Máis alá das grandes cifras, algúns puntos concretos dos Presupostos Xerais do Estado presentados este martes impactan directamente no peto e nas condicións de vida dos cidadáns. Estes son algúns deles:
IRPF. O ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, prometeu este martes unha nova baixada do imposto da renda "en canto haxa marxe presupostario" da que, non obstante, non hai nin rastro nas contas públicas. A última rebaixa deste imposto que se aplicou este ano devolveu, basicamente, a carga do imposto a onde estaba antes de que o Goberno de Rajoy tomase o poder, a finais de 2011, e aprobase unha recarga extraordinaria de ata sete puntos porcentuais nos tramos de maior renda.
Suba mínima das pensións. As pensións contributivas e non contributivas subirán o 0,25% en 2016, o mínimo legal. Esta suba é idéntica á do ano pasado.
Os funcionarios gañarán un 1% máis. Tal e como Facenda anunciou a semana pasada, o soldo dos funcionarios subirá un 1% en 2016. Este incremento é o primeiro dende 2010, cando o entón Goberno socialista recortou un 5% os salarios na función pública. Dende entón, as súas nóminas permaneceron conxeladas.
Moi pouco máis diñeiro para bolsas. Os fondos destinados a bolsas soben, pero moi pouco: apenas un 0,2% en 2016. Aínda que os Presupostos non inclúen unha mención específica á contía de cada unha das axudas ao estudo, o gasto global destinado a Educación sobe sobre todo en Secundaria. haberá máis axudas para libros.
Base de cotización máis alta. O Goberno subirá un 1% a base máxima de cotización, que pasará de 3.606 a 3.642 euros ao mes. Este aumento afecta directamente aos soldos máis altos.
O Iprem, conxelado. O Indicador Público de Rendas con Efectos Múltiples (Iprem), de referencia para a concesión de bolsas, axudas públicas, subvencións, subsidios por desemprego ou asistencia xurídica gratuíta, manterase en 532,51 euros mensuais (6.390,13 euros anuais en 12 pagas ou 7.455,14 en 14). É o sexto ano consecutivo no que se mantén conxelado. O Goberno, non obstante, deixa a porta aberta a unha potencial suba ao longo do ano.
Taxas aeroportuarias máis baixas. O Goberno baixa nun 1,9% as taxas aeroportuarias a partir do próximo 1 de marzo. Aínda que esta medida non impacta directamente no peto dos consumidores, as aeroliñas adoitan repercutir este descenso, parcial ou totalmente, nas tarifas finais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario