mércores, 20 de marzo de 2013

Educación practica recortes de até o 73% nos gastos de financiamento dos centros de Secundaria

A consellaría explica que canto máis teñan aforrado maior será o recorte. CIG-Ensino alerta de que a medida "impedirá o funcionamento normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar".
A consellería de Educación vén practicar un recorte na partida destinada a gastos de funcionamento dos centros de ensino de Secundaria. Após realizar un estudo dos institutos, centros de FP e centros públicos integrados, CIG-Ensino constatou que en 123 dos 334 a redución de fondos supera o 9%. Con todo, en 21 centros superou o 20% e en Carballeda de Valdeorras chegou até o 73%. Por que? Porque son os que máis diñeiro tiñan aforrado, segundo a explicación facilitada polo departamento que dirixe Jesús Vázquez.
Cando as direccións dos centros comezaron a contactar coa consellaría recibiron por resposta que aqueles que teñen un remantente superior ao 33% sufrirán un recorte maior, que será meirande a maior aforro.
Desde a central nacionalista valoran a medida como máis un paso na "cruzada" da Xunta contra o ensino público "que impedirá o funcionamento normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar" e recorda que o "estrangulamento" será "aínda máis grave" este ano académico, após a tesourada de máis de 20.000 euros practicada pola Xunta o ano anterior, tamén en gastos de funcionamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario