martes, 16 de abril de 2013

BNG e Compromiso apoian a protesta en defensa do ensino do Xesús Golmar. A deputada do Bloque Carme Adán acudirá ao encerro desta tarde no colexio lalinense

As formacións políticas nacionalistas BNG e Compromiso por Galicia (CxG) avalan a protesta desta tarde no colexio Xesús Golmar de Lalín organizada pola plataforma Movemento Dezao polo Ensino Público. A parlamentaria Carme Adán acudirá ás 18.00 horas ao encerro previsto no colexio, onde dará o seu parecer sobre a reforma educativa. Mentres, Compromiso de Lalín apoia a protesta e rexeita o "modelo neoliberal que se pretende impoñer, que fortalece o ensino privado", ademais de atacar á lingua e cultura galegas.
O peche no Golmar dará comezo ás 17.00 horas e ás 18.30 o escritor e profesor Xabier Quiroga lerá un manifesto. Entre as 19.30 e as 21.30 será a asemblea da plataforma dezana en defensa do ensino público e de 21.30 a 23.00 proxectarase unha película. Xa na mañá do mércores ofrecerá información ás familias do centro e en torno ás dez da mañá finalizará o encerro contra a reforma educativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario