A Federación Provincial de ANPA's de Lugo denuncia que sexan os pais os que teñen que asumir custes que dependen da Xunta. Algúns pais xa axudaron a pintar aulas.
 Como é posible que haxa centros públicos que lle piden cartos aos pais dos nenos para sufragar os gastos de mantemento?.
 Esta pregunta obvia que non debería ser tan obvia nun chamado estado do
 Benestar, onde o Estado é o responsable da Educación, é a que se fai a 
Federación Provincial de ANPAs de Lugo (Fapacel).
 E é que esta entidade acaba de denunciar que un centro público pediulle aos pais dos alumnos que colaboren economicamente
 co mantemento das instalacións do colexio, a pesares de que os gastos 
de funcionamento deben ser sufragados integramente pola Consellería de 
Educación.
Falta de financiamento público
 Ao parecer, a falta de financiamento público está facendo que algúns 
centros se dirixan aos pais para pedirlle a súa colaboración. Ata agora 
nunca se chegara tan lonxe xa que a axuda consistía en labores de axuda puntuais.
 De feito, algúns deles xa colaboraron para arranxar algúns centros de Lugo e mesmo se fixeron cargo de pintar as aulas de
 algún colexio "para que estivesen nunhas condicións mínimas". Noutros 
mesmo se lle pediu que aportaran material escolar, como folios ou 
lapis. 
Piden directamente cartos
 Sen embargo, o último paso foi xa pedir, directamente, axuda económica. "É o colmo que se lle pida abertamente diñeiro aos pais para o sostemento dos centros que son públicos", apuntan desde Fapacel.
 De feito, un centro da provincia mesmo facilitou un número de conta
 para que se puideran realizar "achegas voluntarias". Por iso, esta 
entidade acaba de presentar unha denuncia para que evitar que se repita 
este tipo de situacións.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario