mércores, 20 de marzo de 2013

O conselleiro foxe d@s representantes das artes escénicas, en pleno "escrache"

A segunda xornada de 'escrache' ao conselleiro tivo lugar tamén no Gaias. Á saída da presentación dunha nova exposición do museo recibiu os apupos do sector entre berros de "demisión".
A Plataforma Galega das Artes Escénicas e Musicais continuou hoxe coa presión ao conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, en protesta pola situación do sector e para denunciar a falta de diálogo.
Convocada polas redes sociais, membros e simpatizantes concentráronse nas instalacións da Cidade da Cultura antes da presentación aos medios de comunicación da exposición Orinoco, viaxe a un mundo perdido, a seguinte após a de Gallaecia Petrea.
"Aínda non se puxeron en contacto con nós", comentaba Salvador del Río, voceiro da Plataforma. A situación non mudou, aínda que AGADIC xa conta cun director desde o nomeamento de Jacobo Sutil. Antes de acceder ao Museo Centro Gaiás, tres membros da Plataforma de Artistas de Rúa entregaban unha carta no rexistro desta institución coa mesma petición de diálogo.
Escrache no Museo
Pouco antes da chegada do conselleiro, a Plataforma desprazouse ao interior do Museo Centro Gaiás, onde están situadas as billeteiras de entrada. Agardaron vinte minutos diante da sala de imprensa con cartóns individuis que compuñan a frase "Cultura nas cidades". Catro policías autonómicos e varios gardas de seguridade ollaban a distancia á espera da chegada de Xesús Vázquez.
O primeiro en entrar foi Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura e logo sería o propio conselleiro, este último por unha porta lateral coa sorpresa d@s propi@s xornalistas que agardabamos na entrada principal.
Ao remate da conferencia de imprensa o conselleiro realizou unhas breves declaracións. Preguntado pola protesta da Plataforma sinalou a Sermos Galiza que "isto non é unha proposta de diálogo" e non quixo entrar noutras valoracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario