembro de 2010
Política Lingüística asinou diversos convenios de colaboración para favorecer a promoción da lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) favorece a extensión da lingua galega no ámbito universitario a través da colaboración coa Universidade da Coruña, coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Universidade de Vigo.
Así mesmo, a SXPL e o PEN Club de Escritores de Galicia reafirmaron a súa vontade de cooperar na promoción e difusión da lingua galega. Con este fin, ambas as entidades asinaron un convenio que inclúe a realización de diversas actividades.
A Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental e o departamento que dirixe Anxo Lorenzo asinaron un convenio no que se establece a colaboración de ambas as entidades para avanzar na incorporación da lingua galega ao sector socioeconómico.
E a SXPL e a Fundación Carlos Casares colaboran a prol da dinamización do uso do galego a través dun convenio de colaboración que inclúe diversas iniciativas. No marco deste acordo, a entidade organiza ciclos de conferencias, seminarios, exposicións e diversas publicacións.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1504
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1505
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1492
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1499

xoves, 2 de setembro de 2010
Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma
Orde do 26 de agosto de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 3º e 4º de educación primaria e en educación secundaria obrigatoria no curso escolar 2010/2011.
Pódese ver a convocatoria na seguinte ligazón:
http://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/axudas_libros_texto_cidioma_10-11.pdf
Pódese ver a convocatoria na seguinte ligazón:
http://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/axudas_libros_texto_cidioma_10-11.pdf
luns, 12 de xullo de 2010
O Defensor do Pobo español recoméndalle ao Tribunal Constitucional revisar a xurisprudencia de cooficialidade lingüística
O Defensor do Pobo considera "desexable" dispoñer dun pronunciamento do Tribunal Constitucional que "actualice, confirme ou revise" a xurisprudencia en materia de cooficialidade lingüística.
Máis información en:
http://www.adn.es/politica/20100627/NWS-0129-TC-Defensor-Pueblo-cooficialidad-linguistica.html
Máis información en:
http://www.adn.es/politica/20100627/NWS-0129-TC-Defensor-Pueblo-cooficialidad-linguistica.html
A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta premia os mellores debuxos sobre a “maxia” do galego
A Biblioteca Municipal de Ponferrada acolleu a entrega de galardóns dos V Premios Xarmenta de Debuxo, un certame que promove a Asociación Berciana da Lingua “Xarmenta” e que está dirixido ao alumnado de lingua galega do Bierzo.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1466
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1466
Anxo Lorenzo incide na importancia da transmisión familiar do galego na clausura do curso de Preescolar na Casa
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, fixo fincapé na importancia de favorecer a transmisión interxeracional do galego durante a clausura do curso 2009-2010 da Fundación Preescolar na Casa, que tivo lugar en Lugo.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1472
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1472
venres, 2 de xullo de 2010
ESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO OU DUNHA NENA NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN GALEGO
Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de infantil.
Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo. Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na educación infantil.
Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino igualitario e de calidade.
Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil a que cubran o seguinte formulario e o remita ao enderezo da nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 1º dereita, 15705 Santiago de Compostela.
Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos (que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan constancia.
Este documento está pensado para todas as familias que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego.
Ademais pedimos a todas as nais e pais que respondan á pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillos, senón en que lingua falan as nais e pais.
O escrito tamén é posíbel descargalo en: http://docs.google.com/a/queremosgalego.org/Doc?docid=0ARMH60yFpjKqZGNndGR4andfMjJna3Btdm1kbQ&hl=pt_PT
AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN
Dona/Don
...
.
nai/pai/titor-a de
....
.........................................
alumna/o do curso
.........
, no centro
.............................................................,
con enderezo a efectos de notificación en ...................................................................................
Comunícolle a miña solicitude para que se me comuniquen as medidas pedagóxicas que se van adoptar para que a miña filla / o meu fillo aprenda en galego, reforzando e afianzando o noso idioma propio.
A escola segue a ser unha institución fortemente castelanizante e a experiencia indica que, sen unha atención específica, os nenos falantes de galego perden o seu idioma, mesturándoo caoticamente nun xeito de castrapo que afecta gravemente á fixación da lingua. O resultado é que a nena ou o neno infravalora o seu idioma e acaba por abandonalo.
Pola súa banda, todos os estudos oficiais demostran que os nenos que entran na escola falando castelán non conseguen as competencias comunicativas en galego, pois a lingua propia continúa a estar desfavorecida a nivel social. Se xa antes existía este problema, co decreto 79/2010, esta situación agrávase, pois non se ofrecen as garantías para unha docencia mínima na lingua propia da nosa sociedade.
A Lei de normalización lingüística, que desenvolve o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, sinala que o galego é tamén lingua oficial do ensino en todos os tramos educativos (art. 12) e que as autoridades arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego (art. 13). Ademais, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, ratificada polo Estado en 2001 e que forma parte do noso ordenamento xurídico constitucional, sinala no seu artigo 8 que os poderes públicos deben promover un modelo educativo con garantías para a lingua propia. Así mesmo, aínda que o decreto 79/2010 vulnera o dereito a unha formación escolar en galego, conculcando así dereitos lingüísticos individuais e colectivos, sinala no seu artigo 5 que se procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas oficiais, mais sen determinar como.
Por todo isto, SOLICITO:
1. Que se me informe por escrito das medidas pedagóxicas que se van adoptar para que a miña filla / o meu fillo aprenda en galego, reforzando e afianzando o noso idioma propio.
2. Que se me garanta o dereito a dispor dun ensino en galego na etapa educación infantil, de acordo coa art. .8.1.a.i da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias e co disposto no art. 13.1 da Lei de normalización lingüística.
3. Que se me informe das medidas concretas de atendemento individualizado que a miña filla / o meu fillo vai recibir en lingua galega, de acordo co que o artigo 5.3 do decreto 79/2010 estipula.
Non reclamo estas medidas exclusivamente en beneficio da miña filla / do meu fillo. Teño en consideración que a lingua galega é patrimonio de todas e todos e, por tanto, tamén dos seus compañeiros e do profesorado. O esforzo especial que se faga desde a escola en favor da nosa lingua propia perseguirá un beneficio colectivo e non individual.
Atentamente. Asdo.
A plataforma Queremos Galego chama á “rebelión cívica” fronte ás cancelas ao galego en Infantil.
Queremos Galego censura o “malgasto” de 5 millóns de euros “en atacar o galego” e achega un manifesto de nais e pais en prol do idioma.
Máis información en:
http://www.vieiros.com/nova/79976/chamamento-a-rebelion-civica-fronte-as-cancelas-ao-galego-en-infantil
http://www.anosaterra.org/nova/46919/campana-dos-pais-a-prol-do-galego-en-infantil.html

Educación prohibe os programas infantís de inmersión nas cidades.
A consellería comunicoulles a 47 centros educativos que non poderán continuar con este modelo de aulas no vindeiro curso, aínda que os pais as demanden. Denunciouno STEG (Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza), que lembra que xa no ano pasado a consellería optara por eliminar as axudas económicas para un modelo que tenta favorecer que os máis cativos que teñen un nulo contacto coa lingua propia de Galicia poidan telo polo menos nas escolas. Esta inmersión foi aprobada como posibilidade polo Goberno de Manuel Fraga en 1995 e logo desenvolvida polo decreto de 2007 do bipartito.
Máis información en:
http://www.vieiros.com/nova/80000/educacion-prohibe-os-programas-infantis-de-inmersion-nas-cidades
http://www.xornal.com/artigo/2010/06/17/politica/xunta-prohibe-inmersion-galego-nas-escolas-das-cidades/2010061622320900298.html
http://www.anosaterra.org/nova/47093/os-endl-denuncian-que-educacion-non-respecta-os-pais.html

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)