Nun auto do 13 de setembro de 2010, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita suspender cautelarmente a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia. O TSXG tomou esta decisión no marco do recurso presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística contra o citado texto.
A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria fixo público un comunicado no que indica que “volve a quedar demostrada que a normativa impulsada pola actual administración, responde ás peticións da sociedade e mantén en vigor o Decreto”. Pola súa banda, Carlos Callón, presidente da Mesa, retrucou que unha resolución pola que se denegan unhas medidas cautelares “non fornece o decretazo de ningún verniz de legalidade”.
Máis información en:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/tsxg-denega-tomar-medidas-cautelares-decreto/idEdicion-2010-09-16/idNoticia-590559/
http://www.galiciae.com/nova/62470.html
http://www.xornal.com/artigo/2010/09/16/politica/tsxg-rexeita-frear-aplicacion-do-decreto-pedia-mesa/2010091600211600162.html
http://www.anosaterra.org/nova/49733/o-tsxg-rexeita-a-suspension-do-decreto-.html
http://www.edu.xunta.es/web/node/1428
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1717
Ningún comentario:
Publicar un comentario