O emprendedor galego
Adrián Rodríguez vén de pór en marcha unha innovadora e pioneira
iniciativa na Rede que, entre outras cousas, subministra aos
internautas emoticonas xeométricas. O servizo chámase Emoji
& Face e segundo nos conta Adrián, é a única aplicación
do mundo centrada neste tipo de caracteres empregados para a nova
comunicación en liña. A súa ferramenta, sinala, marca pois un
antes e un despois no ámbito das emitoconas, non só por centrarse
especificamente en achegalas, senón tamén por apostar polos
xeométricos, símbolos que en significado e implicacións van alén
do coñecido até o de agora e que adoptan múltiples, variadas e
innovadoras feituras: triángulos, cadrados, pentágonos, hexágonos,
rombos ou estrelas, “dando vida a personaxes de distintas culturas
e razas”.
Segundo conta Adrián
sobre a orixe do seu proxecto, “as emoticonas convertéronse nunha
parte fundamental da comunicación, de feito, hai estudos que as
sitúan como algo beneficioso no servizo de atención ao cliente para
as empresas e outros que as relacionan coa vida sexual de quen os
usa”. Ademais, afirma, “estes caracteres son en si mesmo unha
forma de comunicación”. Porén, era preciso renovalos, adaptalos
aos novos tempos e ampliar as súas implicacións reflectindo a
variedade do mundo que os sustenta.
“Con Emoji & Face”,
informa Adrián, “queremos ir máis aló das formas doadas e
sinxelas que coñecemos e tentar recoller a diversidade do mundo”.
Así, di, “hai faces máis alargadas ou máis cadradas, con estilo
hípster ou máis clásico, de distintas razas e culturas...
Todo isto reflíctese nas emoticonas que deseñamos”. Como dixemos,
outro dos obxectivos foi recoller e reflectir a realidade social na
que vivimos, e é por iso polo que se incluíron parellas de gais,
lesbianas e heterosexuais así como parellas de distinta raza,
cultura ou estilos de vestir. “O noso obxectivo non é cambiar algo
que funciona senón achegar algo novo ao que xa está constatado como
un éxito”, explica o impulsor da iniciativa.
Toda esta variedade nas
formas e nos significados ten ás súas costas “un longo traballo
de programación”. Porén, o resultado foi máis que positivo,
explican Adrián e o seu equipo, que din “sentirse orgullos dos
resultados acadados porque desta maneira temos máis detalle e non
precisamos reducir as facianas cando queremos facer unha emoticona
dunha parella ou un bico”.
A app xa está dispoñíbel
en Apple Store e permite compartir os caracteres con calquera usuario
a través de todas as ferramentas de mensaxería, redes sociais e
correo electrónico. Ademais, conta cun teclado de balde para iPhone
que permite ter todas as emoticonas dispoñíbeis desde calquera
aplicación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario