venres, 14 de febreiro de 2014

Telegram, a nova alternativa a WhatsApp, xa pode empregarse en galego vía web

Nas últimas semanas está a causar furor a aplicación de mensaxería instantánea Telegram, por aspirar a converterse nunha alternativa sólida a WhatsApp, coa vantaxe de ser unha solución baseada en software libre. O cliente web deste servizo, Webogram, está xa dispoñible en galego nos servidores de Chuza, grazas ao traballo de Pablo Belay, enxeñeiro técnico en Informática de Xestión, a quen coñecemos por proxectos como xeoPesca.
Máis información en Código Cero.

1 comentario: