xoves, 27 de xuño de 2013

A decadencia da investigación en Galicia

Xunta e Ministerio de Educación reclaman recortes. As universidades, aplicanos. Quítanlle o 5% do soldo a bolseiros mileuristas. Investigadores e doutorandos síntense "marxinados" e "frustrados".

Son mozos, con ganas, con ilusións e, sobre todo, moi preparados. Pero a educación pública galega non lle ofrece outra alternativa que a degradación salarial, o desánimo e a frustración. Para moitos, as novas medidas de recorte na educación do Ministerio de Educación e da Xunta, e aplicadas polas universidades galegas, son unha invitación en toda regra a emigrar e buscar a vida noutro país.
Unha porta que están abrindo xa numerosos investigadores galegos que, a pesares da súa longa preparación en Galicia e do diñeiro investido na súa formación, teñen que marchar por falta de oportunidades. Son outros países os que, finalmente, se aproveitan dos nosos investigadores cotizados e repartidos por medio mundo.
Recurtes na USC
A última medida que puxo contra as cordas aos investigadores e bolseiros máis novos é a decisión da USC, tras a recomendación de recurtes da Xunta, de aplicarlles, tamén a eles, baixadas salariais do 5% sobre un soldo que, en moitas ocasións, é menor ao dun mileurista. E é que a maior parte deles son traballadores contratados en proxectos de investigación, cuxo salario sae do capítulo VIN dos orzamentos universitarios.
Os investigadores e bolseiros aseguran que xa non poden soportar máis recortes. Teresa Regueira Muñiz, bolseira FPU, suliña a GC que a súa bolsa é do ministerio e non da Xunta e, a pesares diso, tamén lle recortan o seu salario. "Vanme recortar con efectos retroactivos dende xaneiro deste ano un 5 % do meu salario. Dende cando un recorte salarial se pode levar a cabo con efectos retroactivos?.  Que fai a USC cos cartos para salarios que lle chegan da Xunta de Galicia, cando un recorte dos mesmos no 5 % me afecta a min que recibo o meu salario do ministerio?. ¿De que xeito está a xestionar o equipo reitoral o diñeiro público?", preguntase.
Pola súa banda, Darío Martín Escala, investigador, considerase "frustrado" por todo o que está a acontecer. "Un recorte como este non só afecta directamente na miña capacidade adquisitiva, senón que afecta enerxicamente ao estado de ánimo, xerando impotencia e a maiores, un certo tipo de medo ao non poder ter certeza se nun futuro próximo a situación finalmente mellorará", aclara.
A USC escúdase no artigo 37 da Lei de Orzamentos da Xunta que sinala que "esta redución seralle aplicable a todo ou persoal conforme ás súas retribucións íntegras anuais e independentemente dá súa relación laboral e dá aplicación orzamentaria coa que se financie". Os sindicatos opóñense a esta media. 
Situación "precaria"
Enrique Tacón, delegado de CC.OO. e presidente do Comité intercentros do PAS suliña que o persoal de proxectos de investigación "é tan precario", que tendo contrato laboral, "carecen totalmente de estabilidade, non teñen convenio colectivo, non participan nos fondos de acción social e os seus salarios e condicións laborais están suxeitas á vontade do seu Investigador Principal".
De feito apunta que, na propia USC, os esforzos do comité Intercentros do PAS para negociar unhas condicións mínimas para este persoal chocan coas trabas dos distintos equipos que se suceden no goberno universitario. 
USC e sindicatos negocian dende hai semanas nunha mesa conxunta para concretar os alcances destes recortes. Pero, polo momento, o único que se acadou nestas reunións foi que a USC se comprometera a non aplicar as rebaixas salariais a aqueles precarios que teñan unha retribución bruta por debaixo de 1,5 veces o salario Mínimo Interprofesional (SMI). "Non sabemos aínda o que van a facer as outras universidades", apunta Tacón.
Falta de información
Ata o de agora, o equipo reitoral prefire non informar sobre o avance das conversacións. Precisamente, a falta de información é unha das críticas que fai Raquel Eyrei Pérez, Bolseira FPI. "En ningún momento se molestaron en enviar sequera un mail informando de como nos afectan estos recortes de modo individualizado e explicando punto por punto as medidas que se levarán a cabo", asegura e denuncia que estes recortes "non pode levar a outra cousa que non sexa a minguar a calidade da Educación".
Moitos dos investigadores consultados di sentirse "indefensos" e "desprotexidos". Jacobo Guiu Souto, investigador, denuncia que se gaste máis "no ladrillo, o petróleo ou os asesores políticos" e non na educación. "Cada día neste país miles de investigadores intentan desenvolver os seus proxectos co único afán de descubrir ou entender algo novo que cambie para mellor o noso mundo. Pero de seguir así pronto seremos unha especie en extinción, pois de xeito sinxelo, por un lado o noso soldo vese mermado ano tras ano, e por outro, os nosos materias de traballo (ordenadores, microscópicos, máquinas de laboratorio, etc.) tamén son recortados", queixase. 
E lanza unha pregunta que moitos se fan nesta época de crise. "Como é posible que se dea esta situación un banqueiro que leva a ruina a centos de familias, pode cobrar, por decir algo irrisorio 100.000€, por ano, e un investigador sendo unha persona moito máis preparada, e cuxo labor ademáis ten un beneficio directo sobre a sociedade, teña un salario de 9500€ que cada ano se ve mermado a raíz dun 5%?".

Así pensan os afectados polos recortes:  http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14893.html.

Ningún comentario:

Publicar un comentario