A actividade "Estamos no verán!!!" pecha no concello pontevedrés do
Grove a súa xira no programa de dinamización lingüística FalaRedes que a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través
da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva aos concellos da Rede
de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. O músico Xoán
Curiel e a banda Son+d2 completan así os 18 concertos programados na
presente edición.
Máis información na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario