mércores, 19 de febreiro de 2014

Alumnos dos IES da zona súmanse á folga contra a Lei Wert

Os institutos de Deza e Tabeirós-Montes reciben onte e hoxe as notificacións dos alumnos que mañá secundarán a folga contra a Lei Wert. As organizacións estudantís nacionalistas Agir, Liga Estudantil Galega e Comités convocan este paro que, como os anteriores, incidirá nos recortes que traerá consigo a nova lei educativa. Leranse manifestos nas catro capitais galegas así como nas principais cidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario