venres, 2 de xullo de 2010

Educación prohibe os programas infantís de inmersión nas cidades.

A consellería comunicoulles a 47 centros educativos que non poderán continuar con este modelo de aulas no vindeiro curso, aínda que os pais as demanden. Denunciouno STEG (Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza), que lembra que xa no ano pasado a consellería optara por eliminar as axudas económicas para un modelo que tenta favorecer que os máis cativos que teñen un nulo contacto coa lingua propia de Galicia poidan telo polo menos nas escolas. Esta inmersión foi aprobada como posibilidade polo Goberno de Manuel Fraga en 1995 e logo desenvolvida polo decreto de 2007 do bipartito.
Máis información en:
http://www.vieiros.com/nova/80000/educacion-prohibe-os-programas-infantis-de-inmersion-nas-cidades
http://www.xornal.com/artigo/2010/06/17/politica/xunta-prohibe-inmersion-galego-nas-escolas-das-cidades/2010061622320900298.html
http://www.anosaterra.org/nova/47093/os-endl-denuncian-que-educacion-non-respecta-os-pais.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario