xoves, 13 de febreiro de 2014

O sindicato de estudantes chama á folga o 26 e 27 de marzo

  • Esixen a retirada da reforma educativa, a dimisión do ministro Wert, a gratuidade de matrículas e libros de texto e a readmisión de 50.000 profesores.
  • Denuncian que sindicatos e asociacións de pais decidiron "seguir parados" ante a chuvia de ataques ao ensino público.

 O Sindicato de Estudantes convocou para os próximos 26 e 27 de marzo unha folga xeneral do ensino para esixir a retirada da Lomce, a dimisión do ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, a gratuidade de matrículas e libros de texto e a readmisión de 50.000 profesores, informa Europa Press.

"Non entendemos por que non se pode seguir loitando contra a Lomce aínda que xa estea aprobada", afirmou a secretaria xeral da organización, Ana García, que dixo que hai que seguir apostando pola marea verde para obter o resultado que a marea branca logrou en defensa da sanidade.

García criticou a actitude que, durante os últimos catro meses, tiveron os dirixentes das Federacións de Ensino de CC.OO., UGT e STES-I, así como da Confederación de Pais e Nais de Alumnos da Escola Pública (CEAPA) por non secundar ningunha das súas propostas de mobilización. "O desexable sería saír todos xuntos, pero decidiron seguir parados ante a chuvia de ataques ao ensino público. Vémonos obrigados a saír sós", apostilou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario