venres, 21 de febreiro de 2014

A folga tivo un alto seguimento nas aulas da comarca

A protesta contra a Lomce deixouse sentir en ciclos e BAC.

A xornada de folga de onte foi secundada de forma maioritaria na zona polos alumnos de Bacharelato e ciclos, dúas das ensinanzas onde se dan as porcentaxes máis altas de seguimento. Outra cousa foi en terceiro e cuarto da ESO, onde o número de estudantes que faltaron a clase, aínda que con excepcións, foi moito menor. No Ramón María Aller de Lalín non foron a centro ao redor de 300 estudantes, dun total de 500, aínda que hai que ter en conta de que os primeiro e segundo non podían faltar sen permiso dos seus pais.
No Pintor Colmeiro de Silleda o seguimento foi do cen por cento entre os alumnos de ciclos e de en torno a un 65% no resto das ensinanzas. No Laxeiro de Lalín, as ausencias foron do 87,85% en ciclos e do 64,5% en BAC diúrno, ao que se suma o 64,30% de estudantes en terceiro e cuarto da ESO
Na Estrada, no instituto Losada Diéguez, cifran nun 90% o seguimento da xornada de folga por parte dos alumnos de ciclos e entre os estudantes de primeiro e segundo de BAC, mentres que na ESO, a incidencia foi moi escasa.
No número 1, estradense, onde só se imparte a ESO, entre estudantes enfermos e en folga, contabilizáronse unhas corenta faltas de 208 alumnos. No García Barros, en cambio, as cifras de seguimento situáronse, segundo o centro, entre un 40 e un 50%. No IES Marco do Camballón de Vila de Cruces dos 164 alumnos con dereito a folga (restando os de primeiro e segundo da ESO) faltaron a clase hoxe 120.
Máis información Selección realizada automaticamente

Os alumnos de BAC e ciclos da zona secundaron maioritariamente a folga
A segunda xornada de folga nos institutos rexistrou unha maior incidencia que chegou nalgúns centros ao 70%
Un total de 2.400 alumnos de ESO e BAC volven ás aulas
Seguimento desigual do primeiro día de paro de alumnos de Secundaria
Escasa incidencia da folga en Primaria e desigual en Secundaria
Segundo día de folga de alumnos cunha menor incidencia
Seguimento moi desigual nos institutos do primeiro día de folga
No IES de Cruces presumen das notas do selectivo
Desigual seguimento da folga nos institutos de Deza-Tabeirós
A folga baleira as clases de BAC e ciclos formativos

Ningún comentario:

Publicar un comentario