martes, 11 de xuño de 2013

AGE pide un plan para detectar carencias nutricionais no alumnado da escola pública

Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez e Xabier Ron denunciaron este luns que "o abismo cara ao que conducen as políticas da troika aplicadas en Galicia polo Goberno do señor Núñez tamén se sente nos colexios públicos" e presentaron unha proposición non de lei que esixe da Consellaría de Educación a elaboración dun plan “que detecte carencias nutricionais do alumnado dos colexios públicos”.
“Os propios centros educativos son conscientes de que a comida realizada no centro de ensino constitúe, en moitas ocasións, o principal aporte nutritivo de moitas cativas e cativos”, expoñen Vázquez e Ron, “e en nalgúns casos a única comida do día”
O plan, segundo a iniciativa de AGE, debe formularse a partir de incluír items sobre a situación socioeconómica das familias nas entrevista iniciais nas escolas, protocolos de colaboración entre os servizos sociais dos concellos e os servizos de orientación dos centros do ensino ou a realización periódica de enquisas para identificar situacións de risco. “Os propios centros educativos son conscientes de que a comida realizada no centro de ensino constitúe, en moitas ocasións, o principal aporte nutritivo de moitas cativas e cativos”, expoñen Vázquez e Ron, “e en nalgúns casos a única comida do día”. “A comunidade educativa atópase fondamente preocupada polos problemas económicos que atravesan cada vez máis familias con fillas e fillos escolarizados no ensino público”, explican.
Alternativa pide que se ofreza “un servizo de merenda a media mañá e a media tarde”
Alternativa pide, ademais, que a Xunta dote de recursos complementarios aos colexios “onde se detecten estas carencias alimentarias entre os alumnos” e así poidan ofrecer “un servizo de merenda a media mañá e a media tarde”, a maiores do comedor ordinario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario