martes, 19 de marzo de 2013

Educación paraliza a nova orde de concertos mentres analiza o fallo do TSXG

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria paralizará a nova orde de concertos educativos ata que a asesoría xurídica conclúa a súa análise sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que afecta ás partidas concedidas a cinco centros que separan o alumnado polo seu sexo.
   Así o avanzou en declaracións aos medios o titular do departamento autonómico, Jesús Vázquez, quen reiterou que a asesoría xurídica está a "analizar en detalle" o fallo xudicial e que tomarán unha decisión cando dispoñan dun estudio "serio".
   Mentres tanto, Educación decidiu paralizar a nova orde que estaba prevista para "estes días" ata que os servizos xurídicos conclúan o seu estudio da sentenza, para despois tomar unha decisión no prazo "máis breve posible". "O que non pode ser son meses", engadiu posteriormente.
   Así mesmo, aclarou que o fallo non suporá "ningún inconvinte" para "ningún centro concertado", e reiterou que "o único" que poden facer "neste momento" é paralizar a nova orde "á vista da sentenza".

Ningún comentario:

Publicar un comentario