A
nova edición do encontro galego para a mocidade seareira das novas
tecnoloxías, Xuventude Galicia Net, desenvolverase no mes de
setembro, entre os días 18 e 20, no recinto Feira Internacional de
Galicia Abanca, en Silleda. Segundo fai saber a entidade financeira,
o obxectivo é “converter a xuntanza na meirande party
informática” da nosa terra. Como era de agardar, pois xa estamos
en agosto, o encontro xa está a facerse notar na Rede. De feito,
veñen de activarse as súas contas en Facebook
e Twitter, e a vindeira
semana farao a web oficial, xuventudegalicia.net.
O
evento, que como lembraremos vai pola súa 15 edición, artéllase
unha vez máis en dúas contornas-escenarios: a intranet
e a extranet.
A primeira delas disporá de 1.200 prazas para comnputadores con
dereito a acampada no interior do pavillón. Estará reservada aos
inscritos, os cales poderán participar en exclusivos torneos con
reparto de premios.
A
outra das zonas, a extranet, acollerá “un completo programa
con múltiples actividades”, sinalan os organizadores. A ela,
engaden, “poderán acceder tanto os inscritos coma os visitantes
que acudan ao recinto”. Contará con zona de videoxogos con
consolas de última xeración, competicións, obradoiros, xogos de
mesa e área de karting.
Na
edición de 2015 esta LAN party
contará tamén cun pequeno espazo expositivo complementario con
presenza de empresas e entidades do sector da informática e o lecer
electrónico, no mesmo pavillón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario