O profesorado dos cursos CELGA foi despedido tras presentar
reclamacións ante a Inspección de Traballo por “traballar sen contrato e
sen Seguridade Social”.
A parlamentaria do BNG, Ana Pontón reclamou hoxe na Comisión de
Educación e Cultura celebrada no Parlamento galego, “a dimisión de
Valentín García” ante o conflito laboral creado pola secretaría xeral de
Política Lingüística que despediu ao profesorado dos cursos
preparatorios CELGA.
A deputada explicou que a Inspección de
Traballo sancionou á Xunta de Galiza pagar as contías adebedadas á
Seguridade Social, tras ser presentada unha demanda dos traballadores
reclamando os seus dereitos laborais e acusou ao titular de Política
Lingüística de “crear un novo problema deixando a moita xente no paro”.
Os
cursos de ensino galego para persoas adultas “ non comezaron con
normalidade” afirmou a deputada que alertou ademais da presentación de
máis reclamacións, e “todo por despedir pola porta de atrás a
traballadores e traballadoras que reclamaban os seus dereitos laborais”.
A
deputada lembrou que no mes de xaneiro foi publicada a listaxe
provisional do profesorado colaborador para impartir os cursos como se
viña facendo durante trinta anos, e agora que hai unha sentenza que
recoñece os dereitos laborais destes traballador@s, “vostedes deciden
despedilos”.
Para a deputada os despedimentos responden a unha
“persecución da Xunta de Galiza” que está a pisotear os dereitos da
lingua galega e os dereitos básicos dos traballadores.
Vostedes
tiveron propostas dende o ámbito sindical para solucionar este problema
pero cerráronlles a porta para non atender as reclamacións, censurou a
nacionalista.
A secretaría Xeral de Política Lingüística estase a
converter “nun instrumento represor do galego e dos traballadores que
reclaman os dereitos laborais”, afirmou Pontón.
Pola súa parte,
Valentín García negou “revanchismo e persecución do profesorado” e
asegurou que a Xunta agardará ao remate do proceso xudicial para tomar
unha decisión.
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
venres, 11 de abril de 2014
Reclaman a Feijóo un código ético para os cargos públicos do PP e que deixe en paz a traballadores/as da administración
A Área pública da CIG, conxuntamente con CCOO e UGT plantan a xuntanza convocada pola administración para falar do Código “Patético”
A CIG, CCOO e UGT, con representación na
Mesa Xeral da Función Pública de Galiza compareceron esta mañá en rolda
de prensa para manifestar o seu rotundo rexeitamento ao Código Ético
presentado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Denuncian que
o PP pretende desviar a atención dos casos de corrupción no que están
implicados cargos públicos do seu partido e provocar confusión respecto
das súas responsabilidades coas do persoal das administracións públicas.
María Carme López Santamariña, portavoz da Área Pública da CIG,
que cualificou o Código de “Patético”, denunciou que o anuncio de
Feijóo é puramente propagandístico. Para a Área Pública o Presidente da
Xunta é tamén o máximo responsábel do PP, un partido que ten a numerosos
cargos imputados e que porén, non está a actuar atendendo a criterio
ético ou moral algún ao mantelos no seu posto sen facer que dimitan nin
cesalos. Entende que, polo tanto, se alguén ten que aplicar un código
ético é o propio Partido Popular.
López Santamariña denunciou ademais a pretensión de Feijóo de sementar confusión a respecto das responsabilidades derivadas do desempeño dos cargos. Considerou que o que está a alimentar a corrupción é a privatización de empresas e servizos públicos e subliñou que quen pode tirar beneficios destas privatizacións ou concesións son, en todo caso, os cargos políticos. Xunto a isto, sinalou que o PP ten a numerosos representantes institucionais imputados por diferentes causas, entre as que mencionou a operación Pokemon e que, porén, neses casos non se adopta medida algunha. Xunto a isto engadiu que “para estes cargos non existe ningún réxime disciplinario e neste Código Ético tampouco se estabelecen nin responsabilidades, nin consecuencias legais derivadas das posíbeis actuacións ilegais destes cargos”.
Fronte a isto denunciou que o Código Ético equipara as responsabilidades destes representantes institucionais coas das traballadoras e traballadores da administración pública galega, cando o desempeño do seu traballo depende das decisións políticas e cando “nós si temos estabelecido un réxime disciplinario e procedementos de control para o noso traballo”.
Por iso afirma que é “inadmisíbel” que se traten de mesturar responsabilidades nun “burdo intento de desviar a atención sobre as/os verdadeiros responsábeis tratando de implicar ás/aos traballadores nun novo intento de desprestixiarnos diante da opinión pública”.
Plante á xuntanza coa administración
As organizacións sindicais anunciaron tamén que non asistirían á xuntanza convocada pola administración para esta mesma mañá para tratar sobre este asunto, entendendo que non teñen nada que negociar. Estas organizacións, con presenza na Mesa Xeral da Función Pública galega remitiron un escrito á Xunta de Galiza no que resumen as razóns polas que rexeitan a convocatoria desta xuntanza.
Comunicado remitido á Xunta de Galiza
“As centrais sindicais CIG,CCOO e UGT, con presenza na mesa xeral de negociación do persoal da Xunta de Galicia, comunican que non van a participar na xuntanza a que nos teñen convocado o día 09 de abril, ás 12:30h. sobre o borrador do "Código ético institucional".
Entendemos que con este anuncio feito de maneira tan propagandística e con tanta presenza nos medios de comunicación, que o único que se pretende, por parte da administración e do goberno galego, é desviar a atención dos múltiples casos de corrupción nos que están implicados numerosos cargos institucionais do PP en Galicia, contra os que, non se adopta ningún tipo de medidas sancionadoras, nin se producen dimisións.
Igualmente denunciamos o ridículo intento de implicar ao persoal que traballa na administración pública, sinalando que é intolerábel intentar desviar a atención e apuntar directamente ao mesmo como culpábeis dos escandalosos casos de corrupción.
Consideramos que, precisamente, as políticas privatizadoras e de desmantelamento dos servizos públicos é o principal foco de corrupción e solicitamos o cese de estas políticas. A vez , que solicitamos que por parte da administración e do Goberno Galego se garanticen uns servizos públicos de calidade e universais con xestores públicos non políticos.
Como moi ben se lembra, no propio borrador que nos achegaron, xa exsiste normativa marco suficiente que nin a propia administración nin o goberno Galego están a aplicar nin facer cumprir. (Na páxina 29 do borrador remitido fan un relatorio de normativa de aplicación vixente a día de hoxe) , e a maiores de todo o que alí se expón, existe tamén xa normativa sancionadora de aplicación e que procede aplicar.
Por todo o anterior e, porque unha vez máis, o anuncio de este "Código ético institucional" xa está o suficientemente publicitado polo goberno da Xunta, é polo que as organizacións sindicais asinantes de esta comunicación non van a asistir á referida xuntanza, xa que non queremos ser cómplices da campaña propagandística e difamatoria na que queren e están a implicar aos traballadores e as traballadoras das administracións, entes, consorcios...etc de carácter público de Galicia”.

xoves, 10 de abril de 2014
O pobo da conciliación imposible
As familias de tres colexios de Porto do Son sen comedor escolar batallan por cambiar o anacrónico horario de clases e ter xornada continua
Son anos de batalla reivindicando sen éxito algo absolutamente normal na práctica totalidade das escolas galegas: a xornada escolar única. Pero en tres dos cinco centros de Educación Infantil e Primaria de Porto do Son (A Coruña) o anacrónico horario das clases, repartidas en tres horas pola mañá e dous pola tarde, non só divide e discrimina os pequenos desta localidade costeira de 9.600 habitantes senón que parte as vidas de 360 familias afectadas.E fai imposible calquera tipo de conciliación. Os colexios dos tres núcleos máis poboados do municipio -Porto do Son, Portosín e Xuño- carecen de comedor escolar, o que obriga a facer encaixe de palillos nas axendas domesticas para garantir o xantar dos 490 alumnos de entre dous e 12 anos que regresan ás súas casas a partir das 12.30 horas e deben estar de volta nas aulas ás 15 horas. E todo porque a Consellería de Educación, en prol da tan cacarexada austeridade e os recortes presupostarios, resístese a asumir o custo a maiores que supoñería ampliar o transporte escolar se se impón xornada única nesas tres escolas. As asociacións de nais e pais de alumnos non piden outra cousa que igualdade de oportunidades e condicións que nas outras dúas escolas da mesma localidade, as de Baroña e Nebra. Están unidas na súa protestas e decididas a ir mesmo ata o encerro nas aulas para lograr un horario sen particións ao mediodía.
Contan co unánime apoio de profesores e equipos directivos dos colexios. L mesmo do alcalde, Luis Oujo. É do PP, pero tamén pai de alumno e ante a recrudescencia das protestas familiares e a nula receptividade ou mesmo resposta da Xunta conseguiu esta mesma semana forzar a apertura de negociacións co xefe territorial na Coruña de la Consellería de Educación, Indalecio Cabana. Este último, aínda que molesto pola repercusión e presión das protestas, prometeu o martes dar en só tres días -mañá, venres- unha resposta, unha vez estudada e cuantificado o custo da implantación da xornada única. Permitiría a pequenos de tres anos, os que viven en Queiruga ou Nadela, a máis de media hora de traxecto dos seus colexios, non se ter que pasar a maior parte as 150 minutos que teñen para comer encerrados nun autobús.
"Sabemos que o tema é complicado porque necesita do esforzo de todos, das familias para adaptar horarios, da empresa de autobuses escolar e da Xunta", admite Sofía Sarela, voceiro da Anpa Santa Irene, o colexio do centro urbano de Porto do Son. Pero nada que non sexa imposible de implantar, " e de xustiza", subliña. Hai só dous anos, a Xunta renovou a concesión do transporte escolar en Porto do Son a Autos Comparados. Pero non variou un ápice as rutas, que datan de varias décadas cando a poboación era outra e tamén os centros escolares, con varias escolas unitarias e unha escola fogar xa desaparecidas dende hai anos. Os colexios de Nebra e Baroña, así como o único instituto de Porto do Son teñen xornada única e comparten o transporte escolar cos outros tres centros do municipio, Porto do Son, Xuño e Portosín. De implantarse a xornada única neses tres centros, os que concentran máis alumnos, faría necesario ampliar a frota de buses que garanten entre as 14 e as 15 horas a recollida dos escolares ao rematar as clases. Tampouco se está a falar dun custo inasumible, destacan as nais e pais de alumnos. Nuns 50.000 euros ao ano, segundo os cálculos da concesionaria, "que sempre é unha apreciación a tomar con cautela", precisa Sarela. En todo caso, ás familias, nas súas caceloradas de protesta, non se esqueceu recordar á Xunta que o custo a maiores do transporte escolar é unha cantidade ridicula ao lado dos 37 millóns de euros que decidiu gastar, sen que ninguén o reclame, para construír unha estrada de alta capacidade de sete quilómetros en Portosín, un núcleo saturado de vivendas tan só habitadas durante xullo e agosto. "Nós queremos corredoiras para os nosos nenos, nada de autovías que non serven para a poboación," apuntan as asociacións de nais e pais. Ofrecen multitude de propostas, rutas ou mesmo compartir o autobús entre os adolescentes do instituto cos pequenos de infantil para lograr o seu obxectivo. As protestas foron o único xeito de facerse oír. Agora esperan a que mañá, por fin, a súa demanda sexa atendida para o próximo curso.
O interese do portugués en Galicia, namora en Portugal
Galicia terá un 'novo dicionário galego de língua portuguesa' antes do verán. O secretario xeral de Política Lingüística amosa a súa confianza coa entrada na Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP).
A presentación do 'dicionário galego de língua portuguesa' este verán volveu ter un importante espazo nos medios informativos lusos. De feito, a RTP, a canle pública de Portugal, emitiu unha información destacando a importancia que este feito terá para os dous países.
A obra, con 150.000 vocablos, vai ser un dos "maiores e mellores diccionarios da lusofonía", segundo o seu autor, Angelo Cristóvão, presidente da Academia Galega de Língua Portuguesa (AGAL),
porque, ademais, terá contributos doutros países lusófonos. "O
português pode passar a ser a segunda língua estrangeira nas escolas",
comentan o jornalista Miguel Soares.
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, amosase confiado na integración de Galicia na Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP).
"Falta aínda por saber a opinión que o Estado español pode ter sobre
esta cuesión e tamén se a CPLP está disposta a ter a Galicia como membro
do seu seio".
Eduardo Maragoto, profesor de portugués na EOI de
Santiago, destaca o "fascinio" dasta lingua, que pode servir para
ampliar o mercado do traballo, especialmente, en Brasil.
Con todo, outro profesor, Jorge Gómes, queixase de que
este fascinio non é recíproco por parte dos portugueses. "Os galegos,
ás veces sentímonos un pouco orfos", conclúe.
A dimisión do Secretario de Política Lingüística, unha petición que se intensifica
No Parlamento e desde @s profesionais que traballan na normalización lingüística. A petición de cese do Secretario Xeral de Política Lingüística repítese polos pasos atrás para a nosa lingua, o desmantelamento das accións de normalización e, en especial, despois do conflito co profesorado despedido do CELGA.
A solicitude do cese do Secretario de
Política Lingüística, Valentín García, repetiuse esta cuarta feira no
pleno do Parlamento. Aconteceu na intervención da deputada do BNG, Ana
Pontón, que preguntou polo futuro laboral do profesorado despedido do
CELGA despois de reclamar os seus dereitos laborais
Ana Pontón cualificou de “moi grave”o despido do profesorado CELGA por parte da Consellaría de Educación, feito que, ao seu ver, incumpre “a lei e o respecto aos dereitos democráticos”. Reclamou a deputada nacionalista unha “rectificación” ademais de insistir na solicitude de cese do secretario xeral de Política Lingüística que xa reclamara no debate en Comisión. Como resposta, o conselleiro sinalou que optaran por convocar os cursos contratando novo persoal antes de que se resolvese o conflito laboral. Lamentou Ana Pontón que o secretario de Política Lingüística se manteña no seu posto malia ter recoñecido no Parlamento “a modificación das bases de contratación ante a demanda laboral do profesorado” e, como exemplo, puxo a dimisión dunha ministra do Reino Unido por fraude nunhas axudas.
Desmantelamento do proceso
A do BNG no Parlamento súmase á tamén recente solicitude de dimisión do Secretario Xeral de Política Lingüística solicitada desde a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística da que o propio Valentín García foi presidente.
“Despois do comezo co desmantelamento lexislativo, chegou o desmantelamento económico, técnico e humano. Unha xestión da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta que só pode ser entendida co obxectivo de desarticular o proceso de normalización da lingua galega”, denuncian desde a CTNL nun comunicado no que piden que Valentín García asuma responsabilidades políticas e presente a súa dimisión.
A Valentín García débeselle, segundo a CTNL, a desarticulación económica, técnica e humana do proceso de normalización, que ten o seu episodio máis recente no desmantelamento do sistema Celga, despois de que o seu antecesor e agora superior no cargo, Anxo Lourenzo tivese perpetrado o retroceso lexislativo na primeira etapa do goberno de Núñez Feijóo.
O desmantelamento económico cifrarías nun recorte nos recursos que quedarían reducidos a menos dun terzo do que a administración galega destinaba hai vinte anos. Do 0,43 % do orzamento no goberno de Fraga ao 0,06% actual do goberno de Feijóo con Valentín García á fronte da secretaría. O peche de moitos dos servizos de normalización é un dos exemplos da desfeita da política lingüística que continúa neste ano 2014 no que, a golpe do mes de abril aínda se descoñecen as axudas do SXPL.
“Un exemplo da procura da desarticulación do proceso de normalización lingüística témolo este ano do sistema Celga”, explica a CTNL nunha política que conduce á eliminación do persoal técnico do sistema e contribuír á parálise e mesmo o retroceso do proceso de normalización. “Ante estes feitos, ante a gravidade do desmantelamento económico, técnico e humano do proceso de normalización lingüística, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua consideramos que ao secretario xeral de Política Lingüística o único que lle queda por facer é presentar a súa dimisión”, conclúen.Con anterioridade, xa reclamaran o seu cese desde a CIG-Ensino, a Mesa e Queremos Galego.

mércores, 9 de abril de 2014
Os institutos galegos intensifican aproximación ao portugués
Alumnos de Cee practican o seu portugués en Coimbra. É o segundo ano que viaxan ao país veciño no marco dun programa educativo.
Por segundo ano consecutivo, os alunos do IES Fernando Blanco de Cee visitan Portugal.
Unha ocasión inmellorable para aprender os vínculos que nos unen co
país curmán, e que serven para dar conta do aprendido nas clases de
lingua portuguesa que imparte o mestre Serxio Iglesias e ás que se
apuntan voluntariamente.
Este curso non faltou a excursión, e un grupo de 35 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, acompañados polos profesores Serxio Iglesias e Manuel Canosa
realizaron unha viaxe de estudos a Coimbra. Estes estudantes asisten a
clases de lingua portuguesa que se imparten no IES Fernando Blanco no
marco das actuacións desenvolvidas no Contrato-Programa
para o logro da excelencia académica, asinado polo IES Fernando Blanco
coa Consellería de cultura co obxectivo de intensificar a aprendizaxe do
portugués.
O obxecto desta viaxe era ofrecer a oportunidade de que os estudantes practicasen os coñecementos de lingua portuguesa
adquiridos durante o curso e que tivesen un contacto directo con
estudantes portugueses da súa idade, ademais de visitar algúns lugares
de interese en Coimbra e outras localidades próximas.
Durante os días que durou a viaxe estiveron hospedados na Pousada da
Juventude en Coimbra, desde onde visitaron a Universidade, a Biblioteca
Joanina e realizaron unha visita de intercambio á Escola de Secundária Dona Infanta Cristina,
todas elas na cidade de Coimbra. Tamén tiveron a oportunidade de facer
excursións ás ruínas e ao museo de Conimbriga, á cidade de Aveiro, e á
localidade turística de Costa Nova do Prado, ao parque temático do
Portugal dos Pequenitos e á cidade de Porto cunha ruta en barco polo río
Douro.
Galicia Bilingüe, a fera ferida
Este coletivo foi a força de choque de umha oposiçom parlamentar que tencionava atacar o Governo por todas as vias e nem se importou em abandonar consensos préviosFoi durante a ditadura bipartida quando a associaçom Galicia Bilingüe apareceu nas capas de todos os jornais da Galiza. Naquele momento, este coletivo foi a força de choque de umha oposiçom parlamentar que tencionava atacar o Governo por todas as vias e nem se importou em abandonar consensos prévios em que participara o próprio PP na década de 90. Galicia Bilingüe foi protagonista: nas suas mobilizações participavam futuros conselheiros, futuros vice-presidentes, presidentes de cámaras municipais... Umha capacidade de influência potenciada por uns altifalantes mediáticos que interessadamente colocárom um suposto conflito e umha suposta discriminaçom como discurso central. Gloria Lago, líder do grupo, em só uns meses conseguiu o que outros nom atingírom em anos: entrevistas em televisom, rádios, jornais... muitos recursos e plataformas ao seu alcance e ao seu serviço.
De importante ajuda para atingir o objetivo de pisar tapete, GB tornou-se numha companhia incómoda e ruidosa que, abandonada e magoada, berra e precisa chamar a atençom de quem foi seu aliadoNum tempo no que a escolarizaçom das nossas crianças em galego era igual de complicada que agora, pudemos conhecer pais e mães que nom tinham oportunidade para educar os seus filhos em castelhano na… Corunha e Vigo!! Progenitores que se tinham que deslocar até à província de Samora para poderem comprar os livros de texto das suas filhas e filhos em língua castelhana. Realmente Galicia Bilingüe estava no centro do foco e tinha poder.
Mas os tempos mudam. E nem sempre som chegados. A centralidade e necessidade de GB para o PP foi desaparecendo e quem anteriormente nom tivo escrúpulos em acreditar em falsos conflitos, agora tem de gerir umha realidade que nom se corresponde com o mundo ficcional descrito polos bilingüistas. De importante ajuda para atingir o objetivo de pisar tapete, GB tornou-se numha companhia incómoda e ruidosa que, abandonada e magoada, berra e precisa chamar a atençom de quem foi seu aliado, de quem tirou proveito dela. Que estejam a cumprir os pontos básicos do seu roteiro nom lhe avonda: é por isso que a sua procura da divisom e do conflito se centra agora em denúncias mediáticas, como a recente contra a equipa de dinamizaçom lingüística do Conservatório de Santiago, centrada na sua responsável, Isabel Rei.
Curiosa associaçom que se diz bilingüe e pola igualdade mas que no seu site só recolhe denuncias contra o galegoCuriosa associaçom que se diz bilingüe e pola igualdade mas que no seu site só recolhe denuncias contra o galego. Curiosa associaçom que habitualmente reclama contra medidas estimuladoras e a favor da língua galega e que agora pretende impor a umha equipa de dinamizaçom como é que tem que fazer o seu trabalho. Se o seu protesto fosse para reclamar algum tipo de material em castelhano, a sua linha habitual, poderia até enquadrar na sua peculiar lógica. Mas, neste caso, quem tem apreço zero polo galego pretende impor a quem trabalha com a nossa língua como esta deve ser entendida e interpretada. Onde durante anos hom houvo nengum tipo de problema, pretendem criar a divisom, apesar de que o grande valor por explorar da nossa língua é a sua capacidade de servir como factor multiplicador e mais-valia para toda a cidadania galega.
Cumpre manifestar contundentemente o nosso apoio e solidariedade com quem é acossada vilmente por ser conseqüente com esta visom universal, abrangente e integradora da língua
Frente a este discurso do ódio à língua própria da Galiza existe umha cidadania ativa e consciente que percebe que como galegas e galegos temos umha característica única que nos distingue de outros povos. Somos a única realidade nacional que tem capacidade de comunicar nas duas línguas romances mais pujantes e estendidas no mundo. Temos formaçom para comunicar em castelhano e, de maneira natural, comunicamos em galego, o nosso português. Utilizamos a língua para unir, para reforçarmos a nossa coletividade, para abrirmo-nos ao mundo para chegarmos a ser universais a partir do próprio. Mas nom para dividir ou para tentar esquecer a nossa raiz. Cumpre ser firmes e rejeitar os argumentos de quem procura umha Galiza já nom galega, cumpre mostrar que a nossa língua, além de principal símbolo da nossa identidade, é umha riqueza. E cumpre manifestar contundentemente o nosso apoio e solidariedade com quem é acossada vilmente por ser conseqüente com esta visom universal, abrangente e integradora da língua.
Miguel Penas
A Xunta condena á irrelevancia as axudas para editar libros escolares en galego
En setembro de 2004 Alberto Núñez Feijóo xa sentaba no Consello da Xunta.
Era, concretamente, vicepresidente do Goberno que presidía Manuel
Fraga, o mesmo que promoveu a elaboración do Plan Xeral de Normalización
da Lingua Galega que recibiu o visto e prace unánime do Parlamento nese
mesmo mes. Entre outras moitas medidas o PXNL instaba o Goberno a
"garantir unha oferta de materiais didácticos de calidade" en galego. En
2006 a coalición de PSdeG e BNG elevou a rango legal aquela
recomendación, establecendo na Lei do Libro e da Lectura que a Xunta
tería que "potenciar a produción editorial en galego mediante unha liña
de axudas que asegure a existencia dunha oferta suficiente de materiais
didácticos naquelas áreas en que a lexislación educativa determine que a
lingua galega sexa a vehicular da súa aprendizaxe". Oito anos despois, aquelas axudas están reducidas á mínima expresión.
O Diario Oficial de Galicia publicou este martes a orde coa que a Consellería de Educación convoca a orde de subvencións para a edición en galego de recursos didácticos curriculares. O departamento de Jesús Vázquez dota estas axudas cunha partida orzamentaria de 150.000 euros, un 40% menos que en 2013, cando o importe ascendeu a 250.000 euros. A caída é significativa a respecto do ano pasado pero convértese en espectacular ao botar a vista atrás, nomeadamente, ata a posta en marcha das axudas, no ano 2008. Neste caso, a caída supera o 85%.
A dilación do ano 2011 serviulle á Xunta como argumento para non convocar as axudas en 2012. Cando regresaron, en 2013, perderan 50.000 euros máis e xa contaban só cos devanditos 250.000 euros. Neste 2014, entre mensaxes sobre recuperación económica e a fin dos "sacrificios", a liña descendente mantense, "sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias".

As axudas, obrigatorias por lei, desplomáronse máis dun 85% dende o retorno do PP á XuntaNa súa primeira edición estas axudas estiveron dotadas con 1,05 millóns de euros e en 2009 aconteceu o mesmo. En 2010, cos primeiros orzamentos de Feijóo en vigor, Educación comezou a facer funcionar a tesoira e deixou a dotación en pouco máis de 500.000 euros. Un ano máis tarde, en 2011, Política Lingüística convocou as axudas por 400.000 euros e tras varios meses de dilación suspendeu a convocatoria amparándose no "necesario equilibrio de ingresos e gastos". O Goberno prometeu volvelas convocar e así o fixo, pero restándolles 100.000 euros máis, ata os 300.000.
A dilación do ano 2011 serviulle á Xunta como argumento para non convocar as axudas en 2012. Cando regresaron, en 2013, perderan 50.000 euros máis e xa contaban só cos devanditos 250.000 euros. Neste 2014, entre mensaxes sobre recuperación económica e a fin dos "sacrificios", a liña descendente mantense, "sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias".
martes, 8 de abril de 2014
"Hai anos había un par de colexios mal. Hoxe son todos"
Federación de Anpas de Compostela
As anpas denuncian servizos estragados, persianas rotas, goteiras e auga nos patios
"Hai uns anos podería dicir que había un par de
colexios que estaban bastante mal. Hoxe a administración conseguiu que
bastante mal esteamos todos". O presidente da Federación de Anpas de
Compostela, Fernando Lacaci, referíase así á situación na que están os
centros públicos de infantil e primaria de Santiago, despois de "un par
de anos sen facer absolutamente nada" en labores de mantemento
ordinario. "Unha pingueira pequena acábase convertindo nun chorro de
auga", o que é neste momento un dos problemas máis frecuentes, xunto con
"váteres que non pódense utilizar, persianas que non pechan e patios
con auga e suciedade".
Aínda que as Anpas recoñecen que co Concello existe
unha "comunicación fluída", tamén denuncian que non se converte en
actuacións. Cun orzamento de 350.000 euros para obras en 2014, a estas
alturas do ano "actuouse non Monte dous Postes e non López Ferreiro",
pero o resto seguen á espera de que o Concello saque a concurso, en
bloque, o servizo de mantemento. "Dános igual ou sistema, ou que
queremos é que vos problemas se arranxen".
Dozón aprende a estudar
Unha ducia de alumnos chegan a participar no primeiro programa municipal extraescolar, que se clausura mañá no colexio
Un programa de cooperación da Xunta permitiu ao
Concello de Dozón poñer en marcha o seu primeiro programa municipal de
apoio extraescolar. Ata unha ducia de alumnos chegou a participar neste
seminario de técnicas de estudo, impartido dende novembro pola pedagoga
María Jesús Vázquez e que finaliza mañá.
A iniciativa partiu da pedagoga e psicopedagoga María Jesús Vázquez,
contratada mediante unha bolsa autonómica durante seis meses, dende o
pasado novembro. A súa proposta foi aceptada polo Concello de Dozón e
consistiu nun seminario de técnicas de estudo impartido os luns e
mércores, de 16 a 17.30 horas o primeiro día e ata as 19 o segundo. Mañá
será a última sesión do programa, que é gratuíto e remata con oito
alumnos inscritos, dos 35 matriculados este curso no CEIP Pío Cabanillas
Gallas.Dende o Concello informouse os profesores e os pais, a través do Anpa, antes do inicio da actividade, que nas súas primeiras sesións chegou a congregar unha ducia de alumnos. María Jesús Vázquez dividiu as clases en dous niveis: Iniciación, para nenos de 6 a 9 anos, e avanzado, para os de 10 a 14. "Os contidos non se traballan da mesma forma con nenos de 6 anos que cos de 10 ou 12", comenta esta moza profesional de Dozón. Aínda que, ao final, pola redución do número de alumnos, chegou a unificar os dous grupos.
Os contidos do seminario estiveron centrados na organización do tempo e do lugar de estudo, a lectura comprensiva e a velocidade lectora, atención, memoria, relaxación, subliñado, esquema, resumo e como actuar ante un exame (antes, durante e despois). "En xeral, aumentaron o esforzo, porque hoxe en día os nenos están afeitos a que se lle dén todo feito -explica Vázquez-. Vexo que agora traballan máis", que "adquiriron o hábito de estudar, que era o meu principal obxectivo,".
Mañana será a última sesión deste proxecto, pioneiro en Dozón. E luns e martes da próxima semana haberá actividades lúdicas de 10.00 a 14.00 horas.
O Goberno esquiva a FP básica por un ano cunha formación transitoria
Mantén o criterio de acceso do programa anterior e non o baixa aos 15 anos
Unha das primeiras cuestións que Euskadi, ao igual que o resto de comunidades autónomas, ten que aplicar debido á entrada en vigor da lei Wert en setembro, o primeiro curso da nova Formación Profesional (FP) básica, non arrancará en setembro. O Goberno publicou este luns no Boletín Oficial do País Vasco unha reforma do currículo da educación básica para introducir unha figura nova que sortea o escollo da FP básica polo menos por un curso, a Formación Transitoria Integrada.Con este modelo, Euskadi dáse un curso de prazo adicional para a aplicación das primeiras aplicacións prácticas da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). A razón esgrimida volve a ser que é "imposible" implantar a nova etapa de FP a estas alturas do curso, cando a preparación do seguinte está moi avanzada, non se aprobou a normativa propia e tampouco se adaptaron as subvencións aos centros que impartirían esa nova FP básica.
O primeiro curso desa nova etapa de FP correspóndese con outro itinerario, o dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). Estes estiveron dirixidos aos mozos entre 16 e 18 anos que non lograron o graduado escolar -en casos excepcionais, permítese a entrada con 15 anos-, o mesmo colectivo ao que se dirixe o modelo transitorio. A FP básica, en cambio, arranca con carácter xeral aos 15 e abarca ata os 17 anos, e foi criticada por ser entendida como unha "maquillaxe" dos datos de abandono escolar temperán, moi elevados en España, mentres que Euskadi xa ten resultados mellores que os que a LOMCE formula para 2020.
Os PCPI foron creados coa idea de que, en dous anos, reciban formación máis práctica, orientada a un oficio pero tamén a adquirir destrezas básicas e tratar que logren ese título. Estes desaparecen por lei -o primeiro ano faino dende setembro, mentres que o segundo curso se suprimirá no seguinte- e, en Euskadi, os que tiñan intención de entrar nese itinerario poderano facer co nome de Formación Transitoria Integrada.
É, na práctica, o mesmo que os PCPI, impartido nos mesmos centros e con obxectivos moi similares, aínda que enunciados regulamentariamente doutro xeito. Dende Educación lanzan unha mensaxe de "tranquilidade" ás familias, que poderán facer a matrícula como habitualmente, e aos centros, aos que remitirán instrucións para adaptarse á nova situación. Este paso intermedio da formación transitoria débese a que, aínda que o argumento que emprega é o temporal, o Goberno vasco teme que a nova estrutura afecte aos resultados da FP, porque a básica facilita o acceso aos graos medio e superior, o que podería impulsar que os mozos cheguen menos preparados a eses niveis.
Isto podería rematar, ao final do percorrido, a nunha perda de competitividade das empresas que reclaman profesionais ao sistema de FP vasco, recoñecen dende a viceconsellaría de FP. O obxectivo é agora crear decretos propios que superen a lexislación estatal para que Euskadi poida manter o nivel que logrou o seu sistema de FP, tomado como referencia pola Comisión Europea, e o dos programas para os que teñen dificultades de lograr o graduado. Os responsables destes últimos remarcan que en torno a un terzo dos alumnos dos PCPI acaba conseguíndoo.
luns, 7 de abril de 2014
Os patróns dos ' profes '
A falta de motivación e formación dos docentes é un lastre da educación española.
Nas crónicas de Le Monde nas que se daba conta estes días do perfil dos novos ministros franceses dicíase o xoves pasado que Benoît Hamon, nomeado responsable da carteira de Educación, pasaba de ser un antigo líder estudantil a converterse en "xefe dos profesores". É unha descrición que quizais pola descentralización estatal nunca tivésemos utilizado en España. E, non obstante, é a mellor definición que oín nunca dun responsable político de Educación. Porque o piar fundamental do ensino é xustamente o profesorado e creo que estamos faltos de políticos que adopten ese papel: o de ser o patrón dos profesores, o de ocuparse deles, de organizar convenientemente o seu traballo porque deles depende a calidade educativa dos cidadáns.É unha evidencia o inmenso peso que exerce un profesor na educación dos alumnos. Un bo docente é unha xoia. Detrás da boa aprendizaxe dunha materia, aínda da máis complexa, sempre hai un bo profesional capaz de motivar os alumnos, de espertar o seu interese, de abrirlles os segredos da ciencia que imparte. Por iso, é esencial que os profesores estean motivados e apoiados e que teñan acceso á formación permanente. É, non obstante, un dos flancos débiles do sistema español.
O penúltimo informe PISA da OCDE, centrado nas habilidades matemáticas dos alumnos de 65 países, explicaba sobre España que os profesores están pouco motivados e que a colaboración entre os docentes é pouco frecuente. Pola contra, o último informe PISA sobre as habilidades para resolver de xeito creativo problemas cotiáns, dado a coñecer a pasada semana, sinalaba que nos países mellores na táboa (Xapón e Singapore, por exemplo) os profesores reciben apoio institucional permanente para seguir formándose, ademais de gozar de gran liberdade.
España segue demorada, por debaixo da media, na calidade educativa, a pesar de aumentar o presuposto neste capítulo dende 2003 de xeito importante. Pero aquí os responsables políticos adoitan poñer máis énfase en grandes leis, clases de catolicismo ou centralismo educativo que en coidar os seus profesores. Pola contra, hai políticos -imposible esquecer as bancadas de Esperanza Aguirre contra os mestres- empeñados en destruír a súa imaxe e recortar salarios e equipos. Rara vez se ocupan da súa formación e os seus problemas. Di a secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, que o noso problema é que se abusa do sistema memorístico. Non pode ser doutro xeito cando os profesores fan unha carreira e ocupan a praza cunha mera oposición. A este respecto, o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, propoñía hai un par de anos un sistema de selección e de formación permanente para os profesores, o que foi simplificado como un sistema MIR para os docentes e nunca se debateu en profundidade. Típico.
Ata agora, demostrouse imposible o consenso político sobre a Educación. Pero xa sería moito que polo menos os responsables políticos deste asunto se sentisen patróns dos profesores. A bo seguro que lograrían melloras.
"A Xunta leva anos querendo desfacerse do Celga, é un ataque contra a lingua"
Docentes dos cursos de formación para adult@s en lingua galega advirten que o conflito que manteñen coa Xunta de Galiza non é só laboral. Afirman que a postura da Administración galega constitúe "unha agresión contra a lingua" e unha "revancha" contra eles por defenderen os seus dereitos.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, tentou en sesión parlamentar --inquirido polo BNG-- reducir o conflito co profesorado do Celga a un "problema laboral", o que contrasta coa visión que teñen @s profesionais da formación para adultos en lingua galega, para quen a actitude da Xunta de Galiza reflicte "absolutamente" unha agresión contra a lingua. A intención da Xunta, advirten, "é prescindir da formación en lingua galega dentro do posíbel" pois, "a oferta que hai actualmente é ridícula"."Este foi o último punto, mais desde a Secretaría Xeral levan anos querendo desfacerse da formación para adultos en lingua galega", salientan desde o colectivo de docentes. Á redución do número de cursos e recursos que vén padecendo o Celga desde hai anos súmase agora o despedimento dunha boa parte do profesorado especialista que os impartía. Un litixio que podería custar caro á Consellaría de Educación após resolvérense as denuncias presentadas pola CIG-Ensino nas provincias de Lugo e Ourense.
Un conflito "caro" para a Xunta
Á espera de que a Inspección de Traballo adopte unha posición en relación ao persoal destas dúas demarcacións e de se pronunciar tamén en relación aos cursos de linguaxe específica e tribunais de avaliación, a suma que deberá abonar a Consellaría ascende a 200.000 euros de sanción por manter de maneira irregular o profesorado durante anos. "Durante os últimos anos estabamos sen Seguridade Social e non nos daban de alta. Simplemente tiñamos obriga de facer declaración da renda mais ningún tipo de dereito", explican @s docentes.
"Durante os últimos anos estabamos sen Seguridade Social e non nos daban de alta"Porén, a inspección foi taxativa na súa resolución e non só recoñeceu a existencia dunha relación contractual entre a administración e o profesorado do Celga, senón que obrigou a dar de alta @s traballador@s, algunhas delas con até 20 anos de antigüidade. Mais, en troca de dar de alta @s empregad@s, O goberno galego botoun@s á rúa.
A "revancha" de Valentín García
"A Xunta as veces que nos reunimos, a título individual ou através dos sindicatos, non quixo recoñecer a nosa relación laboral. Dicía que eramos profesorado colaborador. En ningún momento tivo intención de negociar ou falar con nós. E, aliás, recorreu a resolución da inspección de Traballo, renegando de nós como traballadoras, malia que o informe di que somos persoal traballador da Consellaría de Educación e, no concreto, da Secretaría Xeral de Política Lingüística", subliñan.
E como pano de fundo, a actitude do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. "Dixo expresamente nunha xuntanza que mantivo con Anxo Louzao [secretario xeral da CIG-Ensino] e un representante do profesorado que isto era unha revancha. Que nos tiña avisado. E que ía evitar que nós traballasemos pois teñen como obxectivo eliminar o noso colectivo", denuncian.
"Nunha xuntanza Valentín García dixo expresamente que isto era unha revancha"Esquirois
A actitude da Xunta e do propio Valentín García é para @s docentes do Celga "represiva" e, aliás, "caciquil". Neste senso, lembran que sen faceren públicas as listaxes de docentes que impartirían os cursos "ofertáronlle o noso traballo a persoal con praza asignada e uns ingresos". Persoal, apuntan, que estaba chamado a non aceptar a oferta en solidariedade co colectivo de docentes despedido. Porén, malia o éxito da campaña desenvolvida pola CIG-Ensino nos centros de traballo e coa que conseguiron que a maior parte d@s profesor@s de Lingua e Literatura galega rexeitasen a proposta da Xunta, houbo quen decidiu impartir as aulas.
"Iso ten unha palabra que é esquirol", enfatizan ao tempo que denuncian a falta de formación na materia por parte dalgunhas desas persoas. "Hai profesorado que aceptou impartir os cursos que nen sequera coñece os métodos de avaliación e dificilmente poden preparar ao alumnado en 2 meses para adquiriren as competencias necesarias. O alumnado fica nunha indefensión total". Cuestión que tamén lles preocupa.
Aliás, desde o colectivo de docentes do Celga salientan que a situación actual deixou "a moitos de nós" non só "sen emprego" senón tamén "sen ningún ingreso".
venres, 4 de abril de 2014
A Confederación de Anpas Galegas critica o modelo de banco de libros anunciado polo conselleiro de Educación
Considera que é "un parche incorrecto non tratamento dá gratuidade do ensino"
A Confederación de Anpas Galegas fixo público un
comunicado no que critica o modelo de banco de libros anunciado polo
conselleiro de Educación no Parlamento de Galicia o pasado 25 de marzo.
Sostén que "non é máis ca un parche incorrecto non tratamento dá
gratuidade do ensino". «Rexeitamos ás referencias feitas na mesma
comparecencia sobre 'a creación dun banco de libros para aqueles que ou
necesitan' [...] porque volve incidir non concepto de diferenzación
entre vos 'necesitados' e vos que non ou sexan, nunha catalogación que
consideramos incorrecta e á que lle voltamos a opoñer a necesidade dun
ensino gratuíto para todos», manifesta a confederación. O vicepresidente
das anpas galegas, Fernando Lacaci, valora positivamente que a
consellería non vaia obrigar a cambiar os libros de texto pola LOMCE,
«así como que entenda a innecesariedade de adaptar ningún material aos
novos currículos xa que 'hai marxe para que ás novas metodoloxías poidan
ser adaptadas nas aulas'», explican.
A confederación recalca que «é obriga» da
Administración educativa facilitar un «ensino básico obrigatorio e
gratuíto», o que implica que todos os nenos teñen dereito a recibir o
material gratuítamente.
Defende un sistema de préstamo universal que
compaxine a gratuidade do ensino, o aforro económico institucional e a
transmisión de valores formativos de reutilización e solidariedade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)