O Colexio salienta que máis da metade do gasto “programado, porque logo está o executado realmente”, está destinado ao AVE e partidas vencelladas coa alta velocidadePara Capeáns, “o discurso do Goberno indicando o carácter social destes orzamentos non reflicte a realidade”, pois non se volve sequera a niveis anteriores "que aínda que sendo mellores, tamén eran claramente insuficientes”. Os e as profesionais “vemos día tras día a saturación dos servizos sociais, cun incremento da demanda do 70% dende 2011, e vemos que as axudas son escasas e insuficientes”, di. O Colexio Oficial de Traballo Social indica que o Plan Concertado, a partida coa que o Estado cofinancia con autonomías e concellos os centros municipais de servizos sociais, foi conxelada por terceiro ano consecutivo, logo de sucesivas rebaixas, un 70% nos últimos cinco anos. E demanda, en consecuencia, “aumentar esta partida pola súa importancia estratéxica para o mantemento da rede pública de servizos sociais”. Marta Capeáns destaca neste senso que os centros municipais, “son a porta de entrada ao sistema, e a través de elas solicítanse axudas como o da dependencia ou as rendas mínimas”.
No ámbito da dependencia, o COTSG subliña que o incremento de 75 millóns proposto non será suficiente. No ano 2015 esta partida conxelouse, a pesar da entrada de máis de 310.000 dependentes máis que ata o de agora non tiñan dereito a axudas, ao que hai que engadir outras 130.000 persoas, con graos máis elevados de dependencia, que están en lista de espera.
"Estamos deixando ao Estado de Benestar para volver á beneficencia”, conclúe a presidenta do COTSGOs e as profesionais de referencia no sector do social levan anos denunciando un cambio de modelo. “A responsabilidade publica do Estado e das administracións estase derivando ao terceiro sector" -din- "que debe ser complementario". "Estamos deixando ao Estado de Benestar para volver á beneficencia”, conclúe a presidenta do COTSG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario