luns, 25 de marzo de 2013

Google aposta por voar tamén en galego

Google estrea en Europa o seu servizo de buscas de voos. Despois de dous anos de funcionamento en Estados Unidos, o xigante estadounidense introduce agora Google Flight Search en España, Reino Unido, Francia, Italia e os Países Baixos.
O servizo de buscas ofrécese en oito idiomas, incluídas as catro linguas oficiais no Estado español, ademais de inglés, italiano, francés e holandés. Tamén existe unha páxina de 'Axuda' en galego.
Para utilizar o servizo en galego hai que configurar a conta persoal de usuario de Google seleccionando o galego como idioma principal.
Deste xeito, Google recoñece a importancia do galego, éuscaro e catalán, e atende á realidade da pluralidade lingüística do Estado español.
O servizo
O buscador de Google permite atopar voos con saídas nestes cinco países europeos a calquera destino do mundo, ademais de visualizar os prezos en tempo real.
O servizo é unha fonte de información e non permite, polo de agora, facer reservas diretamente dende Google, inda que a páxina realiza un envío automático ao sitio web da aeroliña elixida para poder realizar a reserva. Ademais, ofrécelle ao usuario destinos personalizados.
Información tirada de Galicia Confidencial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario