luns, 7 de outubro de 2013

Malia as "diatribas", O PSOE di que a LOMCE "nace morta"

O secretario xeral do Grupo Socialista no Congreso, Eduardo Madina, asegurou que a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) "nace morta" e está deseñada a "imaxe e semellanza" do ministro José Ignacio Wert e da Conferencia Episcopal, malia as "diatribas" sobre a materia de Relixión.
Madina, que ofreceu unha rolda de prensa en Bilbao xunto a deputados e senadores vascos, ten subliñado que a nova lei de Educación "nace morta" porque existe un acordo entre todos os grupos do Congreso, salvo o PP, para que "en todos os escenarios posibles, menos no da maioría absoluta do PP na próxima lexislatura, será derrogada".
O deputado socialista denunciou que o proxecto presentado polo ministro Wert supón "un ataque directo" á igualdade de oportunidades e as competencias autonómicas en materia de educación, ademais de "consagrar un paso atrás de décadas" no sistema educativo.
Madina advertiu de que "é un sistema educativo a imaxe e semellanza do señor Wert e das súas influencias". Segundo indicou, "tamén, entre outros, da Conferencia Episcopal", malia as últimas "diatribas" co ministro, ao solicitar os bispos que se mellore a súa redacción porque vulnera os acordos coa Santa Sé no relativo á impartición da materia de Relixión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario