Ángeles Parrila é profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo no campus da Xunqueira.
A catedrática Ángeles Parrila, profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, foi recoñecida pola asociación portuguesa Pro-Inclusao polo seu compromiso coa educación inclusiva e igualitaria, nun acto en Lisboa, con motivo da celebración do VIII congreso de ISEC (Inclusive and Supportive Education Congress).Parrila recibiu unha das medallas ao mérito profesional outorgadas por Pro-Inclusao na apertura do congreso, no que se reuniron case 600 expertos académicos de máis dunha trintena de países.
A catedrática agradeceu o recoñecemento desde o punto de vista persoal, pero tamén como "plataforma para amplificar e facer visible2 a necesidade de crear "unha escola e unha sociedade mellor, máis solidaria, inclusiva e reflexiva". Ademais, recordou que este galardón debe ser tamén un premio aos "esforzos" de profesionais, familias e educadores que traballan en favor dunha educación "sen exclusións de ningún tipo".
Pro-Inclusao entrega as súas medallas cada dous anos e, na edición deste 2015, premiou a tres representantes do mundo do ensino en Portugal, á catedrática Ángeles Parrila, ao británico Seamus Hegarty e á brasileira María Teresa Mantoan.
Grella compaxina o seu labor docente coa dirección da rede de investigación CIES, e a coordinación do programa de doutoramento interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario