A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) favorece a extensión da lingua galega no ámbito universitario a través da colaboración coa Universidade da Coruña, coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Universidade de Vigo.
Así mesmo, a SXPL e o PEN Club de Escritores de Galicia reafirmaron a súa vontade de cooperar na promoción e difusión da lingua galega. Con este fin, ambas as entidades asinaron un convenio que inclúe a realización de diversas actividades.
A Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental e o departamento que dirixe Anxo Lorenzo asinaron un convenio no que se establece a colaboración de ambas as entidades para avanzar na incorporación da lingua galega ao sector socioeconómico.
E a SXPL e a Fundación Carlos Casares colaboran a prol da dinamización do uso do galego a través dun convenio de colaboración que inclúe diversas iniciativas. No marco deste acordo, a entidade organiza ciclos de conferencias, seminarios, exposicións e diversas publicacións.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1504
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1505
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1492
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1499
Ningún comentario:
Publicar un comentario