xoves, 10 de outubro de 2013

A gardeiría de Agolada cobrará; 90 euros ao mes a veciños e 110 a foráneos

A ordenanza reguladora da taxa polo servizo do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Agolada establece un prezo por asistencia de 90 euros mensuais para os bebés domiciliados no municipio e de 110 para os que proceden doutro concello. En todo caso, sempre tendrán prioridade os que estén censados en Agolada.
A cota de matriculación da guardería queda fixada en 30 euros para os residentes no municipio e chega a 90 para os que procedan de fóra. A ordenanza publicada onte no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) non contempla bonificacións nin descontos para familias numerosas, como pediu; o PSOE no último pleno, aínda que se fai constar que " se terá; en conta a declaración da renda". Recollese que as tarifas deberán ser aboadas nos primeiros dez días de cada mes e que non se pagará; un mes se o centro estivese pechado durante polo menos quince días consecutivos.
Por outro lado, no BOP de onte también divúlgase o regulamento interno da guardería, que entra en vigor hoxe, e no que se establecen as pautas de funcionamento do centro municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario