venres, 11 de outubro de 2013

O 24 de outubro o estudantado galego voltaremos saír á rúa

O vindeiro 24 de outubro, as organizacións estudantís nacionalistas galegas chaman ao estudantado de ensino medio e universitario a sumarse a unha folga en contra da LOMCE e os recortes no ensino.
Baixo o lema “Paremos os recortes, a españolización e a privatización” e cun manifesto asinado por Agir, a Liga Estudantil Galega e Comités, márcase un punto de inflexión na loita unitaria contra os recortes no ensino, asumindo que a resposta ás nosas problemática no eido estudantil nunca virá de Madrid.
Por iso, para eliminar a LOMCE, para loitar por un ensino público, galego, democrático e de calidade animamos a todo o estudantado da Galiza a secundar esta xornada de folga e a participar das mobilizacións convocadas para ese mesmo día pola mañá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario