LUGAR: Salón de actos da Casa de
Cultura de SILLEDA.
DIA: xoves, día 28 de febreiro, ás 20:00
horas.
POÑENTE: Jurjo Torres Santomé
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
martes, 19 de febreiro de 2013
A CIG entrega ao conselleiro de Educación 10.172 sinaturas de docentes contra a Lomce
A CIG sinala que estes milleiros de sinaturas amosan que o profesorado
rexeita unha lei “mercantilista e reaccionaria, recentralizadora e
españolizadora, elitista e clasista, agresiva co profesorado,
antidemocrática, reforzadora da confesionalidade e contraria ao ensino
laico”.
A CIG-Ensino entregou esta segunda feira no Rexistro da Xunta un total de 10.172 sinaturas de docentes recollidas nos centros de ensino, e dirixidas ao conselleiro de Educación. Milleiros de rúbricas coas que o profesorado galego, indican desde a central nacionalista, mostra o seu rexeitamento á Lomce.
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirmou que a LOMCE é “auténtico cianuro” para o ensino público galego e pediu a súa retirada por tratarse dunha “contrarreforma involucionista e regresiva”.
Para os asinantes, esta lei pretende un sistema educativo cada vez menos equitativo, que pon en xogo o dereito universal á educación, desbotando a igualdade de oportunidades e negando o dereito a ter un ensino público galego científico e laico que teña como función primordial a formación integral e crítica do alumnado e a eliminación das desigualdades sociais.
“É unha lei que responde aos mandatos da patronal do ensino privado concertado e da propia cúpula eclesiástica. Reforza a confesionalidade do sistema educativo e o papel da relixión, que pasa incluso a condicionar os horarios doutras materias”, acrecentan.

Todo a punto para o Día de Rosalía máis colectivo
Colectivos sociais, concellos e centros de ensino prepáranse para
conmemorar o máis multitudinario Día de Rosalía. A Asociación de
Escritores en Lingua Galega (AELG) botou a andar unha convocatoria
colectiva que terá o seu acto máis solemne o día 24 en Bonaval. A
república das letras pídelle á cidadanía que se agasalle cun libro e
unha flor no Día de Rosalía.
Durante toda a semana mais de maneira especial nas vesperas do día, centros de ensino, concellos e asociacións conmemorarán o Día e Rosalía na que promete ser unha convocatoria multitudinaria. Así está a ser a resposta á convocatoria da AELG para que arredor da data do nacemento da escritora tivera unha especial relevancia social, de maneira singular no ensino.
Dúcias de centros educativos anotáronse xa para participar nas lecturas colectivas da obra de Rosalía nesta edición de especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de “Cantares Gallegos”, o primeiro libro escrito integramente en galego que marca o renacemento da nosa literatura e está considerado fundacional nas letras galegas contemporáneas. Será o venres 22 de febreiro o día lectivo elixido para que os centros de ensino inclúan na súa xornada actividades especiais como lecturas e gravacións audiovisuais, das que se fará eco a páxina web da AELG coa idea de darlle visibilidade social. Imaxinativas propostas están a chegar á asociación de centros nos que o alumnado participará de maneira especial. Ábrese con este fin a sección “Poemas soltos” onde se deitarán as gravacións en vídeo dos poemas.
Para o sábado día 23, a partir das sete da tarde, cidades, vilas e locais de asociacións e entidades serán o escenario para as lecturas de poemas de Rosalía, estendendo a conmemoración a toda a cidadanía nunha festa colectiva para honrar á poeta. A AELG elaborará un manifesto conmemorativo para estes actos cívicos. A Biblioteca do Centro Ágora na Coruña, a Libraría Couceiro en Santiago, o Marco en Vigo ou o Refectorio do Museo Provincial en Lugo, o Salón de plenos de Cangas, a Casa da Cultura de Noia ou o Café Comercial en Madrid son algúns dos lugares nos que xa se prepara o acto público do sábado ao serán. As asociacións e colectivos culturais están a ter un especial protagonismo na organización destes actos que procuran unha lectura expansiva e colectiva da obra de Rosalía por todo o país. Varios concellos sumáronse tamén á convocatoria, organizando actos institucionais na memoria da escritora.
Acto poético nacional en Bonaval
O domingo día 24, data do aniversario de nacemento de Rosalía, a AELG centrará a atención no Panteón de Galegos Ilustres, onde está soterrada a escritora. Alí hase de desenvolver un acto nacional con lectura de poemas de “Cantares Gallegos”, alén dunha ofrenda floral.
A AELG agarda que a cidadanía responda ao seu chamamento agasallando cun libro e unha flor na conmemoración do nacemento da escritora fundadora da literatura galega contemporánea. A Asociación Cultural Vagalumes, xunto coa Sociedade Cultural Medulio, organizan o domingo 24 ás 19.00 horas na Estrada un acto sob o rótulo de "Unha escenificación dunha viaxe pola obra de Rosalía de Castro".
Recitais, poesía e música
A poesía e a música pairarán por todo o país arredor do día do nacemento da grande escritora e, desta maneira, actos conmemorativos terán lugar organizados por distintas entidades que se suman neste ano especial a festexar o aniversario do nacemento de Rosalía.
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña convoca para o venres 22 de febreiro un maratón de lectura e unha charla sobre Rosalía que comezará ás 18.00 horas.
Tamén o día 22 ás 20.00 horas, o Teatro Principal de Pontevedra abrirase para acoller os poemas de Rosalía a ritmo do rap de Aid e o blues de Sés na homenaxe que a Concellaría de Cultura da cidade lle rende á escritora, un acto literario e Musical que conducirá Comba Campoy e contará coa participación das poetas Elvira Riveiro, Rosalía Fernández Rial e Marga do Val, alén do escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.
O xoves 28, os Comités Abertos de Vigo preparan un recital ás 20.30 horas co apoio de Trabalingua e a Área de Normalización Lingüística da UVigo.

A Xunta sobe as axudas para proxectos de fomento do galego no ensino privado
Unha suba no medio da escaseza. As partidas dos Orzamentos Xerais da Xunta para fomento do galego perderon sete de cada dez euros dende o regreso do PP ao poder.
Como detallou Praza Pública, estes programas de investimento pasaron de
teren asignados 21,7 millóns de euros en 2009 a 7,5 millóns en 2013.
Isto significa que, fronte á caída xeral das contas públicas do Goberno
galego "a niveis de 2006", as partidas para promocionar a lingua propia
desplómanse moito máis, xa que nese ano o fomento do galego contaba con
14,5 millóns máis. Pero neste contexto de duras retalladas semella que a
Consellería de Educación está a optar por facer unha excepción nas
achegas para proxectos de fomento do galego no ensino privado.
Malia ter un discreto financiamento, o certo é que a orde de subvencións "para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada" para ensino non universitario no curso 2012-2013, publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG), chega cunha suba. Segundo consta nesta orde, asinada polo conselleiro Jesús Vázquez, o crédito asignado para financiar estes proxectos é de 22.600 euros. Esta cantidade, minúscula se é comparada coas magnitudes orzamentarias totais, é menos reducida que hai un ano. Concretamente, é un 25% máis que na convocatoria de subvencións do curso 2011-12, cando Educación dotou estas axudas con 18.000 euros.
Se cadra, a suba deste curso pretende compensar parcialmente o recorte aplicado no curso pasado, xa que eses 18.000 euros foi o que quedou tras retirar 32.700 euros da orde de subvencións a respecto do curso 2010-2011, cando o departamento de Vázquez asignou 50.700 euros para esta partida. Así e todo, esa retirada de fondos sitúase nunha porcentaxe do 64%, isto é, a tesoirada é seis puntos porcentuais menor que a sufrida polo conxunto de partidas destinadas a fomentar o galego non só no ensino, senón no conxunto de actividades e sectores do país.
Para repartir estes cartos a Xunta terá en conta criterios como o "grao de implicación activa dos membros da comunidade no proxecto", o "nivel de orixinalidade nas propostas" ou o "nivel de utilización de novas tecnoloxías". O "financiamento máximo" que recibirá cada centro será de 150 euros, en colexios con menos de 25 alumnos e alumnas, 300 euros, para os que teñan unha matrícula de entre 25 e 50 rapaces e rapazas, e de ata 800 euros para un alumnado de máis de 50 persoas.

luns, 18 de febreiro de 2013
O Microsoft Office 2013 xa está dispoñible en galego, catalán e éuscaro
Con este paquete, as aplicacións Word, Excel, PowerPoint, OneNote e Outlook
de Microsoft poden configurarse para amosar a súa interface en galego, o que,
xunto ao feito de que contan con corrector ortográfico actualizado á normativa
da Real Academia Galega aprobada en 2003, fai posible o uso dun escritorio
informático en galego coas últimas tecnoloxías de Microsoft.
Máis información en Código Cero.
Máis información en Código Cero.
venres, 15 de febreiro de 2013
Feijóo amplía o ERE na Xunta a outras consellerías co despedimento de 48 interin@s en Educación
A CIG denuncia que a Consellaría de Educación pretende amortizar 48
prazas de subaltern@s e auxiliares de centros de ensino que están
cubertas por persoal interino. Unha política na liña do 'ERE encuberto'
iniciado na Consellería de Traballo coa amortización de 251 postos.
O goberno autonómico semella que opta por poñer o turbo na súa aposta pola regulación de emprego na administración pública. Pouco despois de que os sindicatos denunciasen a intención de Feijóo de aplicar un ERE na Consellaría de Traballo, amortizando 251 prazas, a CIG denuncia que esa mesa pauta quere extenderse a outrios departamentos, como o de Educación. A central nacionalista denuncia o despedimento de 48 interin@s.
Fernando García, da CIG-Autonómica, considerou que “as declaracións que fixo Feijoo de que non se ían producir despedimentos da administración resultan ser falsas”. A isto engade que “nin sequera se cumpre o recollido no Proxecto de Lei de Orzamentos de amortizar todas as vacantes sen ocupación, senón que amortizan vacantes que están ocupadas”.
Consecuencias
A CIG alerta de que isto vai repercutir sobre a cidadanía, xa que en moitos centros de ensino se vai ver como hai unha merma nos servizos complementarios, na atención ao alumnado, na celeridade dos trámites administrativos das secretarías e na vixilancia e custodia dos centros, entre outras. "É un deterioro máis no eido do ensino público xa que malia tratarse de persoal administrativo e de servizos presta un apoio fundamental para que se desenvolva correctamente a actividade docente”, denunciou García.
Relacionan ademais todo isto co proceso que xa se puxo en marcha na consellaría de Traballo onde se amortizan un total de 251 prazas das cales 80 están ocupadas.

Quen teme a filosofía?
Un grito percorre á comunidade dos filósofos: Quen teme a filosofía? É a
pregunta perplexa dun colectivo que ve ameazado o seu futuro
profesional e a supervivencia das facultades de filosofía, e que ve
cuestionado o seu traballo de tanto tempo contra o tópico de que a
filosofía non serve para nada. Até o de agora era a ignorancia o que se
opoñía á filosofía, a ignorancia e o economicismo reinante. Pero agora,
se se mantén a LOMCE nos termos actuais, será o propio sistema, a
cultura oficial, quen confirme a validez do tópico e desacredite
finalmente o traballo dos filósofos. De aí a desolación da
filosofía, e a pregunta de quen debe cargar coa responsabilidade de
semellante desatino. Que lle teme entón á filosofía?
Á filosofía témenlle algúns dos discursos de éxito na sociedade actual: o discurso da redución da complexidade da vida a consignas e fórmulas baleiras, e o da fragmentación dos saberes en compartimentos sen relación. A filosofía témea tamén o discurso da manipulación das conciencias e da docilidade social, en definitiva o discurso do poder. Sempre foi así, e agora quere poñerse negro sobre branco na lei que regule o sistema educativo.
Unha redución do 66% na asignación horaria das materias de filosofía vai contra todas as recomendacións internacionais e a práctica dos países con mellores índices de éxito educativo. Xunto á desaparición da ética e da educación para a cidadanía, a devaluación da historia da filosofia a unha simple optativa é especialmente grave, e sen embargo está invisibilizada por outras problemáticas, como o modelo lingüístico e o status da relixión, con máis presencia mediática e sen dúbida maior rendibilidade política. Esquécese que só a filosofía pode procurar unha visión integradora do coñecemento humano e das relacións entre ciencia, política e historia no devir das sociedades.
O retroceso xa se viña producindo tras cada reforma educativa. Cando a literatura universal é case unha reliquia nos plans de estudo e os programas de historia están cada vez máis condicionados polas identidades nacionais e os intereses políticos, xa só quedaba a filosofía para comprender a evolución do pensamento humano. Agora iso só será para os privilexiados e para os escasos entusiastas vocacionais.
A filósofa Marta Nussbaum, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2012, alertou hai pouco de que unha educación na que as humanidades non ocupen o seu lugar producirá “xeracións enteiras de máquinas utilitarias”. Quizá se trate diso. Sen filosofía non haberá claves de acceso ao mundo da cultura e seremos máis dóciles e conformistas. Seremos cada vez máis o soño perfecto de calquera réxime totalitario.

A Xunta seguirá subvencionando os centros de ensino que segregan por sexo
Este xoves a Xunta aprobou o novo Plan Igualdade do Goberno galego,
obrigado por lei, coa loita contra a violencia de xénero como eixo
principal. Porén, o plan non inclúe medida ningunha contra a segregación
por sexo nos centros de ensino, nin a Xunta ten previsto deixar de
subvencionar os colexios privados segregadores. Afirmouno Alberto Núñez
Feijoo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta: "A
consellería ten decidido proseguir co que temos feito na Xunta dende
sempre, que é non facer ningún tipo de diminución da liberdade dos pais
cando decidan a que colexios envían os seus fillos".
amén este xoves AGE anunciou a presentacións de dúas proposicións non de lei no Parlamento relativas ao financiamento público dos centros de ensino privados e ao pago de cartos públicos para o sostemento das clases de Relixión. A formación insta a Xunta de Galicia a suspender progresivamente os concertos educativos con centros privados reservando os recursos detraídos para o mantemento da rede pública de centros, e que os cartos destinados a relixión se destinen a convocar ofertas públicas de emprego. En definitiva, as dúas propostas buscan defender o carácter público e laico do ensino.
Os deputados Xabier Ron e Ramón Vázquez denunciaron neste senso "a situación de emerxencia na que se atopa o ensino público" e salientaron a “salvaxe redución de 149 millóns de euros” nos Orzamentos, “unha auténtica asfixia e colapso do sistema educativo público que se produce cada ano de xeito sucesivo”. En contraposición, os dous deputados de AGE fixeron fincapé nos 237 millóns de euros cos que a Xunta subvencionará o ensino privado e concertado.
Neste senso Ramón Vázquez denunciou que “o modelo educativo que sustenta o Goberno do PP caracterízase pola hexemonía dos centros privados e concertados que copan as zonas máis céntricas das cidades e pon cada vez máis atrancos ás escolas no rural”. Vázquez engadiu que nos últimos catro anos pecharon 322 aulas en escolas de toda Galicia e 46 centros de ensino público, mentres que se realizaron 27 novos concertos educativos con centros privados.
Os deputados de AGE criticaron tamén a partida orzamentaria de 27 millóns de euros para o pago ao profesorado de relixión. Vázquez denunciou que “o trato privilexiado e preferencial que recibe a relixión católica e o seu tratamento no ensino público, constitúen unha desviación do marco constitucional e estatutario, polo que debe ser abordado de xeito urxente”.

xoves, 14 de febreiro de 2013
Un manifesto pídelle a Feijóo que "non leve o galego ao Tribunal Supremo"
Persoeiros do mundo académico e da cultura veñen de presentar publicamente un manifesto
no que rexeitan o recurso que prevé presentar a Xunta contra as
sentenzas xudiciais que invalidan o cerne do decreto do plurilingüismo, e
no que solicitan que o Goberno galego "acate o ditame do TSXG". "Feijóo non debe levar o idioma galego ao Tribunal Supremo", reclámanlle ao presidente do Executivo, ao que acusan de "botar máis leña ao lume".
O manifesto foi asinado inicialmente por ao redor de 200 persoas, representantes de distintos ámbitos sociais e políticos do país, e agora os seus promotores piden que todas as persoas que se queiran unir á súa reivindicación o fagan a través dun formulario de adhesión que veñen de publicar. Entre os primeiros apoios que recibiu o texto hai profesores universitarios, empresarios, avogados, editores, escritores e representantes de PSdeG-PSOE, AGE, BNG e CxG. A presentación tivo lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.
O profesor Henrique Monteagudo, un dos promotores da iniciativa, manifestou que se finalmente o Goberno da Xunta decide dar o paso "sería un paso de difícil retorno" e o Executivo "arriscaríase a quedar en ridículo" se o Tribunal Supremo ratificase a sentenza do TSXG. Todas as intervencións fixeron fincapé en que este texto quere aunar a presión cidadá para obrigar o presidente Feijoo a reconsiderar a súa posición: "Estas sentenzas do TSXG deben ser vistas polo Goberno galego como unha oportunidade para volver ao consenso", afirmou neste senso Mariló Candedo, que apostou por "sacar a lingua do terreo xudicial".
A este respecto Alba Nogueira engadiu que "a xudiciliación dos temas sempre revela un fracaso". Nogueira, ademais, considera que sería unha moi boa nova que a cuestión lingüística se afastase dos xulgados para quitarlle de enriba ao galego ese aspecto de conflitividade e restarlle eses prexuízos". Finalmente, os promotores do texto apostaron por unha remuda xeral do decreto de plurilingüismo: "isto non se amaña remedando un par de artigos: cómpre un novo decreto de consenso", afirmou Valentina Formoso, coordinadora xeral da CGENDL. Na presentación anunciouse tamén que se solicitou unha entrevista co presidente da Xunta para exporlle as razóns nas que se sustenta este chamamento e para solicitarlle que non leve a sentenza do TSXG a prol do galego até o Supremo.
"Agora, no canto de aproveitaren a ocasión para reconducir unha liña de deslexitimación, desoficialización e desprestixio do idioma do país (e de paso, da propia autonomía e as súas institucións), o Partido Popular e o goberno de Feijóo teiman en botar máis leña ao lume", di o manifesto, no que se considera "incomprensible" que o presidente da Xunta "pretenda condicionar unha rectificación imposta xuridicamente polo TSXG a que as partes interesadas dean o seu apoio a un decreto desaxeitado, que xa foi descualificado polas devanditas institucións así como pola maioría dos expertos e da comunidade educativa, ademais de contestado masivamente pola cidadanía".
Así e todo, no texto os asinantes cren que "o que provoca escándalo" é que o Executivo do PP, "escudándose nos resultados electorais, como se estes validasen calquera decisión, e nunha adaxe xurídica, xa que o recurso ao Supremo pecha a vía xurisdicional", pretendan "que un tribunal alleo a Galicia dea a última palabra nunha materia xa xulgada polo TSXG e que o Estatuto de Autonomía de Galicia reserva como competencia exclusiva á nosa autonomía".
"Acaso o goberno pretende pasar unha outra lexislatura enredando en leas que só deitan máis prexuízos para o galego no canto de exercer as competencias que o obrigan en materia de defensa e promoción do idioma galego?", pregúntanse, logo de reivindicar que o que lle "corresponde" á Xunta é "seguir as recomendacións do propio TSXG verbo do cumprimento das previsións de avaliación da competencia lingüística do estudantado, adaptando a presenza das linguas á obriga de garantiren igual competencia das dúas linguas oficiais".
"O que ao idioma galego lle cómpre son políticas activas de apoio e promoción no ensino e nos demais ámbitos, políticas que deben fundarse nun amplo consenso político e social, como o plasmado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado polo Parlamento de Galicia en 2004", engade o texto, que aclara que esta mesma Cámara pode ser "un lugar apropiado para fraguar as bases para tal consenso, non o Tribunal Supremo con sede en Madrid".
"O que Galicia precisa é un presidente e un goberno que confíen nas nosas propias institucións, que crean no autogoberno e que miren por riba de todo polos nosos intereses colectivos", piden os asinantes, que reclaman a Feijóo que "renuncie de vez a continuar cun obsceno xogo partidista -ou peor aínda, personalista- a custa do noso idioma e da nosa dignidade". "A Xunta de Galicia cometería unha infamia arrastrando o idioma galego ao Tribunal Supremo", rematan.
O manifesto foi asinado inicialmente por ao redor de 200 persoas, representantes de distintos ámbitos sociais e políticos do país, e agora os seus promotores piden que todas as persoas que se queiran unir á súa reivindicación o fagan a través dun formulario de adhesión que veñen de publicar. Entre os primeiros apoios que recibiu o texto hai profesores universitarios, empresarios, avogados, editores, escritores e representantes de PSdeG-PSOE, AGE, BNG e CxG. A presentación tivo lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.
O profesor Henrique Monteagudo, un dos promotores da iniciativa, manifestou que se finalmente o Goberno da Xunta decide dar o paso "sería un paso de difícil retorno" e o Executivo "arriscaríase a quedar en ridículo" se o Tribunal Supremo ratificase a sentenza do TSXG. Todas as intervencións fixeron fincapé en que este texto quere aunar a presión cidadá para obrigar o presidente Feijoo a reconsiderar a súa posición: "Estas sentenzas do TSXG deben ser vistas polo Goberno galego como unha oportunidade para volver ao consenso", afirmou neste senso Mariló Candedo, que apostou por "sacar a lingua do terreo xudicial".
A este respecto Alba Nogueira engadiu que "a xudiciliación dos temas sempre revela un fracaso". Nogueira, ademais, considera que sería unha moi boa nova que a cuestión lingüística se afastase dos xulgados para quitarlle de enriba ao galego ese aspecto de conflitividade e restarlle eses prexuízos". Finalmente, os promotores do texto apostaron por unha remuda xeral do decreto de plurilingüismo: "isto non se amaña remedando un par de artigos: cómpre un novo decreto de consenso", afirmou Valentina Formoso, coordinadora xeral da CGENDL. Na presentación anunciouse tamén que se solicitou unha entrevista co presidente da Xunta para exporlle as razóns nas que se sustenta este chamamento e para solicitarlle que non leve a sentenza do TSXG a prol do galego até o Supremo.
"O que Galicia precisa é un presidente e un goberno que confíen nas nosas propias institucións"
O texto critica que a Xunta "condicione a non presentación ou retirada do recurso a que os recorrentes e a oposición acepten a proposta do presidente para que dean aval ao decreto do pluriilingüismo". Ademais, os asinantes consideran "lamentable" que o Executivo e o PP "non tirasen as conclusións derivadas" das sentenzas do TSXG, en tanto que estas "desautorizan aspectos básicos dun decreto no seu día aprobado pola Xunta a pesar dos informes negativos do Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Consello Escolar e o Consello Consultivo"."Agora, no canto de aproveitaren a ocasión para reconducir unha liña de deslexitimación, desoficialización e desprestixio do idioma do país (e de paso, da propia autonomía e as súas institucións), o Partido Popular e o goberno de Feijóo teiman en botar máis leña ao lume", di o manifesto, no que se considera "incomprensible" que o presidente da Xunta "pretenda condicionar unha rectificación imposta xuridicamente polo TSXG a que as partes interesadas dean o seu apoio a un decreto desaxeitado, que xa foi descualificado polas devanditas institucións así como pola maioría dos expertos e da comunidade educativa, ademais de contestado masivamente pola cidadanía".
Así e todo, no texto os asinantes cren que "o que provoca escándalo" é que o Executivo do PP, "escudándose nos resultados electorais, como se estes validasen calquera decisión, e nunha adaxe xurídica, xa que o recurso ao Supremo pecha a vía xurisdicional", pretendan "que un tribunal alleo a Galicia dea a última palabra nunha materia xa xulgada polo TSXG e que o Estatuto de Autonomía de Galicia reserva como competencia exclusiva á nosa autonomía".
"Acaso o goberno pretende pasar unha outra lexislatura enredando en leas que só deitan máis prexuízos para o galego no canto de exercer as competencias que o obrigan en materia de defensa e promoción do idioma galego?", pregúntanse, logo de reivindicar que o que lle "corresponde" á Xunta é "seguir as recomendacións do propio TSXG verbo do cumprimento das previsións de avaliación da competencia lingüística do estudantado, adaptando a presenza das linguas á obriga de garantiren igual competencia das dúas linguas oficiais".
"O que ao idioma galego lle cómpre son políticas activas de apoio e promoción no ensino e nos demais ámbitos, políticas que deben fundarse nun amplo consenso político e social, como o plasmado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado polo Parlamento de Galicia en 2004", engade o texto, que aclara que esta mesma Cámara pode ser "un lugar apropiado para fraguar as bases para tal consenso, non o Tribunal Supremo con sede en Madrid".
"O que Galicia precisa é un presidente e un goberno que confíen nas nosas propias institucións, que crean no autogoberno e que miren por riba de todo polos nosos intereses colectivos", piden os asinantes, que reclaman a Feijóo que "renuncie de vez a continuar cun obsceno xogo partidista -ou peor aínda, personalista- a custa do noso idioma e da nosa dignidade". "A Xunta de Galicia cometería unha infamia arrastrando o idioma galego ao Tribunal Supremo", rematan.
mércores, 13 de febreiro de 2013
''Vidal Bolaño: vida e morte do teatro profesional galego''
"Roberto Vidal Bolaño, vida e morte do teatro profesional en Galicia.
Ese, se ninguén o evita, podería ser o titular deste ano, xa que Roberto
viu nacer o teatro profesional e este ano, moi vencellado a súa figura,
ese tipo de teatro pode desaparecer". Non podía ser doutro xeito. A
situación crítica que viven as artes escénicas non ía pasar
desapercibida na presentación de onte en Santiago da Asociación Cultural
Roberto Vidal Bolaño, colectivo sen ánimo de lucro que ten como
obxectivo defender e reivindicar a obra do dramaturgo neste 2013 no que
se lle dedican as Letras Galegas e tamén de cara ao futuro. Non podía
ser doutro xeito e foi a voz do actor Antonio Durán Morris que, en
representación da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG),
falou na presentación e puxo o punto máis reivindicativo no acto que se
desenvolveu no Teatro Principal. "Roberto é, se non o pai, un dos pais
do teatro profesional. E agora temos por diante un ano no que se lle vai
dedicar a el as Letras Galegas e no que o seu discurso ten que se
contaxiar. Porque, en definitiva, Vidal Bolaño tiña moito que ver coa
discusión e coa dignidade da profesión", sentenciou Morris nun acto
presentado polo xornalista e crítico literario Camilo Franco.
Foi precisamente xornalista quen se encargou de presentar a todos e cada un dos participantes dunha presentación que comezou coa lectura dun manifesto. "Nós non o imos chamar así, chamádeo vós así se queredes, pero a nós parécenos un nome moi grande", asegurou Camilo Franco antes de lle dar paso a Antón Dobao, quen leu un documento no que se destacou a influencia de Vidal Bolaño no teatro do país e tamén nos seus profesionais e a actualidade da súa escrita. "Case cada unha das súas palabras cobra hoxe unha vixencia invasiva. Estamos a vivir o tempo dos derrotados", leu Antón Dobao un manifesto -nós ímonos permitir chamalo así- no que se definía ao dramaturgo coma un autor "heterodoxo" e "non canónico".
"Roberto era un broncas"
Acto seguido tomaron a palabra dous representantes do que se fixo chamar no seu momento o colectivo Land Rover, constituído polos primeiros programadores culturais dos municipios de Galicia. "Cando os concellos botaron a andar, contratouse xente para ese ámbito novo da cultura, os que traballamos nese sector tiñamos que facer de todo, por iso decidimos chamarnos como o todoterreo", explicou un deles, Luís Rei, quen explicou que "as Letras Galegas para Vidal Bolaño eran necesarias". O outro representante dese colectivo, Luciano Fernández, centrouse nas calidades humanas e intelectuales do homenaxeado o 17 de maio. "Vidal Bolaño era un xenio. E ademais de ser un xenio, era un broncas. E estamos moi necesitados de moita bronca", explicou.
A actriz Laura Ponte foi a encargada de realizar un breve percorrido pola traxectoria vital do autor dramático. Nese senso, lembrou os seus comezos no audiovisual da man da equipa Lupa alá polo ano 72, antes de se dedicar ao teatro e fundar a compañía Antroido, xunto a Xaquín García Marcos. Ademais, Laura Ponte adiantou o regreso desa formación teatral cun novo espectáculo, titulado Bailadela, no que se recuperan un total de seis personaxes femininos da abondosa obra de Roberto Vidal Bolaño. "Estará coproducido polo Centro Dramático Galego e queremos propoñer un teatro de reflexión, con novas voces e novas formas", detallou a intérprete algúns aspectos
E precisamente o director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede, tamén subiou ao escenario para lembrar a súa antiga etapa (1991-2004) no cargo que ocupa hoxe e a súa relación con Vidal Bolaño naqueles momentos. "Coñecémonos en 1974, convivimos case trinta anos e nese tempo tivemos moitas discusións e varias desavinzas. Pero Roberto tiña clara a certeza de que os dous habitabamos o mesmo escenario: facer medra o teatro galego", sinalou Guede, quen tamén explicou que con Vidal Bolaño vivíranse "momentos estalares" do Centro Dramático. Guede referíase aos "pedrayazos", as adaptacións de dous textos de Otero Pedrayo: Rosalía e Xelmírez. "Rodrigo Roel dixérame que eu a Roberto encargáballe os 'coñazos'. E dalgún xeito era verdade, porque eran textos duros de roer. Pero el tratábaos como material de ourive e acaba facendo grandes xoias", explicou o director do CDG, quen asegurou que o escritor fora "o mellor que lle pasou ao teatro galego".
Manuel Guede e Vidal Bolaño coñecéranse nos anos setenta en Ribadavia, seguramente o berce do teatro galego contemporáneo. E, como non podía ser doutro xeito, o seu director actual, Roberto Pascual, participou tamén nesta presentación. Pascual destacou a implicación do homenaxeado coas novas fórmulas e os novos talentos. "Era un fiel espectador do teatro universitario, moi preocupado pola formación", explicou un Pascual que tamén destacou a relevancia de Abrente. "En Abrente naceu o debate, o encontro a xuntanza, o verbo sen tabú, mesmo excesivo. En Ribadavia naceron os rudimentos dunha profesión autodidacta. Roberto estivo comprometido con todo iso, co debate, coa ágora que é o teatro", sentenciou.
"Home audaz" e "os seus valores"
O teatro de bonecos tamén estivo presente no acto fundacional da Asociación Vidal Bolaño da man de Jorge Rey quen, con devoción, definiu o dramaturgo como un "home audaz". Ademais, destacou del que fora o realizador do "primeiro espectáculo de bonecos para adultos" e reivindicou, unha vez máis, os valores do escritor, que "deben ser recuperados neste ano".
Finalmente tomaron a palabra os dous presidentes da organización. Por unha banda, o de honra, Manuel Quintás, quen leu varios textos sobre a visión teatral e vital dun Vidal Bolaño, cuxos textos dramáticos son, aos seus ollos, "a vida mesma" e que o autor é, puramente, "o teatro galego". Pola súa banda, a presidente da entidade, Belén Quintáns, falou da "honra" e "responsabilidade" que significa para ela ser a responsable de coidar o legado de Vidal Bolaño. Tamén quixo agradecerlle a todos os asistentes a súa presenza e, aos compañeiros de asociación, a súa complicidade con Roberto. Especialmente a Manuel Guede e a Morris, a quen culpou de que finalmente as Letras Galegas ofrecesen o seu tributo ao escritor. "Morris é o culpable de toda esta gran lea, polas súas palabras na entrega dos Premios Mestre Mateo", explicou Quintáns, en referencia á gala dos premios do audiovisual galego, cando Morris reclamou o 17 de maio para Vidal Bolaño ao recibir o premio ao mellor actor. Premio, por certo, que acadou pola película Doentes, adaptación cinematográfica dirixida por Gonzalo Balza da obra homónima do dramaturgo.

luns, 11 de febreiro de 2013
Segunda edición de "Nós tamén creamos!"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca unha nova edición do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora.
No marco deste programa, o profesorado dos centros públicos que impartan educación infantil ou primaria recibirá formación e asesoramento para elaborar unha curta de animación coa técnica stop-motion a partir dun dos 14 contos que lles fará chegar OQOeditora.
Os traballos elaborados participarán nun concurso do que se seleccionarán os mellores de cada unha das categorías establecidas: infantil, primeiro ciclo de primaria e segundo ciclo de primaria. Os centros gañadores recibirán un lote de libros de OQO, un regalo fornecido pola CRTVG e mais unha certificación de Premio de Innovación Educativa expedido polo departamento educativo da Xunta de Galicia.
Todas as curtas que realice o alumnado poderanse ver na web da CRTVG, e as premiadas serán emitidas pola televisión sempre que a súa calidade técnica o permita.
O prazo para a presentación das solicitudes de participación remata o 1 de marzo de 2013, e o prazo para entregar as curtametraxes na Secretaría Xeral de Política Lingüística, o 30 de abril de 2013.
Máis información na web da SXPL.
Segundo un estudo, os nenos bilingües desenvolven mellor a memoria de traballo ca os monolingües
A investigación, que foi publicada no último número da revista Journal of Experimental Child Psychology, levouse a cabo cos obxectivos de avaliar de que xeito o feito de empregar varios idiomas inflúe sobre o desenvolvemento da "memoria de traballo" e mais de "explorar o papel que ten a memoria de traballo na superioridade cognitiva dos bilingües atopada en estudos previos", indicaron.
Así, os nenos bilingües de entre 5 e 7 anos que participaron no estudo realizaron mellor as tarefas que implicaban memoria de traballo ca os seus coetáneos monolingües. A vantaxe que obtiveron fronte a estes foi maior cando as tarefas implicaban unha esixencia maior doutras funcións cognitivas.
A autora principal do estudo e investigadora do departamento de Psicoloxía Experimental da Universidade de Granada, Julia Morais Castillo, sinala que os resultados indican que o bilingüismo "non inflúe na mellora da memoria de traballo de forma illada, senón que o fai de forma global no desenvolvemento de funcións executivas, e de forma especial cando estas teñen que interactuar entre si".
As funcións executivas son un conxunto de mecanismos que se encargan da planificación e autorregulación da conduta humana, entre os que se atopa a memoria de traballo. "Trátase dunha capacidade que se vai desenvolvendo nos primeiros anos de idade, pero tamén se demostrou que pode adestrarse e mellorar coa experiencia", segundo explicaron os autores da investigación.
Por outra parte, Morales Castillo sinalou que o estudio achega "claras evidencias" da influencia do bilingüismo sobre a memoria de traballo, fronte a traballos anteriores que unicamente demostraban que os nenos bilingües son máis hábiles en tarefas de planificación e control cognitivo. Neste sentido destacou que os escolares que participaron no estudo e que falan máis dunha lingua o fan "simplemente por circunstancias familiares, e non porque tivesen unha especial preferencia polos idiomas".
Información tirada de Galicia Hoxe.
"Rexeitar o galego na escola é aceptar ser máis ignorantes; o castelán xa está en todos lados"
Itziar Idiazabal é a coordinadora da Cátedra Unesco de Patrimonio Lingüístico Mundial da Universidade do País Vasco (UPV). Catedrática do Departamento de Lingüística e Estudos Vascos e experta en adquisición da linguaxe de nenos bilingües e en ensino bilingüe, fala con Praza a poucos días da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o vindeiro 21 de febreiro. Desde a cátedra, traballa para "difundir a idea de que é importante manter, fortalecer e preservar todas as linguas, que son fonte da diversidade" e para loitar tamén "contra os prexuízos" que hai arredor da diversidade idiomática.
Como ve a visión que no Estado español hai da diversidade lingüística?
No Estado español, ao igual que en moitas partes de Occidente, aínda prevalece a idea de que o monolingüismo é a opción ideal, tanto desde o punto de vista individual como social. Do Ebro para abaixo, no caso de Euskadi, aínda se segue a falar do “problema” do bilingüismo cando o verdadeiro problema é o monolingüismo. Queda moito por facer, tanto nas comunidades bilingües como, sobre todo, nos territorios monolingües.
A que cre que se deben os prexuízos?
É unha cuestión de incultura revestida de toda a ideoloxía que hai e que, en momentos como nos actuais, aumenta a ignorancia e os prexuízos, como aqueles que din que cantos máis idiomas se saiban peor se fala ou que hai linguas doadas ou difíciles... Pero por que se ve como un problema falar máis dunha lingua?
Aínda se tende a considerar como problema en lugar de consideralo como negocio, é verdade. Os ingleses teñen un negocio fabuloso co seu idioma, pero os que somos bilingües tamén deberiamos aumentar o noso valor porque en realidade somos máis valiosos. Aínda non vendemos este valor e creo que se podería vender porque desde moi pequenos sabemos que cada un ten a súa especificidade lingüística e que nos esforzamos por aprender os idiomas de aló onde imos. Os que vimos de comunidades bilingües temos moito que ofrecer ao resto do mundo porque o mundo occidental rico ten moita ignorancia neste ámbito. Como ve desde Euskadi a situación lingüística en Galicia?
O que nos chega aquí de Galicia non é moito e creo que hai moito descoñecemento. Si lembro os cambios lexislativos de Feijóo, a derrogación do anterior decreto do bipartito e a idea da Xunta de permitir os pais elixir cada certo tempo o modelo lingüístico. Creo que isto é unha aberración. É certo que é fundamental implicar os pais na escola, pero non se pode cambiar un sistema educativo cada certo tempo nin facelo depender da elección das familias. Esta medida é totalmente antipedagóxica. Pode haber diversos modelos ou plans, pero deberían durar polo menos o que dura unha xeración. A cuestión das linguas non é un traxe que se quita e se pon.
Ocorre o mesmo no País Vasco?
As tentacións en Euskadi tamén son grandes e non se libra ningunha corrente política, pero facer que a educación cambie en función da corrente ideolóxica ou política é un atraso. Tampouco se pode intentar implantar un mesmo modelo para todo o territorio estatal, porque a lingua condiciónao todo. No fondo creo que o que hai é unha enorme ignorancia e falta de cultura pedagóxica e lingüística. Que se debe reivindicar desde as comunidades bilingües?
Creo que xa é hora de deixar claro que a xente que é bilingüe está en mellor situación para ser plurilingüe e responder mellor ás necesidades de formación. Que outra cousa te prepara mellor que empregar dúas linguas, pensalas, traducilas...? Claro que os bilingües teñen vantaxes cognitivas! E iso debería ser fácil de entender. Desde Galicia chegoume unha frase, que considero moi acertada, cando se acusaba o Goberno central de “financiar a ignorancia” en canto á Lei Wert e a posibilidade de non dar clases na lingua propia e ter paga a opción en castelán. É unha aberración, unha vergonza e unha cousa moi retrógrada. Cal sería o modelo lingüístico ideal para a educación nos territorios con dous idiomas?
O que está moi claro é que a lingua materna é absolutamente sagrada para a escola, pero non sempre, fundamentalmente cando hai linguas pequenas e minorizadas como o galego, o éuscaro ou o catalán. Nestes casos, a educación ten a obriga fundamental de desenvolver esta lingua e a familia só non abonda para que un idioma se desenvolva. No entanto, os que teñen como lingua materna unha grande e poderosa non teñen problema ningún porque a súa pódena aprender case sen ir á escola e iso está totalmente demostrado. Aínda que o éuscaro ou o galego sexan a lingua primeira na casa, necesitan que na escola sexa tratada como a segunda e protexida de maneira especial. Se isto non se fai, nunca se vai desenvolver correctamente.
É a inmersión o mellor?
Nos modelos de inmersión no Estado apenas se dan clases en español e cando os rapaces chegan aos 12 anos o seu nivel en lingua castelá é totalmente equiparable ao do resto ou incluso mellor. Os que veñen dunha lingua maioritaria teñen a sorte de que a van desenvolver de todos modos porque teñen os medios, a televisión, a familia, as relacións sociais... Con pouco que se faga na escola, apréndense e desenvólvense, polo que non teñen problema. Daquela, por que non aproveitar o tempo para aprender outras linguas? É o colexio fundamental?
Nos lugares onde hai unha lingua minorizada, esta precisa da escola moito, tanto en Euskadi como en Galicia ou Cataluña. Canto máis se aprenda o galego, mellor se aprenderá o castelán e iso tamén está demostrado desde hai moito tempo. Priorizar a lingua minorizada no colexio é positivo tanto para os que a teñen como lingua materna como para os que non. Os que usan habitualmente o castelán non o perden e isto é algo do que hai que convencer a xente, non porque o creamos así, senón porque os datos o demostran.
Pero isto exclúe o castelán?
Isto non quere dicir que non haxa que facer nada co castelán, por suposto que si que hai cousas que mellorar, pero tamén coas linguas minorizadas. O modelo ideal está claro: as linguas minorizadas precisan de prestixio e presenza a moitos niveis. Tamén é importante involucrar os pais para que eles poidan comprobar que os seus nenos están aprendendo correctamente as linguas.
Como?
A escola non pode ir en contra da familia, senón que a ten que convencer do que é o mellor para o seu fillo. En Euskadi tivemos a sorte de que pasamos de entre un 10-15% de pais que escolarizaban os cativos en éuscaro a máis do 70% de inmersión total ou parcial en vasco. E todo foi por solicitude dos pais, que foron esixindo máis éuscaro na escola. Os que rexeitan a lingua vasca ou a galega están aceptando ser máis ignorantes porque o español apréndese en calquera sitio e a min paréceme xenial que así sexa porque canto máis saibamos mellor.
Está na pedagoxía cos pais a clave? O ideal e o fundamental é convencer os pais e os centros de que a lingua minorizada é a que máis espazo debe ter porque iso beneficia a outra lingua e a unha terceira. Canto mellor se saiba galego ou éuscaro, mellor se aprenderá inglés e castelán. Hai que deixar claro que o argumento de que estudar varias linguas dificulta a súa aprendizaxe non vale e non é real.
Que supón a Lei Wert no ámbito lingüístico?
É tan aberrante que me costa pensar que alguén poida ter esa lei en conta. A reforma de Wert considera que debe haber unha lingua, a castelá, con maior consideración e esa insistencia en separar os idiomas por rango é moi grave, non só para as comunidades bilingües, senón tamén para o resto de territorios. Ademais, restar autonomía ás comunidades tamén é malo porque a educación foi mellorando a medida que se descentralizou. O peor da pretendida reforma educativa é o que se propón, pero tamén o desprestixio que se verte sobre aquilo que non sexa o castelán.

xoves, 7 de febreiro de 2013
Presentouse o Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés
No centro de formación da asociación Hostelería Compostela presentouse onte un novo recurso terminolóxico orientado a facilitar o uso do galego no sector da restauración. Trátase do Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés, elaborado no seo do Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica Galega TERMIGAL e coordinado polo lingüista Manuel González González.
Os termos recollidos van dende as voces especializadas utilizadas polos profesionais do ramo ata palabras do léxico común que non poden faltar nun dicionario da alimentación. Pertencen aos ámbitos do material de cociña, enxoval, persoal e locais, alimentos, despezamento, condimentos, pratos e preparacións, procedementos culinarios, bebidas, nutrición e vocabulario xeral relacionado coa alimentación.
O dicionario creouse coa vontade de facilitar que os especialistas desenvolvan a súa actividade en galego e, ao mesmo tempo, coa de axudar aos restauradores a ofrecer os produtos do país en inglés, tendo en conta que esta é a lingua en que se comunican maioritariamente en Galicia os turistas con idiomas maternos distantes. Así pois, foi deseñado dende o punto de vista dos profesionais da restauración, pero seralles tamén de utilidade tanto a públicos máis amplos coma a outras persoas ligadas ao ámbito da hostalaría, a profesionais da tradución, a lingüistas ou a xornalistas.
Máis información na web da SXPL.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)