luns, 14 de outubro de 2013

O PP aséstalle unha nova puñalada ao ensino público ao aprobar o proxecto de LOMCE no Congreso e enviala ao Senado

A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións convocadas para ás 11.30 horas da mañá.
/Cartaz folga con Ribeira
O PP asestoulle unha nova puñalada ao ensino público ao aprobar no Congreso do Deputados, coa súa maioría parlamentaria, o proxecto de LOMCE e enviala para o seu debate ao Senado. Diante deste novo paso adiante cara a aprobación da LOMCE, que ignora o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade galega no seu conxunto a esta lei educativa, a CIG-Ensino fai un chamamento a participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións que hai convocadas para ese día ás 11:30 horas nas sete cidades e en diferentes vilas, xa que esta convocatoria colle agora maior relevancia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario