No continente hai máis de 10 millóns de moradas sen habitar e 4,5 millóns de persoas sen teito. Desas vivendas baleiras, 300.000 están no noso país, o 3% do total. En poboación apenas somos o 0,5% da UE.
Nunha reportaxe The Guardian poñía cifras a unha desas fendas que atravesa Europa e que asumimos sen nos perturbar: Dez millóns de casas baleiras mentres 4,5 millóns de persoas carecen de teito. Unha fotografía propio do 'nonsense'. Un dado completa esta imaxe: na Galiza hai un total de 299.396 vivendas baleiras segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representa o 18,6% do total das existentes no noso país -1.606.001-. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español.Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en Galiza en case un 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2011 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un medre do 22,3 por cento.
En Galiza temos a metade de vivendas baleiras que no Reino Unido. E as mesmas que en toda GreciaMedidas diferentes
Así pois, hai case 300.000 vivendas baleiras en Galiza, o que significa que de cada 100 vivendas baleiras que hai en Europa, 3 están no noso país. Unha porcentaxe altisima, sobre todo se consideramos que somos apenas o 0,5% dos habitantes da Unión Europea. En Galiza (2.731.000 habitantes) temos en casas baleiras a metade das que hai en Reino Unido (64.500.000 habitantes).
A diferencia do que acontece en Galiza e no Estado español, na maior parte dos estados da Unión Europea teñen políticas e medidas que, quer incentivan plans e proxectos (rehabilitación, aluguer...) para que esas vivendas se usen; ou quer 'punen' que as vivendas estean sen habitar. O que non permiten e que a situación se enquiste e afonde na 'patoloxía urbana' que xa denuncian desde certos sectores.
En Holanda a lei permite ocupar unha vivenda que leve sen habitar máis dun ano, en Francia pódense requisar aquelas que leven baleiras máis de 18 meses e en Alemaña a administración pode proceder a demoliciónsEn Reino Unido, segundo sinalaba Público nunha reportaxe de hai meses, a lei contempla a posibilidade de incautación de edificios que estiveron baleiros durante meses. En Francia existen taxas a impoñer aos propietarios de vivendas -só persoas xurídicas- que estean sen usar. E se levan baleiras máis de 18 meses poden sr requisadas por un prazo máximo de 6 anos.
Mais a listaxe é máis completa: en Holanda é legal 'okupar' edificios ou vivendas que leven baleiras máis dun ano. Só se devolve ao propietario se este se compromete -e cumpre- a que non vaia ficar baleira (alugándoa, vendéndoa...). En Alemaña, a administración pode proceder a demolicións naqueles concellos onde máis do 10% das vivendas están sen ocupar. En Galiza, lembremos, a porcentaxe de vivendas sen habitar anda á beira do 20%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario