A Mesa apoia a petición de “dimisión ou cesamento” de Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística e reclama “unha remuda a fondo da Política Lingüística deste Goberno galego que non exerce de galego”. Segundo Carlos Callón, García “está a exercer de verdugo do galego por un prato de lentellas”.
Para Carlos Callón, Valentín García, o
Secretario xeral de Política Lingüística non só é verdugo do galego “por
un prato de lentellas” senón que é tamén “cruel e mesquiño na súa
decisión de quitarlle o traballo a 476 docentes”, di, con respecto ao
despedimento do colectivo que até agora estaba a impartir o CELGA. A
Mesa súmase así á solicitude de dimisión ou cesamento de Valentín García
que reclaman desde a Asemblea do profesorado Celga á que a pasada
semana tamén se sumou a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de
Normalización Lingüística (CTNL). Ambas entidades entenden que o
despedimento é debido á represalia da administración por teren
solicitado os seus dereitos laborais.
Pola súa parte, a vicepresidenta da Mesa, Susana Méndez entende que se non se garanten os cursos de aprendizaxe para adultos é imposíbel pensar nunha política de recuperación e revitalización da lingua. “Hai xente que quere aprender galego e á que a Xunta non lle dá esa oportunidade”,denuncia, vinculando a precarización laboral do colectivo docente co desprestixio do idioma por parte do goberno de Feijóo.
Marcos Maceira, tamén da dirección da Mesa, non dubida en lembrar que García “está no cargo porque ninguén máis quería ocupar o posto de verdugo do galego, que el exerce con tanta frialdade”, e insiste na reclamación repetida por parte da Mesa dun xiro na política lingüística do goberno de Feijóo.
“Está no cargo porque ninguén máis quería ocupar o posto de verdugo do galego, que el exerce con tanta frialdade”,“Deixar sen traballo 476 persoas porque solicitaron que se lles recoñecesen os dereitos laborais que deberían ter por Lei non parece propio de ningunha Administración nin debería ser un comportamento admisíbel en sociedade no século XXI”, afirma o presidente, xa en funcións, da Mesa, Carlos Callón que define a García como “un pésimo gobernante”.
Pola súa parte, a vicepresidenta da Mesa, Susana Méndez entende que se non se garanten os cursos de aprendizaxe para adultos é imposíbel pensar nunha política de recuperación e revitalización da lingua. “Hai xente que quere aprender galego e á que a Xunta non lle dá esa oportunidade”,denuncia, vinculando a precarización laboral do colectivo docente co desprestixio do idioma por parte do goberno de Feijóo.
Marcos Maceira, tamén da dirección da Mesa, non dubida en lembrar que García “está no cargo porque ninguén máis quería ocupar o posto de verdugo do galego, que el exerce con tanta frialdade”, e insiste na reclamación repetida por parte da Mesa dun xiro na política lingüística do goberno de Feijóo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario