Poucos meses antes coñeciamos tamén que a
ata entón Secretaria de Estado para a Educación, a multimillonaria
Montserrat Gomendio, número dous á fronte do Ministerio de Educación e
actual esposa de Wert, era nomeada directora xeral adxunta da OCDE en
París. Agora é a Wert a quen o goberno do PP recompensou cunha
"xubilación" prácida en París xunto á súa muller, lonxe do ruído das
manifestacións e os apupos públicos pola súa política de destrución da
educación pública.
O destino da parelliña na cidade do amor está situado na Avenue Foch, unha das rúas máis caras da capital francesa, rodeada doutras embaixadas. Consiste nun "modesto" piso de 500 metros cadrados cuxo aluguer, a cargo das arcas do Estado, é de 10.000 euros mensuais máis gastos de representación. Ademais, teñen dúas persoas como persoal de servizo permanente e un coche oficial con chofer. Neste piso de luxo é onde van pasar a súa verdadeira "lúa de mel" Wert e Gomendio, estes dous inimigos da educación pública afeitos a unha vida de abundancia e confort. Non nos podemos esquecer que Montserrat Gomendio ten un patrimonio valorado en máis de 14 millóns de euros herdanza dos grandes negocios da súa familia durante o franquismo.
Tras levar á práctica o ideario do PP en canto a educación refírese, de ter defendido a capa e espada os intereses dos empresarios e banqueiros que sacan tallada da privatización da educación pública, cando o PP ve o final dos seus días á fronte do goberno a Wert chegoulle o premio por soportar as 20 folgas xerais de estudantes convocadas polo Sindicato de Estudantes contra a LOMCE e o 3 +2, as mobilizacións da Marea Verde que lle acompañaron dende a súa chegada ao Ministerio, as apupadas en galas e todo tipo de cerimonias, os desplantes dos estudantes nas entregas de premios, os asubíos e o rexeitamento nas rúas, fóra onde fóra, ata nas praias de Eivissa durante a súa viaxe nupcial.
É un escándalo que os que padecemos día a día os recortes en educación, a falta de bolsas, a falta de prazas na FP, a suba bestial das taxas universitarias, os institutos e colexios que caen por falta de investimento, a falta de oportunidades para acceder a un traballo digno, teñamos que asistir a este vergonzoso premio, pagado por certo con diñeiro público, co que Mariano Rajoy e os seus mandamases, os grandes empresarios deste país, queren pagar os servizos do seu ex ministro e a súa ex conselleira de Estado de Educación: un retiro dourado en París, levándose máis de 10.000 euros mensuais e vivindo a todo luxo.
Os mozos e estudantes do Estado español que nos mobilizamos en infinidade de ocasións, que organizamos folgas, manifestacións e todo tipo de protestas, que fixemos de Wert e Gomendio, dous cadáveres políticos dos que o PP se desfai a dous días das eleccións xerais, somos moi conscientes do que o retiro destes dous personaxes completamente deostados significa, que é a fuxida daqueles dentro do goberno que desgastou a mobilización. Unha mobilización da que dende o Sindicato de Estudantes estamos moi orgullosos de ter contribuído e cuxo compromiso con esta cada día é máis forte. Wert, non te vas, botámoste!

Ningún comentario:
Publicar un comentario