martes, 20 de setembro de 2011

A Xunta e as universidades de Galicia planifican as actuacións de fomento do uso do galego no ámbito universitario


A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas comezaron a planificación de novas medidas que permitan ampliar a presenza do galego no ámbito universitario. Fixérono na reunión da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística que tivo lugar en Vigo.
Máis información en:

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xunta-anuncia-medidas-promover-galego-campus-retirar-axudas-concellos/idEdicion-2011-09-15/idNoticia-700424/

O Congreso debate unha iniciativa para que as canles autonómicas se vexan noutras comunidades coa mesma lingua


O Pleno do Congreso debate a toma en consideración dunha iniciativa cidadá que pretende que as canles de televisión autonómicas se poidan ver nas comunidades onde se comparta a mesma lingua.
Máis información en:

O BNG denuncia que o servizo 112 de emerxencias non utiliza o galego


Bieito Lobeira e Alfredo Suárez Canal cuestionan a Xunta pola motivación que leva ao servizo de atención de emerxencias a non empregar a lingua galega.
Máis información en:

Nace “Semente”, escola de ensino galego en Compostela


En Santiago de Compostela está a piques de abrir Semente, unha escola de ensino galego impulsada pola Gentalha do Pichel e dirixida a nenos/as de 2 a 6 anos.
Máis información en:

Xa están dispoñibles na rede novas curtas de animación para favorecer a aprendizaxe en galego dos máis pequenos

Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos son os títulos de tres fermosas curtas de animación infantil que xa están dispoñibles na rede. Estes contos audiovisuais, dirixidos a entreter e a favorecer a aprendizaxe en galego dos máis pequenos, están accesibles a través do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1961

Traballadores do eido da normalización lingüística denuncian a suspensión, por primeira vez en 20 anos, das axudas para a promoción do uso do galego dos concellos

Ante a suspensión das axudas para o fomento do galego nos concellos, os/as traballadores/as de normalización piden a dimisión do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
Máis información en:

http://www.xornal.com/artigo/2011/09/09/cultura/xunta-elimina-axudas-libros-texto-promocion-do-galego/2011090911434000920.html

http://www.xornal.com/artigo/2011/09/13/cultura/nel-vidal-anxo-lorenzo-so-pode-dimitir-perdeu-pouca-credibilidade-tina/2011091319241800718.html

E, ao respecto, Anxo Lorenzo tacha de “lamentable” a dita suspensión, responsabiliza dela ao Goberno central e asegura que o seu departamento traballa nas novas convocatorias para suplir as axudas suspendidas.
Máis información en:
http://www.xornal.com/artigo/2011/09/13/cultura/anxo-lorenzo-define-noticia-lamentable-suspension-das-axudas-policia-linguistica/2011091314022800995.html

Política Lingüística premiará os proxectos de dinamización do galego máis innovadores dos centros educativos


A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros educativos para desenvolver no curso académico 2011-2012.
Máis información en:

luns, 12 de setembro de 2011

A iniciativa Lonxa das Letras abre os quioscos á literatura en galego

O proxecto Lonxa das Letras, segundo os seus creadores, “está destinado a facilitar o acceso á literatura galega dentro e fóra de Galicia”.

Máis información en:
http://www.lonxadeletras.es/
http://www.anosaterra.org/nova/compra-libros-tamen-nos-quioscos.html
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/as-ultimas-novidades-literarias-galegas-na-lonxa-das-letras/idEdicion-2011-07-14/idNoticia-686558/
http://www.xornal.com/artigo/2011/07/14/cultura/literatura-do-pais-entra-no-dia-dia-da-rede-galega-quioscos/2011071423273302658.html

Unha publicación reúne máis de 2000 termos da xerga dos canteiros

O libro, que leva por título O vervo xido. A fala secreta dos canteiros de Cerdedo, é un manual que reúne máis de 2000 termos da xerga dos canteiros coa finalidade de guiar a todos os profesionais do oficio interesados en aprendela. Aínda que xa hai outras publicacións semellantes, a novidade que inclúe esta obra é que as palabras veñen ordenadas por campos semánticos, o que facilita a súa aprendizaxe.

Máis información en:
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2011/08/25/cerdedo-hogar-canteros-cuna-lengua/574223.html

O galego campa, programa de dinamización lingüística para os campamentos de verán da Xunta

O programa de dinamización lingüística O galego campa xa está nos campamentos de verán da Xunta de Galicia para promover o uso do galego entre a mocidade.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1921

Un 38% da mocidade galega usa o galego, segundo o informe Xuventude Galega 2010

O 38,6% da mocidade de Galicia de entre 15 e 29 anos afirma utilizar a lingua galega, segundo se desprende do informe Xuventude Galega 2010, que vén de presentar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1932
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19349
http://codigocero.com/Os-mozos-usan-mais-o-galego-nas
http://www.xornal.com/artigo/2011/08/07/politica/so-da-mocidade-usa-galego-fronte-castelan/2011080711371500813.html

Novas versións en galego de ferramentas informáticas: o Firefox 6, o corrector de Word para Mac OS X e a versión 3.4.2 de LibreOffice

O Firefox 6, nova versión do navegador de Mozilla, tamén está dispoñible en galego. A nova versión do programa incorpora funcionalidades como destacar o nome do dominio das páxinas web que visitamos, dificultar a suplantación de páxinas web e corrixir fallos detectados, mellorar distintas prestacións e incorporar novas versións dos estándares soportados.

A nova versión do corrector lingüístico Galgo, da empresa Imaxín Software, estará dispoñible proximamente. Esta nova versión implementarase nas aplicacións ofimáticas Office 2003, 2007, 2010 e, por primeira vez, no contorno de Apple, tamén no Word para Mac.

A nova versión 3.4.2 do LibreOffice, dispoñible en galego, é unha ferramenta moi recomendada para as empresas e para as administracións públicas.

Máis información en:
http://codigocero.com/Sae-oficialmente-o-Firefox-6-tamen
http://codigocero.com/O-Word-para-Mac-OS-X-tera
http://www.codigocero.com/Disponibel-en-galego-a-version-3-4

Nace Vencello, a primeira rede temática de blogs en lingua galega

Un grupo de mozos galegos vén de unir as súas forzas para poñer en marcha Vencello, a primeira rede temática de blogs en lingua galega, que xorde a partir da unión de diversos espazos xa existentes en internet e doutros novos creados ex profeso, que tentan cubrir un amplo abano de temas co punto en común de estaren escritos en galego.

Máis información en:
http://www.vencello.com/
http://www.sectorticgalicia.com/nace-vencello-primeira-rede-tematica-de-blogues-en-lingua-galega/
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19399&soportal

Un novo dicionario en liña propón un modelo de pronuncia estándar para 60.000 formas do léxico común galego

O Dicionario de pronuncia da lingua galega (http://ilg.usc.es/pronuncia/) xa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios e usuarias de internet. Este novo recurso baséase na información fonética do Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira, publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1944