luns, 3 de febreiro de 2014

Unha nova 'marea verde' faise ouvir este sábado ás portas da Convención popular

A marea verde contra a nova lei de educación, a Lomce, arrincou ao redor das 12.20 horas en Valladolid, composta por unhas 300 persoas, que se dirixen desde a Consellería rexional de Educación á sede onde se celebra a convención nacional do PP, situada a uns 500 metros.

Ao berro de Nin un paso atrás contra a Lomce, ímola parar, os manifestantes, convocados polo movemento escola pública laica e gratuíta iniciaron o percorrido ata o Centro Cultural Miguel Delibes, que desde onte acolle a Convención nacional do PP, e que hoxe contará entre os seus intervinientes co ministro de Educación, José Ignacio Wert.

A marcha secúndaa un centenar de colectivos entre eles EU, Alternativa Universitaria, e as ramas de ensino de CC OO, CGT, FETE-UGT e STE-CYL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario