venres, 21 de marzo de 2014

Pais de alumnos afirman que non van gastar "nin un euro" en novos libros

A Confederación de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA) avisou ao ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, e ás editoriais de que as familias non van investir "nin un euro" nos novos libros de texto que esixe a entrada en vigor o próximo curso da LOMCE en primeiro, terceiro e quinto de Primaria.
Nunha rolda de prensa celebrada na sede desta organización en Madrid, o seu presidente, Jesús María Sánchez, asegurou que os pais de alumnos "din basta" e non van comprar libros. Así mesmo, indicou que se a Administración os considera necesarios, "corra con este gasto e non o traslade ás familias". En concreto, o cambio afecta a Lingua, Matemáticas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais.
"Non é o momento de esixir novos libros porque as familias españolas están a pasar por dificultades", aseverou Sánchez, que criticou que as administracións utilicen a crise para facer recortes en educación, mentres esixe as familias que gasten "200 millóns euros" nos novos materiais.
Tamén se dirixiu aos editores para pedilos que "non" malgasten nin tempo nin diñeiro" no desenvolvemento e deseño dos libros e espera que este mércores pola tarde, na Conferencia Sectorial de Educación, o ministro e os responsables autonómicos acorden unha "solución".
O presidente de CEAPA sinalou xa hai varias comunidades autónomas que decidiron manter os libros antigos, como Asturias e Canarias, e estima que tamén o faga Andalucía, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco e La Rioja, polo menos na maioría das materias.
Así mesmo, destacou o caso da Comunidade de Madrid, que só cambiará o texto de Coñecemento do Medio porque se desdobra en dúas materias: Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.
Pola contra, nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla directamente xestionadas polo Ministerio de Educación, utilizaranse os novos materiais ao igual que en Castela-A Mancha, Galicia, Murcia e posiblemente en Aragón e Extremadura. Sobre estas dúas últimas, dende CEAPA apuntan que "non" fixeron pública unha decisión definitiva".
Para esta organización de pais, non hai "ningunha necesidade" de cambiar os libros, pois abonda con que o profesor desenvolva pola súa conta os temas que cambian no currículo das materias e os distribúa entre o alumnado.
DECRETO DO CASTELÁN
Sobre o decreto do castelán que este mércores debate a Conferencia Sectorial de Educación, Sánchez afirmou que Cataluña "cumpre" a Constitución e que o Estado "non ten" que "custear" unha praza privada aos que queiran estudar en castelán.
O presidente advertiu de que este texto normativo "abre a porta" a que os pais leven os seus fillos a centros privados "se o Estado llo paga", algo que, a xuízo, desta organización "é moi perigoso". Tamén critica que o decreto estableza que sexan os pais os que adianten o diñeiro do colexio privado.

Estímase que os dominios '.gal' alcancen os 7.000 durante o primeiro ano

Galicia poderá alcanzar os 7.000 dominios .gal rexistrados no seu primeiro ano de existencia tras o éxito dos .cat en Cataluña.

A empresa española de dominios, hosting, protección de marca online e outros servizos de presenza online, Nominalia, espera pór a disposición dos seus clientes nas próximas semanas os novos dominios .eus e .gal, extensións que poderían alcanzar cada unha as 7.000 URLs contratadas ao longo do primeiro ano de existencia.

Desta forma, as novas terminacións seguirán ao .cat, que excede os 70.000 dominios con tan só oito anos en funcionamento.

O novo dominio galego poderá aloxar a todo tipo de empresas, asociacións e particulares que queiran vincular o seu proxecto á lingua e cultura galega, segundo relata a empresa nun comunicado.

As novas terminacións comezaron a implantarse en 2014 como parte do esforzo para adaptar os dominios de internet ás necesidades do mercado.

Son extensións intuitivas e fáciles de recordar que poden converterse nunha óptima ferramenta de mercadotecnia para reforzar a presenza na rede e para aumentar a visibilidade dunha empresa ou entidade.

"As nosas estimacións indican que as cifras de rexistro de .eus e .gal poden multiplicarse por catro nos seguintes cinco ou seis anos", asegurou o portavoz da empresa David Costa.

"Será interesante ver a reacción do mundo cultural e empresarial destes territorios ante esta nova oferta de dominios, posto que son eles os que empuxarán estas novas extensións cara ao éxito", concluíu.

“Escollas electivas” no Día da Poesía nun país de máis de 400 poetas

Máis de 400 poetas en activo teñen identificado Suso Díaz e Maripaz Paz, os promotores do proxecto “As escollas electivas” no que no que foron citad@s 194, boa parte xa con perfil biográfico e obra. Abonda con que alguén entre na rede "escolla" a outr@ poeta para pasar a formar parte da iniciativa. Achegámonos aos versos "elexidos" para conmemorar o Día da Poesía. 

Menos de tres millóns de habitantes e máis de 400 poetas en activo. O país non está mal dotado de poesía, segundo os datos que manexan Suso Díaz e Maripaz Paz, autores da iniciativa “As escollas electivas” que naceu no día do centenario de Celso Emilio Ferreiro, como homenaxe ao poeta de Celanova.
A Unesco proclamou en 1999 o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía e convidou a nacións, entidades e organizacións a que se fixeran eco dunha celebración que na Galiza ten, cando menos, 400 seguidores e seguidoras que continúan mantendo o xénero como o máis visitado na creación galega.
183 poetas en activo
“As escollas electivas” é un exemplo da prolífica creatividade poética galega. Desde o 4 de xaneiro de 2012 que se activou na rede, día do centenario de Celso Emilio, conta xa con 194 poetas "escollid@s2 por colegas das letras dos que, boa parte deles, teñen xa no proxecto a súa biografía, obra, referencias e enlaces na rede e tamén un ou, maiormente, varios poemas. A iniciativa ideouse na Arxentina mais o modelo reproduciuse en boa parte das culturas do mundo. O procedemento é sinxelo, cada poeta que se incorpora a “As escollas electivas” cita os nomes doutros que serán convidados a participar enviando o material para compoñer a súa ficha.
“A un poeta que resulta citado por outros solicitámoslle que envíe unha biografía, unha imaxe e algúns poemas e que cite outros poetas para seren convidados", di Suso Díaz
Os dous primeiros autores que formaron parte de “As escollas electivas” foron convidados polos propios promotores, Suso Díaz e Maripaz Paz e tiñan unha estreita vinculación coa Celanova de Celso Emilio. Baldo Ramos e Xoán Carlos Domínguez Alberte iniciaron unha listaxe na que, aos poucos, se foron engadindo nomes, por afinidades literarias de quen xa estaba dentro. En cada unha das fichas aparecen quen nomeou e a quen nomeou o autor protagonista. Para poñer un caso concreto, Baldo Ramos aparece nomeado pola Escollas Electivas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Alberto Lema e Carlos Negro e el decidiu nomear a Manuel Vilanova, Manuel Álvarez Torneiro, Pilar Pallarés e Olga Novo que serían convidadas pola organización a participar no proxecto.
Os nomes de poetas máis citados son os de Olga Novo, Pilar Pallarés, Gonzalo Hermo, Ana Romaní, Xosé Luís Méndez Ferrín e María Lado. 
Marca de identidade
“A un poeta que resulta citado por outros solicitámoslle que envíe unha biografía, unha imaxe e algúns poemas e que cite outros poetas para seren convidados. Eses son os criterios básicos. Logo tamén nos agrada que falen da súa visión da poesía. A idea era que medrara o máximo posíbel porque na Galiza a poesía é marca de identidade”, di Suso Díaz, que tamén escribe poesía mais, curiosamente, aínda non forma parte das “escollas”. Tanto el como Maripaz Paz traballan na función pública mais gozan dedicando o seu tempo libre a espallar a poesía.
En “As escollas electivas” hai, segundo o seu promotor “poetas moi coñecidos e outros non tanto, algúns non teñen obra publicada como Luís Antón, que é a entrada máis recente, un personaxe moi importante e moi descoñecida”, explica ao tempo que defende as posibilidades da rede para difundir a creación literaria. O seu obxectivo é que os 400 poetas que teñen localizado, con obra publicada en libro individual ou colectivo, en papel ou na rede, entren a formar parte de “As Escollas Electivas”, unha xa ampla antoloxía para ler e coñecer a poesía galega viva.

 

xoves, 20 de marzo de 2014

AXUDA POR FILLO A CARGO MENOR DE 3 ANOS

En DOG 17 de marzo se publicó la Orden de 11 de marzo 2014 por el que se establecen las bases que rigen la adjudicación del pago del beneficio para las hijas e hijos menores de tres años para 2014.
   Podría ser beneficiarios de esta prestación las personas que tienen hijas o hijos menores de tres años de edad el 1 de enero del 2014 (nacidos entre el 01/02/2011 y el 01/01/2014, incluido) y, para el año 2012, ni ellos ni ninguna de las personas que conforman la unidad familiar se tengan que presentar la declaración de impuesto sobre la renta y el correspondiente a este período, o se someten voluntariamente, incluso sin estar obligado a ello. Si las hijas o hijos adoptivos / u bienvenidos / los del 31 de diciembre 2012 y 31 de diciembre de 2013, se concederá el beneficio durante los tres años siguientes a la fecha de la resolución judicial o administrativa que declara.
   La solicitud formalizada en impreso normalizado que figura como Anexo I de esta orden, y estará disponible en el manual de procedimientos y servicios que la dirección se encuentra en la http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos
   El plazo de presentación de solicitudes es de cuarenta días naturales (Sábado, 26 de abril) , a partir del día siguiente de la publicación de esta orden en el Boletín Oficial de. Si el último día del plazo es inhábil, se prorrogará automáticamente al día hábil siguiente.

Educación di que a blindaxe do castelán se aplicará "si ou si" o próximo curso

  • Wert insta a creación dun grupo de traballo para debater este asunto e o seu número dous di que os encontros teñen que facerse "con celeridade"
  • O ministerio espera recibir 200 millóns do Fondo Social Europeo para financiar a lei aínda que aínda non ten a confirmación de Bruxelas


Non haberá dilación. A partir do curso que vén as autonomías con lingua cooficial -en realidade este precepto diríxese a Cataluña, que é a única que ten un modelo de inmersión lingüística no que o catalán é lingua vehicular- estarán obrigadas a garantir o ensino en castelán en "algunhas" materias. Se non hai oferta na escola pública ou concertada, as autonomías terán que afrontar os gastos de escolarización en centros privados. A secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomedio, dixo este mércores que o decreto lei que define este cambio se implantará "si ou si" o próximo curso.

A número dous de Educación mostrouse así de tallante nunha comparecencia ante os medios tras reunirse cos conselleiros autónomicos nunha cita á que faltou a representante catalá, Irene Rigau, molesta tras a negativa do ministro a un aprazamento do debate que permitira iniciar algún tipo de diálogo sobre este asunto. Neste sentido, urxiu ás comunidades a reunirse con celeridade ante a posibilidade que abriu o ministro José Ignacio Wert de crear un grupo de traballo coas autonomías con lingua cooficial para avanzar nas discrepancias que poidan xurdir co decreto que desenvolve a disposición adicional 38 da Lomce relativa ás linguas cooficiais.

Financiamento

Aínda que non estaba na orde do día, outros dos asuntos tratados no encontro foi o financiamento da reforma educativa, que o próximo curso empezará a implantarse en 1º, 3º e 5º de Primaria e en FP Básica. Os prazos e a dotación da reforma educativa preocupan moito aos conselleiros, aínda que son só os de autonomías non gobernadas polo PP os que comentan este asunto en público. O Ministerio de Educación calcula que implantar toda a reforma custará 408 millóns de euros nos tres anos nos que está prevista a súa instauración e espera obter en torno a 200 millóns do Fondo Social Europeo.

O problema é que esta partida non está confirmada, algo que preocupa nalgunhas autonomías. No ministerio quítanlle ferro ao asunto e aseguran que hai "unha parte un acordo previo". De feito, a secretaria de Estado de Educación dixo ter viaxado Bruxelas a semana pasada para pechar este acordo. Non obstante, como está previsto que ese diñeiro non chegue de inmediato, o Goberno previu financiar con 50 millóns dos seus fondos propios a implantación da reforma no primeiro trimestre.

Non obstante, segundo admitiu aínda non se enviou a solicitude oficial porque o prazo finaliza o 22 de abril. A secretaria de Estado precisou, igualmente, que tamén se alcanzou un acordo cos outros departamentos ministeriais que tamén reciben financiamento do Fondo Social Europeo sobre como sería a repartición dos fondos.

Sindicato de Estudantes pide a organizacións de pais e sindicatos que apoien a folga

O Sindicato de Estudantes (SUESTE) ten pedido á Confederación Española de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA) e aos sindicatos de ensino FE-CC.OO, FETE-UGT e STES que "non" miren para outro lado" e apoien a folga convocada por esta organización os días 26 e 27 de marzo contra a LOMCE e os recortes.
En declaracións a Europa Press, a secretaria xeral do Sindicato de Estudantes, Ana García, indicou que os dirixentes destas organizacións, que xunto co SUESTE forman a Plataforma Estatal pola Defensa da Escola Pública, "están moi equivocados separándose das mobilizacións dos estudantes".
Así mesmo, asegurou que a "actitude" dos líderes destes sindicatos de ensino e organizacións de pais "non" ten nada que ver" coa que están a mostrar os profesores e os pais nos centros escolares públicos. "Deberían escoitar ás súas bases", aseverou García.
O Sindicato de Estudantes anunciou que o segundo día de folga, o xoves 27, a convocatoria de manifestacións en varias cidades españolas. En concreto, a de Madrid comezará ás 12.00 horas en Atocha e finalizará na Porta do Sol.
A esta marcha sumaranse traballadores de Coca-cola da planta de Fuenlabrada (Madrid), que portarán unha pancarta xunto á do Sindicato de Estudantes. "As condicións laborais que se perdan hoxe, non as teremos os mozos mañá", advertiu García.
Dende esta organización critican que en varios centros de estudos de Madrid e Barcelona lle están a poñer "problemas" para celebrar asembleas informativas sobre os paros da semana que vén, "limitando o dereito de asociación, reunión e de folga".

Educación admite que non ten pechados os fondos europeos para a LOMCE

  • A secretaria de Estado recoñece que aínda non pecharon o acordo con Bruxelas

  • Wert ofrece a Cataluña diálogo sobre o castelán pero di que aplicará a súa reforma

  • O ministro formula un grupo de traballo tras o paro de Rigau na Conferencia Sectorial

  • Gomendio: o decreto que blinda o castelán aplicarase "si ou si"


O Ministerio de Educación recoñeceu onte que Bruxelas non lle deu aínda o visto verde aos fondos que solicita para aplicar a Lei Wert o próximo curso, que ascenden a cantidade nada desdeñable de 2.000 millóns de euros. A secretaria de Estado, Montserrat Gomendio, admitiu na rolda de prensa posterior á Conferencia Sectorial de Educación que só mantivo coas autoridades europeas unha "reunión de tenteo", pero que a solicitude oficial dos fondos non se fixo aínda, e o prazo para facela remata en abril. As comunidades reclaman o Goberno que lles concrete xa de que diñeiro dispoñen para poñer en marcha a LOMCE, cuxa aplicación comeza para a nova FP Básica e tres cursos de primaria este próximo mes de setembro.
Gomendio recoñece que só tivo unha "reunión de tenteo" con Bruxelas
"Temos un acordo previo con Bruxelas que considera razoables as cantidades que estamos a pedir", asegurou Montserrat Gomendio, que se desprazou á capital comunitaria a semana pasada para negociar co órgano xestor do Fondo Social Europeo, dirixido a apoiar a creación de emprego, de onde o Goberno quere obter o diñeiro para a nova FP Básica co argumento de que servirá tamén para loitar contra o desemprego xuvenil. A número dous de José Ignacio Wert explicou que, a falta de que as autoridades europeas autoricen a partida para esa finalidade, a cantidade segura coa que se conta son 50 millóns de euros, a cargo dos Presupostos Xerais do Estado. Con eses 50 millóns, indicou, sufragaranse os gastos do primeiro trimestre do curso, e polo tanto, dixo, "non" hai "ningún problema de financiamento". Pero a partir do próximo curso o ministerio fíao todo a que cheguen eses fondos europeos, que o Goberno terá que anticipar con fondos nacionais.

Varias comunidades, tamén do PP, pediron a Wert no encontro que concretara o financiamento para a posta en marcha da LOMCE este curso, segundo fontes presentes na reunión. As autonomías critican que o ministerio non lles comunicase aínda de que diñeiro dispoñen para aplicar a reforma no curso que empeza en setembro, de cara a poder planificar a súa posta en marcha. "É moi pouco serio, como podemos estar a mediados de marzo e non saber canto diñeiro nos vai corresponder? ", queixouse a conselleira asturiana, Ana González. Dixéronnos que non nolo concretarán ata o mes de xuño ou xullo", apuntou José Miguel Pérez, conselleiro de Educación de Canarias. "Lamento ter razón", engadiu o conselleiro andaluz, Luciano Alonso. "A LOMCE non tiña financiamento, dunha Conferencia Sectorial a outra pasou de 2.000 millóns de euros a 50. Saíron celebrando a anterior reunión cun financiamento que se demostrou era outra quimera". Aínda que de portas dentro algunhas comunidades do PP tamén pediron concreción sobre o diñeiro dispoñible, en público os conselleiros de Castela- La Mancha, Castela e León e Aragón si viron "garantido" o financiamento da Lei Wert.

Wert ofrece diálogo sobre o castelán nas aulas

O asunto lingüístico tamén centrou a reunión entre o Goberno e as comunidades, marcada pola ausencia da conselleira catalá. O ministro Wert ofreceu a Cataluña unha man tendida algo descafeinada tras o paro da conselleira catalá, Irene Rigau, pola blindaxe ao castelán nas aulas catalás. O ministro propuxo a creación dun grupo de traballo coas comunidades con linguas cooficiais para estudar o decreto que desenvolve a LOMCE no trato ás linguas no ensino, aínda que á vez rexeitou toda paralización da norma. A secretaria de Estado precisou na rolda de prensa que a súa reforma se implantará no curso 2014-2015 "si ou si".
A secretaria de Estado non precisou cando arrancará o grupo de traballo, aínda que si dixo que se debe convocar con suficiente "celeridade" para que dea tempo a que, eventualmente, as súas achegas se poidan engadir no borrador de decreto, que en todo caso debe aplicarse este próximo curso. Gomendio insistiu en que é deber do Ministerio "garantir" a educación en castelán a aquelas familias que o soliciten, un problema que só se dá en Cataluña, dixo, onde "si existe a posibilidade de que o castelán quede excluído". O País Vasco presentou unha emenda á norma para evitar que se aplique na súa comunidade, segundo explicou a conselleira, Cristina Uriarte. "Estamos moi preocupados", asegurou a responsable vasca de Educación, que expresou a súa "pouca confianza" en que o grupo de traballo ofrecido por Wert sirva para algo.

Sen nivel de idioma, non hai título de grao na universidade

Estudantes critican a falta de medios da USC para obter o nivel B1 dunha lingua estranxeira, necesario para conseguir o seu título de grao.

Acción Universitaria denuncia que a falta de planificación da USC e da Sección de Linguas Modernas pode provocar que moitos dos alumnos matriculados para obter o nivel B1 dunha lingua estraxeira poidan quedar sen título de grado, principalmente, os de lingua inglesa.
 
Así, denuncia que moitos deles, a pesar de ter aprobado a primeira proba, non poden matricularse na segunda por falta de prazas. Por iso, esixen á USC que "amplíe" o número de prazas, sobre todo en inglés.
 
Esta é a súa denuncia publicada no GC Aberto, a sección aberta para que particulares, asosiacións ou grupos de diverso tipo poidan publicar os seus comunicados.

LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO

A A.C. Fuco Buxán, tal como ven facendo desde hai varios anos, súmase a petición, ben merecida, de dedicar o Día das Legras Galegas 2015 para o profesor Carvalho Calero, e convida a todo o tecido cultural e social de Galicia a amosar a súa adhesión a esta iniciativa.

LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO (1910-1990)

Por obra da S. C. Medúlio don Ricardo Carvalho Calero recibiu en Ferrol a súa primeira homenaxe pública en 1981, na que quedou manifesta a súa fidelidade á causa de recuperar para o seu país a súa propia cultura. Seguiron outras homenaxes, foi obxecto de simposios e congresos, a asociación/fundación Artabria reivindica anualmente a súa memoria. Nomeado fillo predilecto de Ferrol en 1990, unha rúa, un centro de ensino e outro cultural desa cidade levan o seu nome e alí se celebrou no ano 2010 o último congreso sobre el .
Mais, don Ricardo Carvalho Calero, o primeiro profesor de galego na Universidade galega, pai lingüístico de varias xeracións, foi vítima dun interesado esquecemento por manter a súa dignidade persoal e por entender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico do galego-portugués, opción diferente, pois, á oficial. Usando das súas palabras (1985) certas elites entenden que non deben realzar a personalidade dun disidente ... Que nen como estudoso nen como pensador sobre os problemas culturais da nosa terra atinxo a altura.
Como temos sinalado, mantense aínda hoxe, 24 anos andados do seu pasamento, unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país. Van tres ocasións nas que non prosperou a proposta de que a RAG dedicara as Letras Galegas a D. Ricardo Carvalho Calero, esgrevio galeguista que ao longo de seis décadas e un pouco desenvolveu un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, académico, lingüístico, xornalístico, docente, ..., a prol de Galiza e da lingua e cultura galegas.
Sen desmerecer a ninguén, entendemos que é tempo de que os grandes méritos do profesor Carvalho Calero sexan recoñecidos por unha Academia na que ingresara o 17 de maio do 1958.

"Adiós ríos, céad slán le tobair, adiós regatos pequenos"

Xela Cuñarro é xornalista, profesora e galega de Cangas do Morrazo. O seu traballo como docente levouna ata a St. Mary’s Primary School, o colexio de Mullaghbawn, unha pequena localidade do rural de Irlanda do Norte, a "apenas quince minutos" da República irlandesa. Alí tiña encomendado elaborar un proxecto no que plasmar ideas como "a relación entre os pobos de Europa" ou a unión entre diferentes culturas e decidiu centrarse nunha galega universal, Rosalía de Castro, e nun poema, Adiós ríos, adiós fontes, que agora xa ecoa non só na pequena vila irlandesa, senón ao longo e ancho de internet e non só en galego, senón tamén en inglés e en gaélico.
A elección do poema non estivo motivada só por ser unha das composicións máis populares da autora, senón tamén por ser case un himno da emigración galega. "Aquí tamén teñen moita emigración e moitos autores e autoras que escribiron sobre ela", explica a profesora en conversa con Praza Pública. Lonxe dos prexuízos que ás veces atopan os e as docentes na propia Galicia, Cuñarro explica que a idea de introducir o galego no proxecto foi "moi ben" acollida, "sen ningún tipo de problema". A versión inglesa do poema veu a través do proxecto Rosalía é mundial, da Fundación Rosalía de Castro, "moi importante" no traballo, e as ganas e a ilusión da comunidade educativa fixeron o resto.
"O importante é achegar as culturas, non dividilas, e usar as ferramentas que temos para facelo, neste caso un poema que para nós é case un himno"
Con estes vimbios só restaba tecer o cesto, un vídeo no que alumnado e profesorado recitaba a Rosalía en galego e en inglés, cun resultado "moi reconfortante" que, ao pouco tempo de ser publicado na rede, comezou a recibir respostas de galegos e galegas de Galicia, pero tamén "de Uruguai, México, Inglaterra ou Holanda". "En serio están aí, por que nos coñecen?", preguntaba os nenos e nenas ao decatárense da repercursión dos seus versos. Neste punto chegou unha suxestión do centro social de Mullaghbawn: "propuxéronme incluír a lingua irlandesa no poema e, por suposto, dixen que si". Coa axuda de dúas mestras e dous historiadores locais puxéronse á tarefa e xa está a piques de chegar a versión trilingüe.
"Ao final o importante é achegar as culturas, non dividilas, e usar as ferramentas que temos para facelo, neste caso un poema que para nós é case un himno", sintetiza a profesora para explicar como é posible o éxito do galego nunha comunidade na que o gaélico practicamente se perdeu -"aquí procúrase ao derradeiro falante de irlandés", ilustra-, que administrativamente forma parte do Reino Unido pero que "se sente irlandesa" e utiliza "o pasaporte irlandés". Xela séntese "máis cerca da casa" e os nenos e nenas de Mullaghbawn, máis preto de Galicia mentres recitan "Adiós ríos, céad slán le tobair, goodbye, trickling streams".

O PP baixou o investimento en bibliotecas dos 5,5 millóns do bipartito a 1,3 deste ano

O informe “As bibliotecas galegas” evidencia que, ao tempo que se produce un forte incremento de usuarios e préstamos nas bibliotecas públicas, dáse un paralelo descenso de investimento público nos últimos dez anos. De 5,5 millón en 2008 -antes da entrada do PP- reduciuse a 1,3 millóns en 2013. 

Os datos do Observatorio da Cultura Galega conclúen nunha forte caída do investimento nas bibliotecas galegas, que sufriron unha forte caída que o sitúa en menos de un cuarto do que o goberno bipartito destinaba a estes centros en 2008. Daquel ano, o último xestionado integramente polo BNG na Consellaría de Cultura, o goberno da Xunta dedicara ás bibliotecas públicas un orzamento de 5,5 millóns que o PP rebaixou até o 1,3 millóns en 2013.
A rebaixa de cartos públicos en bibliotecas públicas acontece no momento de máis auxe destes centros, aumentando tanto en número de usuarios como en préstamos, en boa parte, debido á crise económica. O aumento de persoas que usan as bibliotecas desde o 2002 é, segundo o Observatorio, de 300.000 persoas, superando agora o millón de usuarios e un aumento nos últimos dez anos dun 57,9% o público adulto e un 15,9% o infantil.
Só acceso do 16,3%
Aumenta, cos datos do Observatorio do CCG, o gasto en persoal mais acusa unha notábel caída os investimentos que non chegan a 1,3 millóns de euros, menos da cuarta parte do que destinaba a esa partida o goberno bipartito.
A Xunta está a financiar o 26,57% dos custes da rede de bibliotecas fronte ao 67,88% que proveñen dos concellos. Malia o aumento de préstamos en case dous millóns e medio, Galiza é a antepenúltima comunidade na listaxe de uso de bibliotecas con tan só un 16,3% da súa poboación que accede aos seus servizos.  O informe completo pódese consultar neste enlace.

mércores, 19 de marzo de 2014

Esquerda Plural pide no Congreso que se cancele a implantación da LOMCE a través dunha moción

A Esquerda Plural (IU-ICV-CHA) someterá a votación no Pleno desta semana do Congreso a retirada dos decretos que desenvolven a Lei Orgánica para a Mellora da Educación (LOMCE), así como o seu calendario de implantación, "á vista dos múltiples recursos de inconstitucionalidade presentados, onde se denuncia expresamente a invasión de competencias por parte da administración central, sobre todo no ámbito curricular".
Trátase da moción, consecuencia da interpretación que a semana pasada debateu o ministro de Educación, José Ignacio Wert, coa voceira da Esquerda Plural na materia, Caridade García Álvarez, que se debaterá e votará na sesión plenaria desta semana.
IU-ICV-CHA fai referencia ao decreto polo que se establece o currículo básico de Primaria, así como o que determina aspectos específicos da Formación Profesional Básica, aprobados no BOE do pasado 1 de marzo.
No caso contrario de que non se supriman estes decretos que desenvolven a norma, nin o seu calendario de implantación, a formación de esquerdas pide que se abra un amplo proceso de debate, con participación de todos os sectores educativos que permita analizar e alcanzar acordos sobre os aspectos básicos do currículo das diferentes etapas que deben ser reguladas, para posibilitar ás comunidades e centros educativos a participar do citado desenvolvemento curricular.
Ademais, quere que se vote na Cámara se instar o Goberno a garantir a formación integral de todo o alumnado nas etapas obrigatorias, incluíndo a Educación artística (música e plástica) e 'Educación para os dereitos humanos e sociais' no currículo común.
Á súa vez, formula que se vote unha aposta por un modelo curricular que favoreza unha comprensión global da realidade, sen predeterminar competencias e estándares de aprendizaxe avaliables, e que se garanta o apoio á diversidade do alumnado na educación obrigatoria ata os 16 anos, como "obxectivo fundamental" para contribuír ao éxito escolar de todo o alumnado.
Por outro lado, quere que se suprima o "adoutrinamento relixioso" en todas as etapas e niveis educativos e que "a materia de Relixión desapareza do currículo escolar e, por ende, a súa materia alternativa.
Finalmente, solicita a eliminación das avaliacións externas que "só contribúen á estandarización do currículo, á clasificación do alumnado e á perda da autonomía do profesorado".
IU-ICV-CHA argumenta na súa iniciativa, que a maioría de organizacións presentes no Consello Escolar do estado manifestaron o seu rexeitamento a estas normas por entender, entre outros puntos, que deixan "unha escasa marxe" de autonomía ás comunidades e aos centros educativos á hora de exercer o papel que lle atribúe a propia lei no desenvolvemento de contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe.
Así mesmo, sostén que a distribución de competencias que se formulan nos decretos aprobados supón unha "recentralización" do currículo, ao atribuírse o 50 por cento dos contidos das materias troncais e do seu horario lectivo mínimo, ademais dos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables relativos aos contidos das materias específicas, porque "están a suprimir a autonomía das comunidades e do profesorado na configuración do currículo".

"Hai centros que lle piden diñeiro aos pais para o seu mantemento"

A Federación Provincial de ANPA's de Lugo denuncia que sexan os pais os que teñen que asumir custes que dependen da Xunta. Algúns pais xa axudaron a pintar aulas.

Como é posible que haxa centros públicos que lle piden cartos aos pais dos nenos para sufragar os gastos de mantemento?. Esta pregunta obvia que non debería ser tan obvia nun chamado estado do Benestar, onde o Estado é o responsable da Educación, é a que se fai a Federación Provincial de ANPAs de Lugo (Fapacel).
 
E é que esta entidade acaba de denunciar que un centro público pediulle aos pais dos alumnos que colaboren economicamente co mantemento das instalacións do colexio, a pesares de que os gastos de funcionamento deben ser sufragados integramente pola Consellería de Educación.

Falta de financiamento público

Ao parecer, a falta de financiamento público está facendo que algúns centros se dirixan aos pais para pedirlle a súa colaboración. Ata agora nunca se chegara tan lonxe xa que a axuda consistía en labores de axuda puntuais.
 
De feito, algúns deles xa colaboraron para arranxar algúns centros de Lugo e mesmo se fixeron cargo de pintar as aulas de algún colexio "para que estivesen nunhas condicións mínimas". Noutros mesmo se lle pediu que aportaran material escolar, como folios ou lapis. 

Piden directamente cartos

Sen embargo, o último paso foi xa pedir, directamente, axuda económica. "É o colmo que se lle pida abertamente diñeiro aos pais para o sostemento dos centros que son públicos", apuntan desde Fapacel.
 
De feito, un centro da provincia mesmo facilitou un número de conta para que se puideran realizar "achegas voluntarias". Por iso, esta entidade acaba de presentar unha denuncia para que evitar que se repita este tipo de situacións.

Galicia en Cuba. Lingua, Rosalía, loitas

Temos aquí tres libros nun só volume. Tres temas ou capítulos definidores da obra dos nosos emigrantes que arribaron a Cuba. O autor, Xosé Neira Vilas, viviu 31 anos naquela illa (entrañable para milleiros de galegos), dos que dedicou máis de vinte e cinco a investigar con rigor e tenacidade a presenza galega dende 1870 ata hoxe. Estes son os temas:

A lingua galega en Cuba. É o primeiro estudo que se leva a cabo sobreo o noso idioma máis alá das fronteiras xeográficas de Galicia. Inclúe a fala viva nalgunhas rexións daquel país antillano; a nosa lingua na prensa galega de Cuba e na prensa cubana; libros galegos publicados na Habana; clases de galego; traducións de autores cubanos; Cátedra de Cultura Galega; voces galegas na fala cotiá de Cuba. / Rosalía de Castro e Cuba. Rosalía, dúas publicacións periódicas; unha sociedad de declamación; versos na voz dos nenos cubanos; axuda dende A Habana a Rosalía, Murguía e as filas de ambos Alexandra e Gala; poetas cubanos que lle cantaron e a loaron; a actual Sociedade Cultural Rosalía de Castro. / Galegos que loitaron pola independencia de Cuba. Emigrantes mambises que combateron nas dúas guerras pola independencia cubana; o xeneral Francisco Villamil; homes e muleres incorporados a loitas reivindicativas do pobo cubano.

Enumeramos apenas un resumo da triloxía que engloba este volume. Tres temas moi distintos que teñen, non obstante, un denominador común: a incorporación dos nosos emigrantes á peripecia múltiple dos pobos e dos países a onde os leva o destino.

XOSÉ NEIRA VILAS
É un membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Premio Laxeiro, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega

Autor de Memorias dun neno labrego, o libro máis traducido e máis vendido da nosa literatura. Residiu 43 anos en América, primeiro en Bos Aires, de 1949 a 1961 (onde estudou Xornalismo e creou coa súa muller, Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora continental do libro galego); e de 1961 a 1992, na Habana. Alí fundou e dirixiu durante 22 anos a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, fixo xornalimo literario e foi redactor xefe da revista infantil Zunzún. Dende 1992, reside na súa casa natal de Gres, á beira da Fundación que leva o seu nome.

É autor dus 50 libros (narrativa, literatura infantil, poesía, ensaio, memorias, investigacións, testemuños, traducións). Exerce o xornalismo, participa en múltiples actividades culturais e escribe, tendo sempre Galicia como eixe motivador do seu facer literario.